GC

Da Real Academia Galega

O ingreso de Manuel Rivas na Real Academia Galega é unha boa nova. Galiza, nestes tempos que corren, está necesitada de escritores que non deserten dos compromisos básicos: a defensa de Galiza como pobo, como nación; o dereito á existencia da nosa lingua e a súa identificación como propia; o respeito por quen, de formas diversas pero ben intencionadas, traballa politicamente a prol destes compromisos. Por circunstancias históricas, a nosa cultura, nomeadamente a nosa literatura, ocupou un papel senlleiro como símbolo e síntoma da consciencia nacional. Desde a súa autonomía artística, foi parella ao impulso ideolóxico, social e organizativo que reivindicou a nosa diferencia, a nosa existencia específica. Este paralelismo non ten desaparecido totalmente tampouco nos últimos tempos, malia a pretensión infantil de quen aparenta vivir unha situación normal.

Por Francisco Rodríguez | A Coruña | 24/12/2009

  • versión para imprimir



A anormalidade caracteriza, hoxe tamén, a Real Academia Galega, non tanto por ser un cenáculo de sospeitosos, como lle gorentaría ao bo Rivas, senón máis ben por custarlle achar unha ubicación natural e positiva. Leva mal posicionarse con acerto na dialéctica de tensión entre o poder político e económico hexemónico, como mínimo nada entusiasta da nosa lingua e da nosa cultura, e os esforzos sociais e populares a prol delas, maioritariamente vinculados a unha causa nacionalista. Paradoxo e contradición que, para ben e para mal, foi progresivamente medrando nun marco autonómico con organismos e institucións públicas ou semipúblicas destinadas teoricamente a promoveren e ampararen a lingua e cultura de nós. Todas elas están moi condicionadas por un oficialismo que, alén dunha forte dependencia española, preme para a adaptación a unha concepción marxinal da cultura galega, no canto de asumila como plenamente nacional. Aparentemente contentes con controlar e xestionar esta leiriña do marco autonómico, certo corporativismo universitario, algunhas editoriais e moitos escritores, máis ou menos, inseridos na tradición piñeirista conformaron o holding oficial da cultura galega. Tamén as maiores eivas e limitacións da Real Academia Galega actual proveñen de aquí. Paira aínda a tendencia ao sectarismo indisimulado contra o discrepante, mesmo após a morte ( Carvalho Calero), ao elitismo de raíz académica universitaria (canto filólogo corporativista excluinte!!), á zunía ignorante contra os que non forman parte do holding ( escritores independentes ou de clara militancia nacionalista prática…)

A presidencia de Barreiro resultou, malia grosas contradicións e incomprensións, a aparición dunha raiola de luz, certa naturalidade de trato con todos, seguramente pola súa proclividade popular e o seu coñecemento da historia de Galiza. Foi ás veces cauteloso e mesmo contemporizador de máis cos inimigos da nosa lingua. Pero non se deixou abafar totalmente polos prexuízos institucionais nen de grupo. Non era un sectario confesional do holding. Esperemos que o sucesor avance máis, porque cómpre osixenar a Academia, actuando con sentido de país, non de clan, superando o corporativismo e o elitismo sectario. Il será premonitorio o ingreso de Manuel Rivas co seu espírito de comprensión e respeito desde unha compenetración tallante coa idea de que Galiza existe e de que a nosa lingua é insubstituíbel como ferramenta para todos os usos?. Nunca se caracterizou por teimas nen por proclividades a desacreditar, nas súas colaboracións xornalísticas, a compatriotas que, con acertos e erros, se identifican e serven ao pobo galego. Non é amigo de leiriñas nen de pauliñas contra os xa demonizados polo poder, concretamente os nacionalistas actuantes, escritores ou non, polo feito de séreno…

Lóxico que o futuro presidente sexa un escritor acreditado e recoñecido. Sen dúbida, Méndez Ferrín éo. Fronte ás descualificacións tan anti-democráticas como puerís dalgún comentarista pola súa ideoloxía, diremos que, na súa esencia, é coincidente coa que debe fundamentar a Real Academia Galega da Lingua. Non virán dela os perigos para un bo funcionamento da institución. En todo caso, terá que superar prexuízos, resistencias, rutinas, que o poidan confundir ou ancorar no corporativismo elitista ou na zunía sectaria. Malia ás forma esotéricas e ás veces pretensamente irreverentes, sempre se identificou co holding. Esperemos que a súa presidencia represente unha vontade nacional, de irmandade, de avance para a lingua e a cultura do país, de respeito polos esforzos, incluídos os políticos, de todos os que acreditamos na capacidade e no futuro do pobo galego, en particular da nosa lingua…

 



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

16 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 16

    Chisco

    Sempre anda Paco Rodríguez coa palabra comodín: "anormalidade". A min gustariame saber que entende el por "normal". Pero creo que xa sei a resposta: para el é anormal todo o que non é dirixido e controlado pola UPG. Por iso Galiza é anormal: eis o asunto. Parole, parole, parole, ..., como cantaba Mina (por certo, moito mellor cantante que a Marujita Díaz dos amores rodriguistas).


