As irregularidades dos SU13 e SU14 de Sanxenxo

Un dos nosos blogs colaboradores, cousasdesanxenxo, remitennos o primeiro informe para a sección GC Anticorrupción sobre a construcción de varios bloques de vivendas públicos, os SU13 e SU14, cuios promotores reclaman ao concello de Sanxenxo que lles sexan devoltos os cartos que pagaron por unha operación fallida.

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 23/12/2009

  • versión para imprimir

Todo se remonta ao 22 de novembro de 2006 cando a xerente de Urbanismo de Sanxenxo, Encarnación Rivas, actual Secretaria Xeral de Urbanismo da Xunta, firma un informe de valoración para cada SU, no que se pon en cuestión a esixencia de reservar o 20% da edificabilidade residencial para a promoción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública, toda vez que ao abeiro do establecido no artigo 64.f) da Lei 9/2002, cando a edificabilidade total do sector non supere os 0’20 m2 ( no caso que nos ocupa a edificabilidade total do sector é de 0’136), o Plan Parcial poderá suprimir esa reserva. Firmase un convenio coas promotoras dos SU para monetarizar esa reserva. O SU 14 promovido por MIRADOR DE SANXENXO SL, empresa pertencente ao grupo SEDESA dos Cotinos valencianos, nuns  4.797.796€, e o SU 13, promovido polas empresas Emprosal 16, Llave de Sanxenxo SL, etc,  por 3.831.000€.

Coa entrada en vigor da lei 9/2008 é obrigatorio que tódolos desenvolvementos urbanísticos destinen o 20% a VPO, co cal ao non estar aprobados os plans parciais destes SU estan obrigados a facer esa reserva. Antes do que se aveciña, a alcaldesa de Sanxenxo, no pleno do mes de xullo deste ano, leva a aprobación inicial do SU14 e afirma que os cartos entregados polas empresas corresponden a unha “entrega voluntaria que fan as empresas ao concello”.

As promotoras atopanse que pagaron unha exección que agora non é tal e, por iso, os primeiros en interpoñer un recurso ante a administación esixindo a devolución dos cartoscson os promotores do SU14. Por iso, nun pleno, o grupo de goberno, o PP, rexeita a admisión do recurso presentado. Entón Mirador de Sanxenxo presenta un contencioso que foi admitido a trámite solicitando a devolución dos case 5 millóns de euros.

Pero nestes dias tamén se confirmou que os promotores do SU13, SU que ainda non ten o plan parcial aprobado, tamén solicita a devolución dos case 4 millóns de euros pagado interpoñendo outro contencioso contra o concello de Sanxenxo.

A inseguridade xudírica é tal que a alcaldesa nunca puido garantir que os cartos non se foran devolver e no informe que se fai dende a Xerencia de Urbanismo certifican que non procede a devolución argumentan o seguinte: “Obvio é dicir, que a inadmisión do Recurso, en boa técnica forense, imposibilita entrar no fondo do asunto” .

Máis datos en: http://cousasdesanxenxo.blogspot.com na etiqueta de Urbanismo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

aguardenteiro

o do Concello de Sanxenxo e o do PP e unha vergoña. Minten mais que falan o tómannos por o pito do .... http://aguardenteiro.blogspot.com/


2

anonimo

PERO O MELLOR DE TODO, E PARA QUE FORON OS CARTOS QUE RECIBIRON, QUE FORON DESPILFARRADOS EN MERCARLLE UN PINAR A PRECIO DE OURO A UNS "AMIGOS" CANDO SE PODIA FACER POR VIA EXPROPIACION, SIN GASTAR TODO ESO. ALGUN DIA LLE PASARA FACTURA ESTE ASUNTO, QUE SERA COMO VER CAIR AS FICHAS DO DOMINO.


1

anonimo

O de Sanxenxo é de xulgado de garda. E moito máis vendo ahí arriba a cara de Telmo Martín. Fundeunos na miseria. E a señora catalina, decindo que esos cartos foron unha "donación" que fixeron os empresarios voluntariamente ao concello. Como di miña nai: ninguén ata os cans con chourizos!. E si temos que devolver esos cartos. Ques on vai devolver? esta señora había que inhabilitala. E ao interventor tamén por permitir esto. En Sanxenxo TODO VALE!.Unha vergonza! Non sabe nin conseguir cousas nin coa Xunta do PP. Manda carallo. Que ten que vir Touris a negociar con un veciño e dito por el: a mediar entre Vilalonga e a Xunta. Entón para que temos a esa acaldesa? para cobrar un millón de pesetas ao mes?. Para que carallo sirve? PARA NADA.


Sanxenxo/ Autor: flikr. FreeCat