Feijóo acusa ao PSdeG de seguir as "instruccións" do Goberno central para rexeitar a fusión das caixas

O presidente galego acusou hoxe ao PSdeG de seguir "instruccións foráneas", en alusión ao Goberno central, para rexeitar a futura Lei de Caixas, e suliñou que hai un "doble raseiro" por parte do Executivo de Zapatero ao impulsar ás fusións en Cataluña e Andalucía e opoñerse á galega.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 24/12/2009

  • versión para imprimir

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo acusou a Pachi Vázquez de "coincidir" cos argumentos do Goberno central para "impedir" que Galicia "siga nos mapas financieiros españois". "Hai un doble raseiro por deixar a modificar a Lei catalana de Caixas e impulsar a fusión das caixas catalanas e andaluzas desde o Banco de España, suliñou.

Por iso acusou a certos ministros, principalmente aos de Fomento, Xustiza e Economía, de intentar confundir á opinión pública ao trasladar que aquí as cousas non sen fan "con rigor". "E quen actúa con rigor é Galicia, que pediu unha auditoría de certificación de solvencia que non pedíu ningunha outra comunidade", subliñou. Non se atreveu a utilizar a palabra "boicot", pero repetiu ata en tres ocasions que hai "doble raseiro" con Galicia. GC xa adiantara o malestar da Xunta co Goberno central por utilizar o Banco de España para filtrar informacións.

Os "graves problemas" dos socialistas

Por iso, cargou contra o PSdeG e pedíulle ao seu líder que se defina. "Os socialistas teñen graves problemas internos. É lamentable escoitar que un alcalde diga unha cousa e outro outro. Sería bo que Vigo e A Coruña falaran entre si e logo co seu secretario xeral", ironizou sobre as distintas posturas dos alcaldes socialistas destas cidades.

Feijóo volveu insistir na necesidade de sacar adiante unha Lei de Caixas co consenso das tres forzas políticas, "tal e como acordaramos", e culpou ao PSdeG de "romper" este consenso. "Poden cometer un erro histórico", dixo ao subliñar que a "sociedade galega está unida", en alusión a populares e nacionalistas, nesta cuestión.

Recurso

Sobre a posibilidade de que sexa recurrida a futura Lei, o presidente galego sinalou que sería "sorprendente" que isto sucedera e lembrou que todas as leis aprobadas na Cámara galega contan co visto e prace dos servizos xurídicos da Cámara.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
10

anonimus

Vaia panorama se lle presenta ao psdg,un partido desunido e sen orden onde non o dirixe ninguen... comentan que un tal Sogama Vázquez esta ao mando pero nin esta e moito menos ni se lle espera.


7

al César lo que es del César

o anterior pertence ao FARO DE VIGO DO DÍA 03/01/2010 CUATRO COSAS, AUTOR PACO VEDRA


6

ANÓNIMO

Ojo Frates, dice avecilla que los sindicatos hn empezado ya a calcular con detalle el auténtico coste laboral de la fusión y ya miran de reojo a la Xunta, a la auditora que maquilla la cosa, y, en el caso de la Ciga, la cúpula del Bloque que se fió de Currás y pintó un cuadro que no se corresponde para nada. Ojo. Verbigratia, eso de que solo habrá 900 prejubilacines es mentira: aparte se mandará a la pugnetera calle al personal con contratos temporales: varios cientos. Y es que aquello del trabajo digno y no a la precariedad laboral, quedó ya a un lado. Se subordinó a los objetivos del mando político. Uyuyuy. … Por todo ello, lo que ha trascendido es el desacuerdo de no pocos afiliados a la central nacionata por el pleno apoyo a la chapuza, al tiempo que por el cambio de actitud que no sólo no fue bien explicado a las bases. En muchos casos, ni bien ni mal, por ejemplo desde el Bloque sólo dijeron algo así como “de perdidos al río”. Capisci?


5

anonimus

E siguen as enquisas dando boas novas,o psoe segue baixando... e o que queda.Eiquí en Galicia case mellor que non saian,o coitado de Sogama Vázquez anda en 19 escanos.


4

anonimo

Lanoso, é ao revés. É o PP o que aprobou unha lei do BNG. Se proa, rañas.


3

anónimo

os do psoe poden estar tranquilos, os unicos que non deixaron tirados a Caixanova coas ansias de mangonear de Feij009, mala pinta ten o sur para o PP, coitadiños, Corina leva dous meses desaparecida, coido que xa cheira a debacle sureña do seu partido, a patada no cú que van levar.


2

anonimus

Na sede do psdg estase a vivir días tensos,ainda non saben como Sogama Vázquez puido facer caso a Pepiño White e deixar tirados aos deputados socialistas no Parlamento,mala pinta ten o asunto pra o psdg


1

lanoso

Tranquilos, que tedes ao BNG votando con vos, Feij009 e BNG por fin xuntos.


Rolda de prensa de Feijóo/AUTOR: Xunta