    15

    pindo

    www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/03/06/3523432.shtml


    14

    Lorenzo

    Todo vos vale para deostar a Francisco Rodríguez e a UPG que, como é sabido, é o inferno e o susodito o demo maior. Sempre a atacar persoas e non argumentos. Así nos loce o pelo. E conste que nin son upegaio nin o serei nunca.


    13

    Ribeiriña

    Había tempo que non lía un artigo tan noxentamente xesuítico. Semella escrito por un fámulo de Rouco Varela. Pódese ser máis hipócrita, máis falso, máis tartufo?


    12

    anónimo

    O que pasa é que os grandes filólogos coma o autor deste artigo deixaron o ensino (desertaron da tiza, máis ben) pola súa misión liberadora/nacional, que pode lerse nos estatutos da UPG, a organización que mangonea (e afunde cada vez máis) ao BNG: A UPG é un partido comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional..., para rematar coa colonización que padece o país, como paso indispensábel para a construcción do socialismo. A U.P.G., como partido nacionalista galego, considera que o inimigo principal do povo galego é a burguesia monopolista española...a estratéxia e táctica da U.P.G., están orientadas a potenciar o Movimento Nacionalista Galego contra o imperialismo español e os seus aliados na Galiza, considerando o que esta é unha loita anticolonial e antimonopolista, especialmente dirixida ao corazón do imperialimso occidental e as suas estructuras políticas, económicas e militares.


    11

    Erasmo

    De pouco vai servir a presidencia da RAG mentres os "filólogos" non baixen da burra na que andan montados coma se foran "bispos da lingua" que a golpe de hisopo envían aos infernos da Lingua Celga 4 a un 71% dos aspirantes...? Datos recentes da última convocatoria! http://www.xunta.es/linguagalega/pr... ¿ Tan difícil é aprender galego hoxe...? ¿ Tan sinxelo era aprender galego fai vinte anos...? ¡¡¡ Canto falabarato temos no país !!!


    10

    Xurxo Regueiro

    Por qué Rivas, sendo tan bo escritor, cando fala transgrede a norma vixente? Mal pode axudar á normalización.


    9

    Antón

    Patético! Felizmente nin Ferrín nin Rivas precisan dun soldo dado pola UPG! A Paco gustaríalle máis que foran como Lobeira ou Pontón,pero ten que roelo. Hai moitos patriotas galegos que non teñen porque comer da súa man...


    8

    Souto

    Coincido contigo Salazar esto e o colmo da mentira do señor Rodriguez eta xente da UPG fraco favor lle ten feito ao nacionalismo porque todo o séu discurso está baseado na mentira máis ruín: Carvallo Calero efectivamente un señor lusista que criou as suas fillas en castelán, que falaba o castelán na súa casa, un héroe. Manolo Rivas? pero se para tí Rivas é un feble non coma os teus acólitos papanatas, e Ferrín dí o que pensa de tí Ferrín e da UPG e deixa xa de ser tan cínico porque zulía sectaria é o que tes tí montado dentro do nacionalismo, non deixando medrar nada ó redor. Que desgracia para iste páis é vostede que cativeza de miras, en definitiva despóis de ler este artigo sintome insultado.. Lisque xa de este páis porque non ten nada que ver con el nin coa sua xente.


    7

    Salazar

    Zúnia sectaria. Fala Paco Rodriguez de zúnia sectaria. Paco Rodriguez. Pero isto que é, un xogo macabro, o colmo do cinismo? Por favor...Non é Méndez Ferrín un dos que liscaron precisamente da zúnia sectaria da UPG? Un pouco de respeto pola intelexencia dos galegos e galegas, xa esta ben de rirse de nós señor Rodriguez.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Francisco Rodríguez

    Foi deputado no Parlamento Galego e no Congreso. Actualmente é membro da Executiva do BNG e secretario nacional da UPG.O seu blog blog