O sábado, día 2 de xaneiro deste ano 2010, a TVE emitiu no Inform Semanal un programa adicado ao Pórtico da Gloria do Xacobeo. Non pronunciaron nen unha soia vez a palabra Galiza ou galego. Poderiase tirar a impresión de que se trataba dun fenómeno e dunha orixinal realidade artística extra-terrestres. Foron aludidos os nomes propios de Mateo e Fernando II, director artístico do Pórtico da Gloria e monarca impulsor, respectivamente, pero sen xentilicio algún. Emporiso, para colmo, este rei galego por lingua, consciente da entidade do seu reino de Galiza, vinculado á súa nobreza laica e eclesiástica e por ela educado, emterrado na catedral de Santiago por vontade explícita, foi designado como rei de León exclusivamente. Os entrevistados, deán arquiveiro da catedral, membros da equipa rehabilitadora- italiáns e españois-, experto en arte románica, non fixeron a máis mínima alusión ao contexto histórico e social, á realidade política do Reino de Galiza de entón, onde se xestou e construiu o pórtico románico máis esplendoroso de Europa, obra de galegos. O responsábel da política cultural da Xunta, o Conselleiro Roberto Varela, perante a imponente fachada do Obradoiro –aínda bautizado en língua galega no século XVIII-, tranquilizounos coa boa nova de que os peregrinos terían asegurado un espazo onde deixaren as mochilas para non entraren no recinto catedralicio con tanto vulto perturbador. Máis unha vez as imaxes impresionaban pola grandiosidade e fermosura; porén, o verbo acompañante era abstracto, retoricamente tecnicista, vulgarmente turístico e topicamente relixioso. Non había nen carne nen materia, nen historia nen pobo.
A verdade é que, con estes sarillos, é difícil que, por moito que declaren patrimonio da Humanidade algunhas evidencias artísticas do noso país, a Humanidade se inteire de que Galiza existe. Aliás, non se inteira de que Santiago foi produto dunha dinámica histórica específica, a de Galiza, non un apéndice máis da españolidade, ou unha simple manifestación de europeísmo cristián, como agora se pretende desde o Vaticano e os seus acólitos na UE. Créanme, sería impensábel un programa televisivo sobre a Alhambra de Granada ou A Mezquita de Córdoba sen aludir a Al-Ándalus, como o sería sobre o románico catalán, sen enmarcalo no seu contexto histórico concreto, nacional, o de Catalunya. Con nós non só é posíbel, é o natural. Naturalmente inexistentes, embora a a realidad empírica sexa contundente. Esta realidade empírica contundente hai que explicala, alumeala, co verbo consecuente, necesario, revelador. Xustamente todo o que agachan e que tanto nos custa desvendar e facer aboiar…
Francisco Rodríguez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Paco ten toda a razón. Non hai ninguén no seu sano xuicio que elimine Santiago de Compostela do concepto Xacobeo. Este é un exemplo dun anuncio en Buenos Aires das actividades dunha parroquia, onde lóxicamente falan de Compostela, porque senón ninguén se enteraría de qué vai o tema: Asociación Santiago Apóstol de Villa Gesell Paseo 126 y Av.5 - Villa Gesell - Provincia de Buenos Aires - Argentina VILLA GESELL - 25 DE ENERO DE 2010 FIESTA PATRONAL Y PEREGRINACIÓN POR LA PLAYA Camino al año Jacobeo Compostelano 2010 Fonte: SICE
Dende logo, é un xenio, o mellor entre os mellores...apañando postiños para os da UPG, que ben viven algúns grazas a este coseguidor estilo Baltar.
O pobo galego poucas veces fixo xustiza cos seus mellores fillos. Houba na maioría dos casos, que agardar a sáu morte para que isto acontecera. Estou certo que Paco é o mellor entre os mellores nos últimos cuarenta anos da historia de Galiza. Si teño certo, que a historia absolvera. Toda galiza está en debeda con el. Como lle dixo unha votante nacionalista dun Concello de Lugo após un mitin das Europeas, caro Paco grazas por ensinarnos a querer ao noso País.
Nestes tempos de crise non estamos para froles.¿Quen leva a pasta e a onde?. Por moito que fagamos mentres leve Madrid o timón, os únicos monumentos galegos que lles importan son a centola francesa e os camaróns irlandeses.
Foi deputado no Parlamento Galego e no Congreso. Actualmente é membro da Executiva do BNG e secretario nacional da UPG.Os artigos están tirados do seu blogue persoal retrincosemanal
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting