GC

Feijóo aparca o Estatuto porque a fusión é a "decisión máis importante para o autogoberno"

O presidente da Xunta deixou hoxe claro que non abrirá o debate sobre a reforma estatutaria porque hai cousas máis importantes, sobre todo, conseguir que Galicia sexa tida en conta no panorama financieiro español.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 23/12/2009

  • versión para imprimir

En referencia ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, quen, nunha entrevista en GC lle aconsellou que non se esqueza de reformar o Estatuto galego para "non perder o carro", Feijóo suliñou que, neste momento, a decisión máis importante que afecta ao autogoberno galego é "o tema de caixas".

"Eu cría que as competencia das CC.AA. lle corespondían a Chaves e non sabía que o ministro de Xustiza invade competencias do vicipresidente terceiro. Semella que non lle teña respecto", espetoulle.

Ter presenza na "vida económica" de España

Así, vinculou o futuro das caixas a que Galicia non quede fora da "vida económica e financieira" de España. "Por iso, a maior transcendencia desde o punto de vista do autogoberno", engadiu. O presidente galego insistiu en que "non hai autonomía política sen autonomía financieira" e "non hai capacidade industrial, sen capacidade financieira".

Comentarios

8 comentarios
8

ANÓNIMO

FARO DE VIGO 03/01/2010 CUATRO COSAS, PACO VEDRA. Dice avecilla que los sindicatos hn empezado ya a calcular con detalle el auténtico coste laboral de la fusión y ya miran de reojo a la Xunta, a la auditora que maquilla la cosa, y, en el caso de la Ciga, la cúpula del Bloque que se fió de Currás y pintó un cuadro que no se corresponde para nada.Verbigratia, eso de que solo habrá 900 prejubilacines es mentira: aparte se mandará a la pugnetera calle al personal con contratos temporales: varios cientos. Y es que aquello del trabajo digno y no a la precariedad laboral, quedó ya a un lado. Se subordinó a los objetivos del mando político. Por todo ello, lo que ha trascendido es el desacuerdo de no pocos afiliados a la central nacionata por el pleno apoyo a la chapuza, al tiempo que por el cambio de actitud que no sólo no fue bien explicado a las bases. En muchos casos, ni bien ni mal, por ejemplo desde el Bloque sólo dijeron algo así como “de perdidos al río”.

7

anonimus

Non falta moito pra que salga unha enquisa,tal vez o próximo fin de semana,sobre a actual situación política en Galicia.Que cambien ao do psdg antes de que sexa tarde,senon temos pp pra anos e anos

6

anonimo

seguimos cos insultos?

5

anonimus

Bo Nadal antes de nada... e lóxico que o goberno se ocupe antes da crise que doutros temas tamén importantes coma o Estatuto,ogalla o Zapatero fixera o mesmo e deixara de sacar leis absurdas coma o dos crufixos,ainda que así vai o Embusteiro baixando e baixando nas enquisas

4

alberto

...a fusión das Caixas, a decisión "mais importante".. antes era a paralización do concurso eólico, ou un novo decreto do galego, ou vender os "audis de touriño", o liquidar o consorcio do benestar, ou non usar a sala nova da sala para os consellos en San Caetano...ou etc etc, en fin ¿é que ten algunha prioridade esta Goberno ou segue a improvisar? por certo se que dar unha imaxe de austeridade o sr. Feijoo que renuncie a Monte Pio, o seu pavillón de invitados, a piscina, as vistas... en fin ... e que recupere este tugurio que mercara Albor o carón dunha granxa de porcos en Roxos, seguro que no estado actual no que se atopa o inmoble vai rezongar a gosto con quen lle praza.

3

CHUaa

FEIJÓO: UNHA PERSOA Á DERIVA, CUN GOBERNO Á DERIVA. Cando un político "despersonalizado" como é Feijóo quere navegar no Atlántico coa folla de ruta do Mar Negro, pois non chega a ningures. Feijóo é unha persoa á deriva cun goberno á deriva.

2

un calquera

Para o autogoberno de Feijoo sen dúbida que o máis importante é a fusión. Senón é así bótaselle enriba o lobby coruñés coas súas técnicas mafiosas.. Para Galicia un estatuto asegúralle máis poder financeiro que unhas caixas, pois asegúralle a pasta que lle toca coma fixeron tódolos demáis menos nós. As caixas unha ou dúas dá igual. E o PP madrileño pensa o mesmo que O PSOE e tamén que Feijoo inda que teña que facer o paripé da galeguidade das caixas que non cre nin el mesmo.

1

Enfin

Pues, con un buen EA, conseguirias ambas cosas.

Comenta

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe



Rolda de prensa de Feijóo/AUTOR: Xunta