As dificultades do grupo de comunicación lugués, propietario de El Progreso, do gratuíto De Luns a Venres, do xornal económico Nova +, do Diario de Pontevedra, a Axencia Galega de Noticias, Telelugo, Galiciaé e Galiciagastronómica, veñen de lonxe. De feito, o pasado ano xa despediu a nove traballadores de Diario de Pontevedra evitando presentar un ERE. Unhas accións que nos últimos meses se incrementaron aínda que non en forma de despidos, senón non renovando numerosos contratos temporais.
Os últimos despidos son os de AGN, medio que, según o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) tramita o despido de tres traballadores; dous xornalistas e unha comercial; un deles con máis de 20 anos na empresa. Dende outubro, AGN non fixo ningunha renovación de contratos nin de bolsas. Isto implica que o cadro de persoal da axencia xa se reduciu nunhas seis persoas, nove con estes novos despidos. Ademais, a dirección do grupo modificou a categoría do administrador e do director de AGN que pasarán, agora, a desempeñar labores comerciais.
Reestructuracións
A orixe destes cambios explicase polas reestructuracións que están tendo lugar no Grupo El Progreso desde que o administrador, Jose Manuel Rouco, se fixo cos fíos da empresa pola ausencia, por motivos de saúde, da presidenta, Blanca García Montenegro, viuda de Puro Cora. De feito, son moitos os traballadores deste medio que apuntan que "se a familia Cora estivera ao fronte como en épocas pasadas isto non tiña pasado así".
Con todo, a crise económica está na orixe dos cambios que están tendo lugar en El Progreso e que afectan a todos os medios galegos. O último deles, La Región, que ven de subscribir un ERE que afecta a máis de 30 traballadores. Precisamente, un dos membros da familia Outeiriño que levou as conversas cos sindicatos, sinalou que a situación do seu medio non era exclusiva e que moitos outros xornais estaban pasando dificultades. "Nós somos os primeiros, pero xa virán outros detrás", alertou.
Problemas entre El Progreso e La Región
De feito, parte das reestructuracións en AGN veñen motivadas pola propiedade da mesma, compartida entre La Región e El Progreso. Desde Lugo, acusan aos ourensáns de "bloquear" a ampliación desta axencia e de non querer venderlle a súa parte ao grupo lugués. Mesmo se barallou a posibilidade de pechar AGN, unha posibilidade que aínda non está completamente descartada. Sen embargo, os cambios do grupo El Progreso son máis profundos e afectan a todos os seus medios. Os recortes comezaron co Diario de Pontevedra, seguiron con Galiciaé, Nova +, De Luns a Venres e AGN e agora chegarán a El Progreso, que tampouco vai fuxir dos recortes de persoal.
Ademáis, nos últimos días este grupo de comunicación tamén recibiu unha mala noticia ao cancelar ADN o acordo que mantiña con De Luns a Venres para manter a cabeceira en Galicia. Unha suspensión que lle vai supor ao grupo lugués a perda de importantes soportes publicitarios.
Subvencións
Detras da situación do grupo, e en xeral de prácticamente todos os medios galegos, é o importante recorte de subvencións e axudas da Xunta de Galicia motivados pola crise económica. As xuntanzas entre os directores de xornais e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, para abordar esta cuestión teñen sido numerosas nos últimos meses. Unhas subvencións que, a pesar de ser menores a doutros anos, seguen mantendose.
Así, o grupo El Progreso recibiu recentemente máis de medio millón de euros de subvencións da Xunta. 532.000 foron para as súas cabeceiras: 272.000 euros para De Luns a Venres, 180.000 para o diario El Progreso de Lugo e 84.000 para Lérez Ediciones. Así se pode comprobar nos DOG do 14 e do 28 de agosto do ano pasado.
Unha situación que ten denunciado o SXG que lles pide aos distintos grupos parlamentarios que cumplan co acordo que eles mesmos asinaron na Cámara, a petición do propio sindicato, para vincular as axudas públicas ao mantemento e creación de postos de traballo estables.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O demo da crise pode estar en contra de todolos traballadores en xeral, pero o que é incomprensible e que a familia Cora sexa capaz de deixar o grupo en manos dunha persoa totalmente axea o mundo da comunicacíón e desfasada na faceta económica, que segue a pensar en roubar os traballadores para gañar cartos en lugar de preocuparse polo crecemento do medio de comunicación que rexenta. Os culpables, os mesmos donos do grupo empresarial que seguen a pensar no grupo El Progreso coma unha imprenta de cartos.
É unha pena que este xornal pase por dificultades. Non polos seus propietarios, que non mereceron herdalo, nin polo seu director financeiro, que é un cromañón loubán, senón polos seus traballadores de a pé, que fan posible un periódico distinto: o Progreso é a día de hoxe unha das cabeceiras mái plurais do país; ollade se non a súa sección de opinión, na que teñen cabida tódalas voces, de tódolos espectros e de tódalas ideoloxías. Goza dunha pluralidade que xa quixeran outros, comezando, como non, pola Voz Opusina.
"Saín dalí" apunta ao PP como causa de parte das desfeitas. Refréscolle a memoria: Fernando Salgado, ex conselleiro de Economía no tripartito de González Laxe, foi tamén director de El Progreso. Un grupo que só busca "conseguidores de subvencións" como a maioría dos medios galegos. Tamén estivo en La Voz de Galicia. Foi, mira ti, secretario xeral de Medios con Touriño. ESto, o PSOE. O Bng tamén ten os seus chanchullos con El Progreso. Coñezo de primeira man un caso dun xornalista despedido que non foi defendido polo sindicato nacionalista CIG por medo a represalias e a "non saír" nas noticias pouquiño antes de que gañara o bipartito. Logo virán estes politiquiños de medio pelo que temos a vendernos a burra de que non son todos iguais. Non, son peores ca iso. O que di a traballadora do Grupo é así: neste país só medran os industriais que se adican a chalanear cos políticos ou a explotar aos seus traballadores. Ou ambas as dúas cousas á vez, como é o caso.
El Progreso fixo un imperio a costa dos seus traballadores. Dos miseros salarios que nos pagan. Preguntade canto cobra un xornalista en Telelugo? Averiguade cantas persoas botaron de Telelugo no 2009? Así tamén creo eu unha grande empresa...
Na noite do ciclón Klaus, cando todo Lugo estivo sen luz, Orozco (alcalde de Lugo) prestoulle un xenerador a ¿¿¿?? Non foi a un hospital nin xeriatrico, etc Foi a xornal O Progreso ¿Isto conta como subvención?
Moita crise, pero para facer edificios novos, premios "inventados" (o Puro Cora" ou os lucenses do Ano son unha paletada) e demais chanchulladas, hai cartos. Pagarlle ben aos traballadores e buscar novas vías de negocio, que o fagan outros.
Rouco é "bo", pero, por se non chegase, contrataron a outro especialista en despedir xornalistas, e gran conseguidor de subvencións: Xesús Parga. Xa o fixo na Cope, agora está a destragar (quero dicir estruturar) El Progreso. http://www.galegos.info/es/jesus-pa... Pregunten aos avogados do Colexio de Xornalistas cantos despedidos pasaron por alí, que o saben ben.
Moi malo cando unha empresa depende, para a súa supervivencia (ou os seus beneficios) de subvencións, directas e indirectas (publicidade institucional).
O Progreso ten que esixir tamén axudas, e A región, O Faro de vigo e o Correo Gallego. Non vai se todo para La Voz de su Amo, perdón quixen dicir para La Voz de Galicia.
A dimisión do conselleiro de cultura debería ser inmediata despóis de tódolos numeritos catastróficos que están montando. Tanto Roberto Varela como Ignacio Santos deberían dimitir por nulidade profesional.
Portada El Progreso/ kiosko.net
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting