Dubai, fin de festa

Dende fai anos, presentábase os emiratos como un novo boom inmobiliario onde todo era posible, onde a riqueza se multiplicaba.

Por Serafín Martínez | | 28/12/2009

  • versión para imprimir

Alí foron crecendo rañaceos vertixinosamente, autopistas, espectaculares metros aéreos, imposibles pistas de esquí no medio do deserto, campos de golf a 50 grados de temperatura regados con auga potabilizada... En fin,  que onde antes eran quilómetros de area, agora temos unha pequena gran cidade. Inversións fastuosas, que convirtirían a cidade de Dubai no epicentro mundial de ocio e negocios.

En realidade, acudiron novos ricachóns de máis que dubidoso gusto, que mercaron a prezo de ouro vilas de luxo en illas artificiais creadas sobre o mar. En resumo, foron os especuladores amigos do diñeiro fácil.

Pero bastaba cun pouquiño de sentido común para establecer que aquel paraíso era máis falso que Xudas, porque, quen gasta millóns de euros nun palacete con vistas o veciño e ubicado sobre un mar turbio, cando uns metros máis alá, fora, as augas do Golfo Arábico-Pérsico se manteñen puras e cristalinas? Díganme señores, mercarían unha vivenda onde é inaguantable a climatoloxía que ten esta cidade, cun calor agobiante e humidade asfixiante? Era imposible manter esa burbuxa inmobiliaria, onde o lado da española era cousa de nenos.

Dubai foi o centro de negocios tradicional do Golfo…o que non quere decir que puidera convertirse nun novo París, Francfort ou Nova York, tendo en conta que o motor económico dos Emiratos Árabes Unidos era o veciño (e mal avenido) Abu Dabi.

E despois do crack de Dubai, preguntome, onde estaban (ou están) os brillantes economistas que mantiñan a viabilidade de este esperpento económico? Seguro que incapaces de asumir a sua propia incompetencia. Excelentes profetas do pasado.

Serafín Martínez




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
6

Filolog@

Insisto: o texto ten erros...


5

Rizón

Serafín non tiña o gusto de te coñecer... máis alá do artigo o que se pode ver é que tes unha lexión de seareiros gramaticais...! Aquí ata os zapateiros métense a xastres... Que país... de ananos Deus...!


4

Nemigo

o acontecido foi un experimento... non con gaseosa. Pero si experimento especulativo Pode o terceiro mundo crear futuro da nada? Os cartos pensan que si. Pero non. Isa burbulla se fixo explotando a traballadores do terceiro mundo. Xente a que tiñan alí por uns centos de euros, vivindo en barracóns


3

Sinosuke

#1: Diríaslle o mesmo a Rosalía?


2

cHUaa

Non sei se hai algún servizo de filoloxía galega 24 horas pero hai moitos profesionais que agradecerían (agradeceríamos) moito o apoio. Eu tería enviado centos de textos en situacións de emerxencia. O problema pode estar en pensar dende o castelán para escribir en galego. Neste país falla a inmersión lingüística. O contido do artigo é interesante pero algunhas estruturas están como do revés e quedas medio atascado lendo; sobre todo nos reflexivos.. Agora eu pregunto ao filólogo. ¿eses reflexivos: "se manteñen puras e cristalinas..." "converterse nun novo París", son correctos?. De tódolos xeitos noraboa Serafín¡.


1

Filolog@

Autoestradas, máis...ca, calor (xénero feminino), burbulla, a carón, dicir, converterse, ... * Agradeceríase moito un pouquiño de amor pola lingua...


Serafín Martínez Acevedo

Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.