Sentido de realidade

Corren tempos de confusión. Non é menor a que aferrolla a moitos ideoloxistas que din renegar do sistema capitalista. Unha das máis pertinaces características da esquizofrenia existente é a do altermundista que non asume unha política real anti-globalizadora. Podemos darlle as voltas que queiramos, pero a rectificación do proceso globalizador pasa pola asunción da política nacionalizadora, polo exercicio da soberanía ou capacidade de decisión democrática das nacións. Con esta lóxica e con este obxectivo teremos que articular unha mentalidade internacional pacifista, pois certo é que todos formamos parte dun mundo común. Se esta orientación é válida para as nacións con Estado, resulta imprescindíbel para as que non o posúen. O nacionalismo é, consecuentemente, a alternativa que, nestes casos, expresa esta aspiración.

Por Francisco Rodríguez | Ferrol | 19/01/2010

  • versión para imprimir

Sorprende que, perante alternativas tan claras como as que se presentan respeito das Caixas de Aforro galegas, a algúns altermundistas lles custe tanto asumir o conflito sen ofuscacións metafísicas. Aínda máis, reaxen negativamente perante a única saída, na actual conxuntura, anti-globalizadora, nacional galega e non submisa cos deseños da oligarquía española. Porque a esta altura o dilema está en escollermos entre a fusión de Caixa Galicia e Caixa Nova ou a fusión, fría ou quente, tanto ten, de Caixa Nova con Caixa Astur, Caixa Murcia e Caixa Santander, entre unha fusión interna e outra extraterritorial. Está en articular unha entidade de crédito, non totalmente bancarizada, con certo control público e ao servizo da nosa nación, ou permitir a desnacionalización, con bancarización e facilidade para a privatización. Quizais cumpra volver a lembrar que, grazas á iniciativa do BNG, este país pasou de ter, até agora, un marco legal ridículo, antidemocrático e caciquil sobre as Caixas, a ter a lei máis progresista de todo o Estado español. Con ela será imposíbel a restauración do nepotismo e do despotismo que caracterizou estas entidades de crédito na Galiza. E será que pretenden que non se aplique? Será que algúns están dispostos a facela inviábel bombardeándoa desde esferas competenciais superiores? En Madrid téñeno claro: o PSOE, co Banco de España de árbitro interesado e a través da súa sucursal política na Galiza, Ministro Blanco ao fronte, intimida, ameaza e proxecta a sombra máis anti-galega con ese monicreque de alcalde que, no exercicio do localismo máis podre, asume sen rubor a opción foránea. O PP, Rajoy, Rato, Montoro, Caixa Madrid, non agachan, nen despois da aparente, tardía e condicionada polas circunstancias aposta de Feijóo pola fusión interna, que aspiran a engulir Caixa Galicia. Estase a producir perante os nosos ollos e os nosos narices o máis descarado asalto á entidade financeira de Galiza en nome de que temos que saír das nosas fronteiras. Xa se sabe, en nome do espolio. É tan difícil non deixarse embaucar polo aquelarre de auto-negación, desnacionalización e tribalismo interior? O proceso de españolización prático ten na resolución deste dilema unha das súas armas máis eficientes para desposuír, dunha vez por todas, Galiza dunha ferramenta cun potencial significativo ao servizo do noso pobo, para diminuír, aínda máis, a nosa capacidade real de autogoberno.

Hai unha nova Lei de Caixas. Pode ser utilizada en defensa das competencias e das necesidades de Galiza. Por certo, alguén reparou na sempre compracente submisión a España dos efluvios localistas galegos e a súa incidencia negativa nos intereses xerais de Galiza? Unha Caixa Galega, democratizada, con control público, sería un bo contributo á estruturación do país, á súa coesión, por enriba de dialécticas norte-sur que só agachan o caciquismo tribal e a dialéctica política españolizadora. Pode ser lóxico que os que serven conscientemente a esta dialéctica, unha forma de ser galegos á española, segan con obediencia entusiasta as consignas madrileñas. Resulta máis difícil comprendelo en quen di ser anti-globalizador e mesmo nacionalista. A tanto pode chegar a ofuscación por motivacións colaterais? Escollan: galega ou española? Curiosamente o instinto popular máis xeral sabe cal é a opción que nos interesa.

É posíbel que o presidente Feijóo estea enredando para chegar, ao final, a un resultado acorde co previamente pactado en Madrid entre o PP e o PSOE para repartírense o botín galego ad maiorem gloriam da unidade de España. Porén, o noso deber está en actuarmos, dificultar as traizóns aos intereses do país e defender as opcións que lle son beneficiosas. Lembremos de novo: inicialmente a aposta do presidente da Xunta era, en nome da técnica, da solvencia e da despolitización (que graza!!) non facer nada, deixar que o deseño perfilado na Corte se consumase. Se non puido instalarse, definitiva e comodamente, nese guión foi pola iniciativa do BNG, o sentido da realidade dos sindicatos e de grande parte da sociedade galega que, malia a colonización, aínda ten capacidade para detectar, nesta cuestión, que opción representa a vontade de Galiza por existir e ter futuro.

Francisco Rodríguez




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

16 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 16

    Sr_J

    Manda caralho! Assim que o Paco asegura que: 1) só hai uma solução possível para manter a galeguidade das caixas: fusionar CaixaNova-CaixaGalicia, e que 2) todos os que não apoiam isso são uns "altermundistas esquizofrénicos com ofuscações metafísicas incapaces de assumir o conflito". Mas resulta que entre os que se oponhem hai gente como X.M. Beiras ou Xavier Vence, que sabem de economia algo (bastante) mais que o Paco, e que venhem de argumentar o seu rejeitamento à fusão desde posições netamente nacionalistas e de esquerdas. A teima do Paco de reduzir toda a complexidade do mundo atual à dialéctica nacionalismo vs. imperialismo é resesa e simplificadora. Mas, quando a usa para camuflar o seu servilismo aos interesses de Caixa Galicia, é algo diretamente nojento.


    15

    EURIBOR

    No caso do BNG chámase REUNIFICACIÓN DE PRÉSTAMOS. Por certo, o domingo voltóu la coz a facerlle a rosca aos seus amijiños do bloque, menudo pastel a entrevista ao Guillerme, que almibarado. Hai amor, nótase que hai amor


    14

    Pindo

    Serán estas as razóns do Papa Negro para apoiar a fusión? En Caixanova, o Bloque Nacionalista Galego é o que máis debe, máis de 2,26 millóns. En Caixa Galicia tamén son os nacionalistas os que máis débedas acumulan, máis de 1,9 millóns. A práctica totalidade en préstamos, por valor de 1.851.000 euros.


    13

    sabrexo

    Comarca de Ferrolterra: O BNG perdeu as alcaldías de Cedeira, As Pontes, Ferrol e Fene (despois de 28 anos tendo a alcaldía) e so conserva ós alcaldes que puxo Roberto Tojeiro o de Reganosa: Mugardos e San Sadurniño(este último empregado de Roberto Tojeiro que foi quen lle financiou a campaña e mesmo mandou votar ós seus empregados por Secundino García). O BNG perdeu nesta comarca máis de 15000 votos e máis de 100 militantes causaron baixa no BNG. a perda de 15000 votos fixo perder un deputado na Coruña ( ademais de presentar a un mediocre como Fernando Blanco Parga) o que supuxo que o PP volvese a ter maioría na Xunta de Galicia. Pero Paco Rodriguez nunca ten a culpa de nada Ademais a culpa e de Pintos, secretario comarcal da CIG(primeiro sindicato en Ferrol) por non obedecer ó Papa Negro. A culpa non a ten o que a UPG apoie a Reganosa e que apoie que privaticen Astano. A culpa non é de Paco Rodriguez, a culpa é dos outros.


    12

    O recto camiño

    "Corren tempos de confusión". Pero tranquilos todos, que aquí está Paco para trazar sempre o recto camiño. Non hai máis que seguir as súas indicacións. Todo aquel que non o faga é que padece de "ofuscacións metafísicas". Debería preguntarse o noso sempre lúcido Oráculo, entre outras cousas, por que 41.000 galegos se deixaron levar por tales ofuscacións e lle retiraron o voto ao BNG. Ah, a resposta é fácil: todo, todo, todo, é culpa de Quintana. Paco e os seus homes só pasaban por alí, non tiveron nada que ver. Nunca teñen nada que ver nos desastres que eles mesmos provocan, non, a culpa sempre é dos outros, dos demais, do pobo alienado, do bipartidismo, da españolización, de Quintana, de Beiras ou de quen faga falla. Ai, señor, señor, cando deixará de "autocriticar" aos demais e mirará para o seu interior? Farao algún día? Non, porque atopar un baleiro insondábel é algo insufríbel.


    11

    anónimo

    E logo que pensas que van facer? Un postiño dises tan ben pagados e sen dar pau a auga é o que merece O NOSO LOIS


    10

    pindo

    Podedes poñer a tódolos que quedaron sen chollo no Consorcio: Antón Tenreiro, Lois Castrillo, Pili Candocia, etc


    9

    Xesus de Nazaret

    Ai señor,señor.Que ben explica este señor. Defende que o aforro Galego se xunte nun bo pastel,para logo comelo o Rato ( Caja Madrid ). Coidado, pois seica é unha CUESTIÓN NACIONAL. Mira ti onde eu me entero que na dirección das Caixas ou futura Caixa vai mandar ou decidiren os nacionalistas. Segue de PROFETA.


    8

    anónimo

    a xente de Vigo non quere fusión, os que traballan/viven delas tampouco, os usuarios poucos, agás algún troll de internet pagado por vaia saber quen (quizáis por quen saería beneficiado, léase Caixa Galicia-La Coz-Lobby Coruñes). É curiosa a sintonía PP-La Coz-Lobby Coruñés lalalá- UPG.


    7

    Gamela

    Último DOGMA DE FE = Nacionalismo Internacionalista !!! ou por pasiva... Internacionalismo Nacionalista ? que a algúns tanto lle tén...!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Francisco Rodríguez

    Foi deputado no Parlamento Galego e no Congreso. Actualmente é membro da Executiva do BNG e secretario nacional da UPG.Os artigos están tirados do seu blogue persoal retrincosemanal