Unha impronta que se converteu xa na marca da casa socialista, coa necesaria connivencia, no caso concreto desta provincia, do BNG, e que vai a persistir no 2010 a tenor dos orzamentos aprobados no derradeiro pleno do pasado ano, aínda que con algúns agravantes máis a engadir á de por si preocupante situación xeral.
Un dos perxuizos máis graves e que irremisiblemente hipotecará o futuro da administración provincial é o alto grao de endebedamento que contemplan estas contas e que suporá triplicalo con respecto ó pasado exercicio, ó pasar de oito a 25,5 millóns de euros.
Certo é que, en momentos de grave recesión económica, as administracións, sexa cal sexa o seu ámbito de influencia, deben redobrar os seus esforzos para asegurar que o nivel de investimento se manteña e incluso, en aras de manter activa a economía, incrementalo todo o posible, aínda que sexa a costa de aumentar a débeda ata o mesmo límite permitido.
Neste contexto, se a Deputación recurrira ó préstamo para dotar de infraestructuras á provincia ou para axudar ós sectores productos básicos a superar o peor momento da súa historia, estaría xustificado e sería ata loable triplicar a débeda coma decidiu facer o bipartito provincial. Pero si resulta que esa hipoteca non vai servir para ningún deses fins porque, de feito, o investimento real da Deputación vaise reducir nun 20 por cento, o Partido Popular, como así deixou claro na aludida sesión plenaria, non pode ser partícipe, e menos aínda cómplice, deste despropósito, desta desfeita que non só lapida a boa herdanza recibida do anterior goberno provincial, senón que empeña o futuro da institución e, por extensión, da provincia.
Afirmaba Besteiro que os orzamentos para este ano que estamos encetando son expansivos e contracíclicos, pero tal cousa, si se incrementa a consignación para persoal, o gasto corrente e a transferencias correntes e se reducen as partidas adicadas a inversión productiva e a transferencias de capital, non é posible.
Recapitulando, o goberno que dirixe Gómez Besteiro, ademais de tirar de crédito sin a mesura que os tempos e todos os expertos económicos nacionais e internacionais aconsellan, gasta máis do debido en cuestións nas que, precisamente polos tempos que corren, deben concentrar a austeridade e o aforro.
Duplicar, con respecto ó 2009, a partida adicada a gastos diversos dista moito de ser a opción correcta. Reducir considerablemente o gasto productivo e pola contra adicar 4,2 millóns de euros a publicidade e propaganda ou a atencións protocolarias e reservarse incluuso 800 mil euros desta partida a gastos para os que nin sequera se especifica o destino roza o insulto a todos os lucenses.
X.M. Barreiro
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O recurso o endebedamento público e malgastar e hipotecar o futuro, e só ten sentido para atender situacións extraordinarias como poida ser a actual crise económica. O sector público ante unha situación de recesión económica tan dura como a que se está a vivir, cunha contración tan forte da actividade económica e do emprego, pode e debe recurrir a endebedarse, pero multiplicar o gasto de xeito desmedido sin que ese incremento se adique a tirar da economía productiva, é un despilfarro, e conduce a máis pobreza e paro. A inversión pública tira da empresa e do emprego, cando a economía non vai, como sucede agora. Máis que cabe esperar dos discipulos de aquel que aprendeu economía en tres tarde e sostivo no goberno o peor ministro de economía de todolos tempos: Que non lles importe empobrecer a xente co animo de fidelizalos, como se fixo durante decadas en Andalucía co PER, e así lles vai. Vivir de subvencións e dadivas hoxe e fame para mañá.
Para Enfin: No pretendo defender incondicionalmente al Sr. Cacharro ya que, para empezar, ni siquiera le conozco personalmente. Pero debería comprender que estuvo muchos años en la Diputación y en ese período aumentaron considerablemente los servicios públicos que desde la mencionana entidad provincial se prestaban, con el consecuente aumento de personal que conllevaron. Ahora bien, ¿me podría explicar usted cuál es la justificación para que el bipartito provincial PSOE-BNG tenga la cantidad de "personal de confianza" o "asesores" que tienen? Odio caer en las generalizaciones, pero también me gustaría saber si ser "de confianza" es el más importante de sus méritos o, por el contrario, tienen todos un perfil profesional y académico adecuado a las funciones que deberían desempeñar en caso de ser necesaria su asistencia.
Para gasto de personal el señor Cacharro, que sobredimensionó la diputacíon en tema de personal y lo pagamos todos los lucenses, sobra la mitad del personal, y encima hay que contratar gente, por que los de la diputación no pegan palo al agua. Después hablamos de Ourense, pero en Lugo Cacharro hizo lo mismo.
Para A PALLA NO OLLO ALLEO: O exceso orzamentario da Deputación de Ourense débese a contratos temporais -como ben di vostede- e non, entre outras cousas, a gastos diversos sen especificar. En canto á Diputaciòn Provincial de Lugo, non é de recibo que a triplicación das súas cifras de endebedamento non teña a súa contrapartida nun aumento dos investimentos na mesma proporción. É que o investimento nin sequera aumenta, senón que se reduce en termos reais con respecto ao exercicio anterior nun 20%.
Duplicar, con respecto ó 2009, a partida adicada a gastos diversos dista moito de ser a opción correcta. Reducir considerablemente o gasto productivo e pola contra adicar 4,2 millóns de euros a publicidade e propaganda ou a atencións protocolarias e reservarse incluuso 800 mil euros desta partida a gastos para os que nin sequera se especifica o destino roza o insulto a todos os lucenses...ENTON SEGUINDO ESTO, O QUE FAI BALTAR É UN INSULTO AO MUNDO MUNDIAL, PORQUE MULTIPLICA ESTAS PARTIDAS VARIAS VECES MÁIS, NON SEÑORIÑO? E SERÁ UN INSULTO AOS GALEGOS O DESPILFARRO DO GAIÁS, QUE ESO SÍ QUE É MULTIPLICAR GASTO, SEÑORIÑO? http://www.lavozdegalicia.com/ouren...
Home a cousa non é para tanto, o asunto do KM0 está moi ben, levan á xente de viaxe e a papar a dous carrillos para que olviden os problemas reais, o paro e todas esas cousas que ó PSOE non lle interesan. Xa sabemos como remata iso, un bó día na comida pediránlles o voto cun sorriso do tal Besteiro. Non se lle pode pedir máis o rapaz, non lle gusta o traballo e punto. A min tampouco. É pecado? Gústalle vivir ben. A min tamén. Estou preocupado, parézome un huevo o tal Besteiro. Mañá vou ó médico.
Endebedarse para aumentar o gasto improductivo? Ao señor Besteiro non lle chega cunha tarde de clase de economía... Síntoo polos lucenses, que terán que pagar a desfeita cos seus impostos durante anos
Manda truco o amigo Besteiro, non só é un vago redomado, senón que ademais malgasta os cartos dos lucenses. Só sabe organizar viaxes e cuchipandas, e nada máis. Triplicar a débeda para gastos de persoal e gasto corrente é unha indecencia.
A Deputación está demostrando como se fan as cousas mal: Fixo onte un ano,o señor Feijoo visitou Triacastela.Non pasaron nin 15 dias cando o señor Besteiro,ben acompañado de periodistas,foi "ver onde ian construir o poligono industrial,obras que empezarian moi pronto"...case un ano despois.:¿alguen viu ese poligono? Cando foi nesta ultima nevada,o pobo de Triacastela só tiña totalmente transitable a carretera principal(porque pertence a Xunta)pero o centro do pobo estaba intransitable polo xeo,ante esa protesta ,o alcalde (PSdG)dixo "que non habia sal,e que pronto iva chover".E na anterior nevada,por findeano,pasaron 2 dias despois de que nevara,un home botando paladas de sal dende un camión en marcha... Pura eficacia,si señor. Esperemos que pronto cambie esto todo.
Estamos a vivir, a época da decadencia socialista, faltos de ideas, actúan a salto de mata, non planifican, e gastan no que creen que lles va a dar máis votos, pero non pensan nin un minuto da súa vida nas necesidades das xentes a quen gobernan, seguen a encontralos problemas máis peregrinos, que ninguén había ni pensado neles, e crean nuhn plis plas, unha plataforma cívica para resolvelos, e dicir, cómplicalo todo máis, como fan sempre.
Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting