Turismo, Fitur e Lugo10

Esta semana foi pródiga en acontecementos, espero e desexo que positivos, para o turismo en Lugo. Voume referir a eles dun xeito breve.

Por José L. Orozco | Lugo | 24/01/2010

  • versión para imprimir

En primeiro lugar deuse o visto e prace por parte dos tres grupos políticos do Concello a unha vella aspiración: iniciar os trámites a fin de constituír unha empresa mixta de Turismo con maioría de capital Municipal e que conte coa participación de socios do sector sen ánimo de lucro (de haber dividendos sempre serían para investir na empresa), para xestionar, dinamizar e mellorar o sector dentro do Concello. Suspiramos sempre por profesionalizar o desenvolvemento municipal do sector que comeza a ter unha certa relevancia na vida económica de Lugo. É importante facelo da man do empresariado da hostalería porque ninguén como eles coñecen ese mundo económico. Aspiro a que o ano que ven podamos levar e negociar nas feiras de turismo paquetes turísticos que fagan referencia o noso Concello.

En segundo lugar asistín a inauguración de FITUR, unha das feiras internacionais de Turismo máis importantes a nivel mundial. Estamos representados no pavillón de TURGALICIA que este ano está dedicado sobre todo o Xacobeo. Penso que a unión fai a forza e se Galicia é hoxe un producto turístico de primeiro orde, é bo sumar sinerxías co fin de favorecer ese todo e favorecerse do todo.

E en terceiro lugar, e relacionado con FITUR, presentamos o Lugo10, que é o emblema que este ano debe levar a cabo a nosa cidade con motivo do décimo aniversario da proclamación da Muralla como Patrimonio Mundial. Queremos que sexa un emblema feito por todos, tal como sucedeu con tanto como se fixo para a declaración da Unesco do ano 2000. Por iso estamos a chamar a todas as “portas” de Lugo, a fin de que tanto canto se faga por todos no conxunto do Concello neste ano, leve o nome de Lugo10. Pero sobre todo queremos incidir fóra dos nosos límites para que Lugo, precisamente pola súa Muralla e polas outras excelencias que o conforman, sexa máis coñecido e por iso máis visitado. É un labor de TOD@S.

José L. Orozco




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
6

Carmelo

Las críticas son buenas para ver desde otros puntos de vista las cosas, pero siempre que se hagan con fundamento, y a veces esto no ocurre. Todo el mundo puede opinar lo que quiera pero se debe hacer pensando un poco lo que se dice, no lo primero que se le pase a uno por la cabeza, en un momento dado. Todo el mundo tiene sus más y sus menos. Pero una cosa que no se le puede criticar a este alcalde, es que no se preocupa por su ciudad. Orozco está peleando por los lucenses (la apertura del Nuevo Hospital, que lo lleva reclamando a la Xunta. También su petición de crear un centro de datos en Lugo con la fusión de las cajas). Este alcalde piensa en en Lugo, FITUR ha sido una puerta para dar a conocer la ciudad y el aniversario de la Muralla van a permtir darla a conocer mucho más. Sino al tiempo. Hay que pensar algo más todo lo que ya está programado hacerse, tanto en turismo como en infraestructuras, etc. y lo que ya está hecho, que en criticar porque sí.


5

David

Pienso que el Alcalde de Lugo no lo está haciendo tan mal como se pinta. Tiene cosas que mejorar como todos los alcaldes, puesto que nadie es perfecto. Pero está dando a Lugo muchos puntos dentro y fuera de Galicia, para que se conozca, mejore y los lucenses estén contentos de vivir en Lugo. Pienso que Orozco ha traído a Lugo muchas cosas positivas: espectáculos, ferias, infraestructuras, etc. Además, FITUR ha sido buena para dar a conocer Lugo y, se va a crear una empresa de turismo (ha aparecido en prensa no hace mucho). Pienso que las cosas tienen que ir poco a poco, de un día para otro no se hacen. Pero no podemos culpar al Alcalde de Lugo de no preocuparse por la ciudad, porque pienso que eso es caer en demagogia y no ver lo positivo que hace por ella.


4

anónimo

oes, habería que propoñer á sección informática/chateo/ruxeruxe da sede do PP en Lugo ao premio ao activismo interneteiro, estades a facer as cousas moi pero que moi profesional, como dicía Manquiña. Noraboa ao equipo maledicendias, sección contraataque, división informática, subgrupo NNXeracións, barra gañando un postiño, apéndice sub-25. Cada vez que sae algo de Lugo, sexa a Barcón, o Orozco ou pepiñowhite estades no allo. Se hai que defender ao vice de Fraga, ao Barreiro, tamén. Sodes uns currantes, coño. O da defensa dos cartos dos lucenses é de admirar despóis de ter que aguantar os chanchullos de Cacharro. Que tragadeiras tedes


3

RubenM

Agora que o PSOE fai pública a súa intención de prolongar a idade de xubilación é unha mágoa que o alcalde de Lugo estea tan próximo ao seu retiro forzoso. Os lucenses estamos cansos dun rexedor que fala moito pero fai pouco. A xestión da Alcaldía é nefasta. O mellor é que se marche para a súa casa e deixe de facer viaxes a conta dos cartos de todos os lucenses, viaxes sen ningún proveito


2

undelugo

O alcalde de Lugo ten moito tempo libre polo que se ve, ou moitos asesores a soldo que fan de negros. Eu diría que ambas cousas son certas. Hai un par de anos fixo Orozco e mailos seus unha viaxe a China, os chineses ían vir en manadas facer turismo a Lugo. Nin o primeiro. Ese é Orozco, e así leva dez anos.


1

Jose

Pero ahora tmabién tenemos al señor alcalde de Lugo por aquí. A ver cuando saca a Lugo del armario en la que la tiene escondida desde hace años. Mucho Fitur, mucho turismo, mucho hablar de lo mal que está el Xacobeo y yo me pregunta si Lugo existe. Existe Lugo señor Orozco?


José Clemente López Orozco

naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog