Malestar no deporte de élite galego pola súa marxinación no Xacobeo

Deportistas de élite galegos consideran un "show" a travesía a nado na ría de Arousa realizada polo nadador David Meca e critican a súa marxinación por parte da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/01/2010

  • versión para imprimir

David Cal, Carlos Pérez Rial 'Perucho', Fran Vazquez, Ezequiel Mosquera, Oscar Pereiro, Carlos Paz, Fernando Echevarri, Javier Gómez Noya, Eva Castro, Celso Míguez, Chano Rodríguez, Chus Lago... e así ata completar un elenco interminable de nomes que teñen reportado numerosos éxitos para o deporte galego. A Xunta tiña un abano enorme onde elexir pero decidiuse por David Meca, Iker Casillas e Rafael Nadal para promocionar o Xacobeo.

Unha decisión que non gustou nada entre os deportistas de élite galegos que non dubidan en criticar duramente esta medida. Algún deles xa lle trasladou o malestar directamente ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e mesmo a conselleiros da Xunta de Galicia. 

Un "espectáculo"

Non gusta que se teña recurrido a xente de fora "cando aquí hai moita xente que vale" e tampouco gusta que se fagan "shows" e non se fomente o deporte como un valor asociado ao Xacobeo. Así, algúns destacados deportistas galegos consultados por GC, e bos coñecedores das probas de resistencia física, aseguran que a travesía de David Meca foi máis un "espectaculo para a televisión" que unha verdadeira proba deportiva.

"Este home é un vendemotos e a Xunta caíu no engano", asegura un triatleta. Neste sentido conta detalles que non apareceron nos medios. "Nadou 20 quilómetros pero con corrente a favor e cun traxe feito a medida que xa lle gustaría a moitos deportistas de alta competición. Tamén tiña axuda constante e para máis inri cando chegou a porto estaba desfondado. Un show", apunta.

Facelo gratis

Outro deportista galego, campión mundial, critica que os 40.000 euros que percibiu Meca por esta fazaña non se utilicen para potenciar o deporte galego e asegura que, polo que lle consta, os deportistas galegos de élite non foron contactados pola Xunta para a promoción do Xacobeo. "Penso que se a cousa se falara como se tiña que falar moitos de nós fariamos isto gratis", engade.

Ao mesmo tempo que Meca percorría a nado os 20 quilómetros que separan Vilagarcía de Pontecesures, o multimedallista Chano Rodíguez nadaba 25 quilómetros. De feito, este deportista paralímpico desbancou a David Meca como campión do mundo dos 25 quilómetros en augas abertas o pasado verán cando nadou durante 25 horas seguidas e 45 quilómetros bordando a ría de Vigo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

9 comentarios
9

antoñito

Por non falar dos 400000€ que o Xacobeo donou graciosamente ó veleiro do vicepresidente do Nautico da Coruña , o famoso "Hansa"


8

anonimo

Ai tedes a Robertito falando de Galiza no 2007 en Nova Iork http://www.vimeo.com/2573722 http://www.vimeo.com/4243561


7

ciencias.blogaliza.org

Sería interesante saber canto lle custaría unha campaña nos xornais e nas teles ó xacobeo coa repercusión que tivo o de Meca (unha semana nas radios, tv e xornais dicindo "ruta xacobea" "xacobeo" costa bastantes cartos). Aínda así, parece un tanto excesivo


6

Teñen o que merecen

Haiche algúns que pouco máis merecen pola grande axuda que lle deron ao PP a subirse ao machito. A roelo catro anos!


5

Benito

Lo de que fuera Meca al Xacobeo no es disculpa: por aqui mucha gente ha intentado en los ultimos meses contactar con ellos para poner proyectos encima de la mesa, y todas las puertas estaban ya cerradas.


4

Maaria

Feijoo so pretende que Galicia siga sendo unha sucursal de servidores de do PP de Madrid, hai que botalos!


3

NSNB

Seguramente foi Meca ao Xacobeo e non o Xacobeo a Meca (coma Mahoma jeje) porque vender véndese el soliño. Poderían os deportistas galegos facer o mesmo e ofrecerse en lugar de esperar unha chamada. De todas formas de cara ao exterior se queremos facer promoción do Xacobeo e non do deportista, o deportista debe ser o suficientemente recoñecido fóra do noso país (porque o que interesa é que veñan de fora a gastar os cartos). É certo, David Cal é olímpico, e Noia plusmarquista mundial, e moitos outros campións coma a copa dun pino, pero non estamos a promocionalos, senón eles ó Xacobeo, i estes non saen na tele cada semana polo que o seu careto non é recoñecido de inmediato fóra de aquí, polo que, repito, se queremos promocionar o Xacobeo e non ao deportista, creo que os deportistas de 'moda' son os adecuado para a campaña.


2

Ccccccc

Eu cheguei a Madrid hoxe e todo o mundo se estaba cachondeando de que David non aguantaba o frío das augas galegas e de que non completara a travesía. E teño que enterarme en Madrid de que nin siquera cumpriu o reto. Os señores do Xacobeo van de desastre en desastre. ¿NON SE ENTERARON AÍNDA DE QUE OS MÁIS PREPARADOS PARA COMPETIR EN GALICIA SON OS GALEGOS?. Para iso, como decían os meus profesores xa vimos con branquias incorporadas... VIVA O DEPORTE GALEGO¡¡¡¡¡¡


1

Certo

Ata un admirador de David Meca, o boirense que tamén fai longas travesías en Arousa, Juancho Armental, viu esa falta de talento para coller e promocionar deportistas de Galicia. El tamén ten as súas preferencias: http://juanchoarmental.blogspot.com...


Travesía de David Meca/Autor: davidmeca.com