GC

O raposo ao coidado das galiñas

Seica o Partido Popular ven de aprobar unhas normas para frenar a corrupción tanto nas súas propias filas como no resto do estado (¿?) e ao coidado de esas normas poñerá ao exministro de sanidade Romay Beccaría, o ilustre betanceiro.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 23/12/2009

  • versión para imprimir

Diante de esta nova, veume á cabeza unha anécdota sucedida hai anos, cando Romay estaba de ministro en un coñecido restaurante na cidade de A Coruña, un fin de semana dos que o ex responsábel de sanidade empregaba para visitar (e asegurar) o control dos seus en Galiza.

Eu, en unha celebración con uns amigos, coincidín en un reservado co señor José Manuel, acompañado pola súa dona e dous parentes de este (dos que non vou dar o nome), saudámonos educadamente e sen máis novidades, cada grupo adicuse ao seu.

Ao remate da cea, Romay e os seus acompañantes despedíronse respetuosamente, pagaron a escote, e marcharon. Pasados escasamente dous minutos, o daquela ministro, voltou coa escusa de ter esquciso o seu famoso gorro e colleu a factura.

Nós, malpensados e maliciosos, pensamos que o sombreiro de Romay, era en cada xantar e en cada cea, a estratexia ideal para pasar á admisistración como gastos de representación o que se pagaba cada fin de semana (ou si acaso máuis veces) a escote entre amigos, co conseguinte fraude á administración e a amigos e parentes.

Non digo que esto sexa sí realmente, pero convida a pensalo, e de ser certo, o PP pon ao raposo ao coidado das galiñas.

Comentarios

12 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 12

    Xurxo

    Paréceme moi revelador o estilo clasista e snob das críticas a Tenreiro.O tempo de funcionar ao ritmo da corneta dos coroneis e de agochar a cara perante a realidade xa pasou. Só con valentía,sentido crítico e defensa da igualdade poderemos os nacionalistas dirixir o país.

    11

    Antón Regueiro

    Resúltame moi pertinente.É bo saber cal é a realidade. Tenreiro é un político dos de verdade.Preto da xente

    10

    Pasmadiño

    Antón, pensa o ladrón que todos son da súa condición. PD: Saúde e patria

    9

    digo

    Un artigo moi bó, que nos ilustra da catadura moral dos "populares" xente daquela maneira que temos que eliminar dos cargos públicos nacionais (de Galiza). Adiante xa co galeguismo,

    8

    Vilar

    Con tipos como o Tenreiro, o BNG non vai a ningures. Qué nivelón.

    7

    luisa

    vindo de quen ven, non sorprende nada. que o autor conte esas estúpidas anécdotas súas, que delas faga conclusións máis que peregrinas que mesmo poideran raiar na difamación, entra dentro do previsible no plumillas que escribe o artigo... enfín ... lamentable opinion dun ex-politico frustrado que parece anceialos tempos nos que el aquelaba polo consorcio adiante ... saúde e boas festas a tod@s,

    6

    Ras

    Que escándalo. A cadea con Romay Beccaria. Isto polo menos son vinte anos e un día. E agora xa mais en serio, Tenreiro, ¿cando vas deixar facer comentarios no teu blog? ¿Tes medo do que che podan deixar como comentario?

    5

    Salvador

    A min non se me ocurriría pensar iso. Debe ser porque non son quen de facelo. Sería para comprobar se a conta estaba ben. Non son PP senón todo o contrario.

    4

    Enfin

    No deja de ser curiosa la historia.

    3

    Xermolo

    A anecdota ... para contar nun café, non como "artigo" en GC. :)

  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Comenta

    ¿Que palabra aparece na imaxe?

    captcha

    ¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe



    Antón Tenreiro

    Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Membro do Consello Comarcal da Coruña e de Máis BNG. O seu blog blog