O BNG apraza a guerra

Máis BNG e Encontro Irmandiño (EI) coinciden na necesidade de adiantar a Asamblea nacionalista a antes das municipais pero a UPG non é da mesma opinión.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/01/2010

  • versión para imprimir

O partido que dirixe Francisco Rodríguez prefire que o cónclave sexa despois destes comicios. De non haber acordo e, a pesar dos amagos, +BNG e EI poderían aprazar a batalla interna. Xa houbo varios encontros entre os dirixentes nacionalistas para abordar esta cuestión pero non se chegou a ningún acordo. A pesar da coincidencia de +BNG e EI, o certo é que os dous grupos non manteñen unha postura común. En fronte, a UPG, que mantén intacta a súa intención de que a Asamblea Nacional se celebre logo das eleccións municipais.

Os intereses son ben diferentes. Máis BNG pretende despexar nese cónclave o camiño á renovación dentro do Bloque e designar xa a un novo voceiro nacional e acabar coa actual bicefalia. Encontro Irmandiño tamén quere a asamblea antes pero por unha lóxica diferente. O grupo que lidera Xosé Manuel Beiras quere que sexan os militantes os que decidan os candidatos ás municipais e o cargo de voceiro nacional de xeito asambleario e non polo sistema actual a través de delegados, tal e como acordaron quintanistas e upegallos no anterior cónclave. Pola contra, a UPG é partidaria de deixar as cousas coma están e que sexan as asambleas locais e comarcais, onde manteñen certo dominio, as que cociñen o proceso.

Distintos intereses


En todo caso, a principal cuestión que uns e outros queren abordar é quen controlará, a partir de entón, a formación nacionalista. +BNG, e en menor medida EI, queren que a UPG perda a hexemonía que este partido mantén desde hai anos. Con todo, o grupo que lidera Aymerich non dará a batalla para adiantar a asamblea a antes das municipais. Unha decisión que non todos entenden e que ten causado certo malestar entre os seus militantes. En xogo está, din os seus cadros dirixentes, o poder municipal que ten este grupo e que ten na súa dirección a importantes alcaldes.

Encontro Irmandiño tampouco ten unha postura tomada ao respecto. Algúns dos seus dirixentes son partidarios de presentar esta cuestión na Executiva para que sexa votada, mentres que outro sector é partidario de agardar aos resultados das municipais. Aínda que non haxa guerra declarada continuará a guerra de guerrillas e uns e outros comezan a preparar xa o terreno post-electoral. E é que tanto +BNG coma os irmandiños farán responsable á UPG dun fracaso nas urnas o que precipitaría todo o proceso. Sen embargo, desde o partido hexemónico do BNG son optimistas e aseguran que os resultados das municipais depararán "sorpresas positivas" para os nacionalistas. "E a ver logo quen sae reforzado", apunta un dos seus dirixentes.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
10

ricardo

Xistral; ti es o exemplo claro do elo perdido na evolución das especies. O teu comentario descríbete ben ás claras; sen argumento nengún dedícaste a descualificar. Mágoa de compartir espazo con cousas coma ti. Desculpen o comentario, mais a natureza humana é ben ruín...e noxenta.


9

xistral

Teñen os tres nomes de monarcas de Castela : Carlos I Carlos II Felipe I O trio lalala


8

manantial

veña Xistral danos a solución xá !!!!


7

Xandokas

Que dixo que no BNja non hai cargos hereditarios!!!!! haber hainos, pero pola liña colateral.... (consortes, amigos/as, amantes, primos e demais familia ...."pregan unha oración pola súa alma (do BNja).....")


6

Xistral

Xentes do BNG hai vos vai unha adivinanza que son eses tres militan tes do BNG que tanto mal lle fan a organización e que son coñecidos aquí na Coruña como os chiquilicuatres ou os tres mosquecans son tres: 1.-Ten un cú de pandeiro como a nai de Sin Chan, por mor de pasar tanto tempoo sentado escribiendo un blog de plataforma para o seu anigo lider, mentres a muller lle pon os cornos a moitos quilometros. Semella un galan do planeta dos simios. 2.-Coñecido por o gafotas foi cesado dun alto cargo no bipartito. Un frikie que non o coñecen nin os veciños pero que fai moito dano 3.-O lider, trepa donde os haxa e o maior traidor do país. Chamanlle o patizambo rexeitado e menosprezado polos poderosos da Coruña. un ninguén, Os outros dous traballan na sombra para él


5

recadeiro

E APU que di? Porque se supoñía que era algo máis que a UPG. Toda a vida discutindo sobre cantas asembleas hai que facer para non decidir nada produtivo. No BNG os cargos non son "hereditarios" porque manda O MESMO. É unha dictadura vitalicia dos "homes de Paco"


4

Paco Go Home

http://es.wikipedia.org/wiki/Elecci... PP 52% 830.000 votos 42 escanos BNG 25% 395.000 votos 18 escanos PSOE 19% 310.000 votos 15 escanos Eu teño claro quen foi tendo cada vez máis poder e cada vez menos votos. Co papa negro PAcoRRo e os da secta, afundimento seguro.


3

Xurxo Regueira

Dende logo Guillerme Vázquez a seguir canto poida de sarxento chusqueiro do coronel Rodríguez...


2

Enfin

A mi parecer, pienso que tendrian que hacer esa asamblea, y aclararle al pueblo a quien votamos, yo vote en alguna ocasión al BNG en otras al PSOE, nunca al PP, a no me acordaba una vez a IU, lo que tengo claro, es que como siga la UPG controlando el BNG, que se olviden de que vuelva a tener en consideración, mi voto hacia ellos, el motivo, soy de Lugo y a las personas que tienen aqui son de verguenza, me refiero a Anton Bao y Paz abraira me imagino que seran de la uPG sino es así disculpar, entonces lo que tienen que hacer es obligarles a dimitir por el bien de vuestra organizacion, ya que sus declaraciones y sus actitudes me llevan continuamente a la desconfianza.


1

Unnseoutross

Mentres non haxa cargos hereditarios como no PP de ourense, todo ben.


Acto do BNG/ Autor: BNG