Efectivamente, esta mañá no Hotel San Francisco, os asistentes puideron comprobar cómo o señor Presidente da Xunta é capaz de elaborar un discurso que poderían suscribir casque todas as organizacións ambientalistas e, dende logo, a meirande parte da sociedade galega… A lástima é que isto foi todo e que isto é todo.. Como diría aquela canción dos anos sesenta do pasado século.. “parole, parole…”. Por certo, nada máis que “parole” e un discreto folletiño para os alcaldes, sindicalistas, parlamentarios, empresarios, técnicos e representantes de distintas institucións que Feijoo nombrou unha e outra vez – quizás tentando demostrar o seu poder de convocatoria – pero que non mereceron que se lles dira nin un resumo do que a Xunta propón para o litoral… Vese que a “austeridade” ía a cargo diso e non do super video en formato “sete pantallas” có que nos deleitaron onde puidemos comprobar qué duro era o traballo que tiñan que facer, qué fermosa é a nosa costa e qué variada..
Lástima que en plena orxía da natureza, o Presidente da Xunta non nos explicara cómo se compadecen as súas palabras coa autorización para instalar unha planta acuícola en Touriñán – convenientemente o video remataba xustiño antes de chegar á vista do fermoso cabo.. non fora a ser que a vista deixara en evidencia o espíritu naturista de Feijoo - ; qué ten que ver o chamamento ó consenso con tentar aprobar a reforma da Lei do Solo - pequena e que non soluciona gran cousa – pola via de urxencia e cales son as razóns para facer esta presentación antes de que teñamos craro por donde van a ir as Directrices de Ordeación do Territorio (durmindo o soño dos xustos dende a chegada deste Goberno). Lástima que Feijoo non atopara un tempo no seu discurso para explicarnos estas e outras dúbidas que fan que nos acheguemos con moito escepticismo a un documento que nin coñecemos nin, ó parecer, poderemos coñecer hasta que “chegue polo conducto regulamentario” (¡!?) segundo nos informaron hoxe..
Cada palabra desta mañá non foi senón unha enmenda á totalidade do urbanismo feito ó longo dos gobernos populares, non foi senón o recoñecemento do moito que se teñen engañado poñendo por diante do interés colectivo o daqueles que só buscan o aproveitamento económico inmediato ainda que sexa a costa do noso patrimonio máis prezado, o noso territorio. Cada palabra desta mañá retrotraíanos ás decisións que permitiron destrozar unha parte sustancial do noso litoral, que sacralizaron modelos tipo Sanxenxo e que fixeron da especulación urbanística o eixe en torno ó cal se trazou a política do territorio. Cada palabra era unha enmenda ós gobernos de Fraga e ó Conselleiro Feijoo.. Lástima que baixo esa declaración de bós propósitos non se agoche moito máis que decisións que nos levan de novo ó pasado.. Agora é cando, Touriñán é donde.
Mar Barcón
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
E logo que lle pregunten a Conde Roa por iso da dobre moral?. Algúns PPeros non lles chega con dobre moral que necesitan triple o cuadruple moral para encaixar tódalas súas triples ou cuadruples vidas, verdade?. O mesmo Presi dando exemplo...
hombre, un pepero hablando de doble moral, es como una puta hablando de la castidad, cachondomental
Que lle pregunten ao alcalde de Foz,do psdg,o ledo que esta coa nova lei do litoral... coma sempre o psdg usa a dobre moral e por iso lles dimos rua fai un ano.
Ai, Dona Mar, moi ben polo de Touriñan, pero cando o seu partido aprobou, por exemplo, o de Corrubedo ¿onde estaba vostede? ¿por que non falou daquela?
Pois a culpa de que o urbanismo en Galicia sexa un desastre é das actuacións e decisións do goberno do PP en materia urbanística. Non é nin deste nin daquel técnico (cabezas de turco da prensa intoxicadora). A CULPA É DO GOBERNO QUE PACTA DE PRIMEIRA MAN COS RESPONSABLES DA ESPECULACIÓN MÁIS FEROZ. ¿DE QUEN VAI SER?. HAI QUE ESTAR MOI CEGO PARA NON VER ISTO E HAI QUE SER MOI PAMPO PARA NON VER OS PROPÓSITOS REAIS DE FEIJÓO E A SÚA PROPOSTA DE DESTRUCIÓN TERRITORIAL. E, despois vai o Frijolito e dille aos colegas: Es que Galicia es muy fea....
Noraboa polo artigo e non so porque está en galego senón porque di vostede verdades como templos e coloca ao señor presidente á altura do betún que é o que se merece.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting