Comprobando que non consigue convencer a quen pretendía colocar na súa caricatura inicial –singularmente á RAG-, Feijoo utiliza a derradeira carta que ten na man:a vitoria electoral do 1-M lexitima, supostamente, todo o que está facendo.Formulemos, poren, algunhas preguntas pertinentes:cómo sabe que todas as persoas que votaron ao PPdG querían un tratamento para o galego semellante ao que agora propón?E aínda que fose así, resulta congruente forzar o cambio da normativa lingüística cando só existiu unha diferenza de 10.000 votos entre o PP e a suma dos apoios recibidos polo PSdG e o BNG?
Núñez Feijoo despreza o feito relevante de que o Plano de Normalización Lingüística do ano 2004 foi aprobado por consenso das tres forzas parlamentarias e non quere recoñecer que o decreto do ano 2007 contou co apoio do PPdG ate o último minuto e só fracasou como consecuencia das presións recibidas dende a rúa Genova.E con semellantes vimbios pretende convencer ao público de que vai rematar coa imposición e recuperar o consenso.A xornada mobilizadora do día 21 certifica que, de non mudar os seus plan, Feijoo non acadará o consenso e imporá o novo decreto por unha aritmética parlamentar equivalente á que permitiu a existencia do anterior.
As organizacións que participaron na demostración cívica do pasado xoves teñen a oportunidade de converter o illamento político no que se atopa o PP nun apoio social maioritario a unha proposta que garanta a presenza activa do galego no ensino.Para iso deberían evitar calquera tentación de protagonismo sectario ou rendabilización partidaria e adoptar como punto de encontro o recente ditame da Real Academia Galega.Por certo:se o presidente da Xunta acredita na opinión da consultora privada KPMG para promover a fusión das Caixas galegas, por qué non aceita a opinión da RAG sobre a política lingüística?
Xesús Veiga
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Hitler tamén se presentou ás eleccións. Himmler aplicou a "solución final" e Feijimmler está a aplicar a "solución armónica". Comparten o desexo de eliminar a un pobo.
¿Qué lle queda pois ao señor Feijóo?. El dixo que sabía diso de xestionar os cartos públicos. Pero resulta que á hora de verdade nin siquera sabe xestionar o seu autoodio e queda así "pampo de todo" sen actuar frente á crise económica. Paralizado pola envexa de non ser o máis guapo da clase, o máis rico, nen o máis listo. De ter sido simplemente o escollido de Madrid, esa palabra poderosa na súa imaxinación que sustitúe a tódalas patrias. Madrid con sus cantos de sirena, ¿y él?, ¿quien es?, ¿donde está?. Así, paralizado non é capaz de xestionar os cartos públicos, só é capaz de ir enviando os cartos dos galegos en sobres cara a capital de España, cara a capital dos seus desexos. Madrid pone en el destinatario una y otra vez, concurso tras concurso. E, mentres repite a frase de que os galegos estamos ensimismados, de que debemos abrirnos cara fora. E, este abrirse digo eu ¿será o que estamos pensando todos?
O problema de Feijóo é un problema básico de carencia de status, de carisma, de lexitimidade e de verdadeira vocación política. Non ten status intelectual o cal fai que odie aos representantes da cultura deste país. Non ten status económico porque na realidade non é máis cun novo rico cabreado de non ser rico como os ricos de verdade deste país. Non ten status político porque para iso fai falla status intelectual, ideas de verdade, e non estratexias de manipulación de masas e pactos coas forzas escuras deste país. E, así, carente de todo status non é capaz de lexitimar o seu poder, porque realmente el sabe que o seu poder non é lexítimo. Por iso recurre á chulería e á violencia verbal contra Galicia. E por iso se cabrea de que Galicia fale, de que non sexa unha boneca á que desangrar cando convir. Galicia fala e protesta e está viva; e iso para un apátrida sen personalidade, nen fala, nen status, é insoportable.
Si, a derradeira ou a última. Xa verás como este peixe ten outro as gardado na man. Por exemplo, o control dos medios e a pleitesía que lle rinde La Voz. Así que aí pode enmendar todo ou enredar todo que é ao que se adica.
Eu sinto vergoña allea cando escoito falar a Feijóo e coido que non son a única persoa que sinte isto. Magoa de ver a un presidente caer tan baixo na escala de valores e apuntar cara á sociedade civil con esa cruenta voracidade. Eu non comprendo este odio baleiro e sen sentido que move ao señor Feijóo.
Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting