Un síntoma chamado Díaz Ferrán

Nas tres últimas décadas ten habido importantes episodios de corrupción no mundo da política.O caso Filesa, os fondos reservados de Vera e Roldán, “Marbella vice”, a operación Gürtel, os “pelotazos” de Santa Coloma...En todos eles, sempre houbo un denominador común:a opinión publicada descualifica –con intensidade diferente en función da adscrición partidaria- aos directamente afectados e solicita rectificacións profundas aos dirixentes das forzas políticas, advertíndolles da desafección que poden sufrir dos seus votantes.Poren, en case todos os casos, a reacción dos electores foi moi benevolente:os niveis de abstención non medraron significativamente e a cativa penalización rexistrada foi directamente proporcional á intensidade da autoubicación na banda esquerda da cartografía electoral.

Por Xesús Veiga | Santiago | 26/12/2009

  • versión para imprimir

A chamada sociedade civil tende a practicar unha dupla moral neste ámbito:demoniza verbal e indiscriminadamente á elite política e non repara nos exemplos pouco edificantes que se rexistran noutras partes do tecido asociativo.Estamos coñecendo, estes días, a outra cara do máximo dirixente da CEOE.O seu comportamento como empresario non se compadece coas prédicas e os códigos de boas prácticas que defenden ritualmente as organizacións corporativas.Mais aínda:o señor Díaz Ferran é o penúltimo exemplo de cómo o liberalismo económico é un traxe compatíbel coa presenza no Consello de Administración dunha politizada Cajamadrid que financia xenerosamente as aventuras empresariais dos seus directivos.

A ratificación da confianza do cumio da CEOE no seu presidente pecha o círculo vicioso no que vive esta elite empresarial.Díaz Ferran terá pouca estatura ética pero é un dos seus e por aí non pasan.O corporativismo ben entendido comeza por un mesmo...

Mentres, o PP quere lavar a imaxe destilada polo caso Gürtel e anuncian códigos de boas prácticas que deberán asinar, entre outros, os cargos que aínda non dimitiron.E para vixiar todo, a figura incorrupta de Romay Beccaría, o padriño político do inesquecíbel alcalde de Teo –Armando Blanco- e de tantos outros que contribuíron a erguer o paraíso da ética política que foron os 16 anos de fraguismo.

 

Xesús Veiga




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

alberto

Suso...Veiga? desde os 70 coñecinche como Vega...norboa polo bautismo! god exists! :-)


1

Rizón

¿Será certo que a ética do capital é a explotación e o despilfarro? O que aínda non acabo de comprender é como os poderes políticos, especialmente os chamados de "esquerda" -cando son poder, cousa pouco habitual- tratan con pleitesía exquisita aos mesmos empresarios que denostan cando militan en partidos alleos! Será que os políticos esquecedes sempre que a única patria do capital é o BENEFICIO ?


Xesús Veiga Buxán

Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.