Os principais dirixentes do PPdeG non queren que se reproduzan batallas de anos pasados que supuxeron, á longa, a perda do Goberno da Xunta logo da defenestración de Rajoy e Romay, primeiro, e de Cuíña e Cacharro, máis tarde. E para iso, están dispostos a acabar, dunha vez por todas, cos movementos críticos.
Por iso desacreditan a existencia de correntes internas "galeguistas", como as que representan Rafael Cuíña ou o sector ourensán encabezado polos Baltar e aseguran que todo se trata de "puro marqueting" en momentos puntuais; por un lado polo proceso congresual ourensán e polo outro, polo novo decreto do galego. "Dame a risa escoitar que Baltar é galeguista. O que é é un oportunista", asegura un diputado popular colaborador de Feijóo. "E Cuíña, ese quen é?. Eu coñecía ao pai, pero do fillo pouco sei", ironiza sobre as declaracións que este destacado militante realizou a GC.
Unión entre Baltar e Cuíña
E é que na Nécora --a sede do PPdeG- cren que, tanto os Baltar, como Rafa Cuíña, actúan de xeito coordinado para tentar "desestabilizar" ao partido. "Queren facerlle crer a algúns militantes que o galeguismo do PP está en perigo", indica outro cargo orgánico do Partido Popular consultado por GC. "Nada máis lonxe da realidade. O PP é o mesmo de sempre, o de Fraga, o de Rajoy e agora, sobre todo, o de Feijóo e é máis galeguista que nunca", suliña.
A dirección popular non vai a entrar en "dimes e diretes" nin con Baltar, nin con Cuiña, na cuestión do galeguismo do PPdeG. "Iso é o que queren algúns. Ter a súa dose de protagonismo", aseguran as fontes consultadas que descartan que a posición do partido sobre o decreto do galego teña causado fracturas. E para destacar a "gran harmonía" que existen nas filas populares recollen as palabras do propio Feijóo; "O comité de dirección do partido expresou a súa unanimidade con respecto á postura da Xunta". E aí termina a polémica. "Insisto. O PPdeG é o de Feijóo, nin o dos galeguistas, nin os de Madrid".
A guerra dos dossieres
A pesar do "ninguneo" da Nécora as opinións "galeguistas" de certos dirixentes populares, o certo é que na dirección deste partido en Galicia hai certo nerviosismo co que está a acontecer en Ourense e coa imaxe que se está trasladando aos militantes e ao conxunto dos cidadáns galegos.
E, aínda que na Nécora eran reticentes a entrar en confrontación directa, o certo é que Feijóo e os seus xa se teñen postulado oficialmente do lado de Jiménez Morán. Por iso, os continuos chamamentos á "renovación" feitos polo portavoz popular Antonio Rodríguez Miranda e a intención de levar "observadores neutrais" ao congreso teñen caldeado o ambiente.
Nesta guerra sucia non se descarta nada. Nas últimas horas mesmo cobra importancia a posibilidade de que os dous sectores utilicen a certos medios de comunicación para desacreditar ao opoñente. Segundo informaron fontes populares a GC, tanto La Voz de Galicia, como La Región poderían ser os medios escollidos polos oficialistas e polos baltaristas para a publicación de sendos dossieres sobre supostas actividades irregulares tanto de Baltar coma de Jiménez Morán. Informes que mesmo afectaría a vida persoal dos contendentes. Unha estratexia que non gusta a ningunha das partes. Por iso, dirixentes dun e doutro lado piden sosego e que "non chegue o sangue o río".
Segundo os seus afíns, unha mostra desta boa "vontade" foi o anuncio de José Manuel Baltar de non impugnar a candidatura de Jiménez Morán pola presencia de máis de 170 avais duplicados na súa candidatura. A esta cuestión referianse os principais actores do proceso congresual en Ourense:
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Que o PP ataque por detrás a un Cuiña debe ser tradición no partido, xa o fixeron co pai e agora o fan co fillo
Está claro que si que Cuiña fillo es alguien, para fastidiar al PP. No cabe duda de que está haciendo un gran servicio a su amigo Quintana.
Baltares, cuiñas y cacharros son una rémora para el PP. Obtienen votos en pequeños municipios como todos sabemos, pero eso es algo a superar. Cuiña padre era todo un personaje que con sus graves defectos consiguió muchos triunfos para el partido. Su hijo es un don nadie que habla de Galicia como nación, lo cual le sitúa directamente fuera del PP. Ya está bien de vivir del apellido.
Que burros sodes no PP. Tedes un rapaz con tirón mediático e falades mal del de xeito anónimo. Os dirixentes anónimos mentres o militante valente, cales son os falsos nesta historia?
Este chico es muy personalista ¿no?. Yo soy Galicia, pero sin gallegos, yo soy el Presidente, pero sin partido, yo soy el que manda, pero no tengo ideas. YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO, YO.... Y TODOS LOS QUE NO SON YO será que están ensimismados y no me ven que soy YO.... Esto en patología psiquiátrica tiene un nombre...
No hay duda Periquito es un troll. No hay más que ver como se expresa. Falta que diga el famoso: "Por elo", extraña invención lingüística de Feijóo... que sabe menos gallego que los turistas madrileños que llegan a Sanxenxo.
Este es el comentario sobre el tema que más me gustó: "Cuiña non vive da política e pode decir abertamente o que pensa. Hai moitos outros no PP que pensan igual pero non se atreven a decilo. Si o seu amor por Galicia fose mais grande que o seu amor polos seus intereses( postiño de traballo, favores e prebendas ...) xa estarían clamando contra o exterminador da nosa lingua. Hai moitisima xente no PP que no se move por ideais, senon por intereses"
Baltar reúnese con NN.XX./baltar.com
Rafael Cuíña/wikipedia.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting