GC

Millán Astray desaparecerá do rueiro coruñés este ano

O Concello da Coruña quere borrar por completo a memoria do fundador de La Legión na cidade. Logo de proceder á retirada da súa estatua tamén cambiará, nos vindeiros meses, o nome da Praza na que se ubicaba.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 22/01/2010

  • versión para imprimir

Os servicios municipais procedían esta mañán a retirar o monumento de MIlán Astray nunha operación que levou unhas horas pero que transcurriu con "total tranquilidade", segundo informou a GC o concelleiro de Rehabilitación Urbana, Mario López Rico, que mesmo foi felicitado por varios veciños pola retirada deste simbolo da época franquista. Agora, a estatua estará depositada nos almacéns do concello, pero será entregada ao Exercito en breve.

 Praza 'Campo da leña'

O seguinte paso será retirar tamén o nome do militar da praza na que se ubicaba a súa esfinxe. Unha operación que levará algo máis de tempo, "probablemente uns dez meses", xa que está en mas dunha comisión municipal.

Polo momento non hai un nome previsto pero podería recuperar o nome da antigua praza, o de 'Campo da leña', espacio que na actualidade está dividido entre o que é a Praza de España e a propia Praza MIllán Astray.

Protestas

Por outra banda, a Asociación de ex veteranos de La Legión  ten previsto manifestarse para visualizar o seu rechazo a retirada da estatua do seu fundador e á intención do concello de cambiar a rúa.

Comentarios

2 comentarios
2

Desmemoriado

Bien por el concello... treinta años después. Gobierno de izquierdas, decían.

1

Cao

Ben polo concello. Xa ía sendo hora de sacar a ese pailán das rúas da Coruña. Agora que desapareza tamén das placas.

Comenta

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe



Millán Astray con Franco durante a Guerra Civil/ xornalcerto flikcr