O pasado venres tomou un avión dirección Detroit e, coma todos sabemos, levaba un poderoso esplosivo mal situado na zona máis íntima do seu corpo que pretendeu facer estoupar. Un feito que encendeu de novo o pánico xeral. Dous días máis tarde, outro pasaxeiro na mesma liña, antes de chegar a Detroit, pechouse no baño do avión, ameazando con estoupalo. O avión aterrou nunha zona apartada e o viaxeiro foi detido.
Estas situacións desvelan un clamoroso erro de descoordinación da Administración Obama que acendeu as alarmas e os ánimos dos norteamericanos. Os datos apuntan que os servizos de intelixencia tiñan información suficiente para evitar que o terrorista embarcase no avión. O erro é de tal proporción que ata Obama, visiblemente irritado, cualificouno como “inaceptable”.
Ó longo dos anos, no noso país houbo exemplos lamentables de descoordinación nun tema tan grave como o terrorismo, e non sempre admitidos polo Goberno de turno. Obama, pola contra, non tivo inconveniente para recoñecer a desastrosa actuación dos seus subordinados, que é o primeiro paso para tratar de evitar a súa repetición no futuro. Por iso, sabemos todos os españois que a unidade é imprescindible para erradicar o terrorismo, pero esa unidade só é posible se quen dirixe actúa con lealdade e transparencia.
Serafín Martínez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting