Un estase habituando a ver a Gloria Lago e a Galicia Bilingüe presentada nalgúns medios de comunicación como unha especie de Martin Luther King, como defensores dos dereitos civís e das liberdades contra vento e marea, eu lamento disentir, pero sinceramente vexoos moito máis similares ao Ku Klux Klan, un grupo que defende ainda hoxe nos EUA os privilexios dos brancos, a raza históricamente dominante e detentora do poder, sobre os negros, a raza escravizada e carente de calquera dereito ou liberdade; efectivamente Galicia Bilingüe defende, de facto, a posibilidade de non ter nengún tipo de contacto co galego, é fácil pillar na trampa do seu falso liberalismo a estes grupos, ata antes de onte, en termos históricos, o galego estaba prohibido, tiña unha espazo concedido polas autoridades non democráticas do momento exactamente do 0%, sen embargo nunca oimos a GB (tampouco ao PP e ao PSOE) cuestionar nin de forma retrospectiva, nin naquel momento os que xa tiñan idade para facelo, nin de ningunha outra forma a prohibición da nosa língua e a imposición do castelán ao 100% sen reservar nengún espazo para o galego no ensino, na administración e na igrexa, estes grupos son os que agora, perante tímidas tentativas por ir conseguindo a normalización do galego en Galicia, non en China, e cotas do 50% no ensino non universitario, comezan a falar de imposición do galego. E eu pergunto-me: é imposición por en Galicia un 50% de galego pero non un 100% de castelán como nos últimos cinco séculos ata hai trinta anos?
Eu creo que eses grupos teñen un obxectivo ideolóxico claro consistente na homoxeneización linguística e cultural de España, e para a consecución dese obxectivo a pervivencia e promoción da língua galega é un obstáculo que compre eliminar. Non é a liberdade o que preocupa a estes grupos, o que estes grupos procuran é o dereito a non ter en Galicia nengún tipo de contato cunha língua que desprezan. Non defenden o seu dereito a desenvolveren a sua vida en castelán ou á aprendizaxe do castelán, dereitos sobradamente garantidos na prática, senón que pretenden que os que falamos galego continuemos a ter dificultades para desenvolvermos a nosa vida, na nosa terra, na nosa língua e a isto eles é o que lle chaman liberdade. Lin recentemente como nun medio de Madrid, se lle reprochaba a Galicia Bilíngüe, a quen consideraban defensores do castelán en detrimento do galego en Galicia, que se ocultasen con cobardía baixo unha máscara “politicamente correcta” de defensores do bilingüismo, eu engado, a mentira e a manipulación é bastante peor que a cobardía.
Definitivamente encontrolle aos de GB moitos máis parecidos co KKK que con Luther King porque defenden privilexios inxustos do pasado que sempre lles pareceron ben, pero non contentes con iso, teñen a pouca vergoña de protestar contra esta tímida presenza do galego en aras dunha pretendida defensa da liberdade. E eu preguntome, como é posible que grupos conservadores e autoritarios, que nunca defenderon nengún tipo de liberdade na nosa sociedade, non só linguística, e que hoxe están presentes em amplos sectores do conservador e centralista Partido Popular, veñan agora a se autoproclamaren defensores da liberdade para esmagar a unha língua secularmente prohibida como o galego?. Di Rosa Díez que os idiomas non teñen dereitos, son as persoas os que os teñen, e polo tanto as persoas que falaban galego atá finais dos anos setenta non tiñan ningún tipo de dereito como galegofalantes, esta agresión brutal ás liberdades individuais e aos dereitos civís da inmensa maioria da poboación galega nunca ofendeu, sen embargo, nen a Rosa Díez, nin a Gloria Lago nin a Núñez Feijoo a pesar de ser agora uns autoproclamados defensores das liberdades.
Eu considerome liberal, polo que este uso falso da palabra liberdade me resulta doloroso. Para mim a liberdade no terreno linguístico consiste en primeiro lugar na liberdade que aporta o saber. Hai que saber unha língua para depois poder escoller falala ou non falala. Hoxe dase un analfabetismo funcional en galego e en inglés de grandísima parte da xuventude urbana galega, que é o segmento poboacional que marca tendencia en todas as sociedades, mentres todos son capaces de falar castelán con fluidez. Esta é a realidade que non preocupa ao Partido Popular en absoluto, a realidade que achega ao Partido Popular ao seu obxectivo ideal dunha España homoxeneizada e empobrecida linguisticamente na que só se fale castelán ao mellor estilo Rajoy, que só sabe falar castelán.
Por tanto, en primeiro lugar, está a liberdade do saber para poder escoller. Algo que preocuparia a calquera galego liberal e/ou democrata pero que non preocupa aos señores do PP. Converxencia XXI, a organización política á que pertenzo, defende a necesidade de garantir o coñecemento universal en Galicia do galego, castelán e inglés pero sin esquecer que o que non saben hoxe moitos mozos galegos das cidades é a nosa língua, ademáis do inglés, polo que recurtar a sua presenza vai en detrimento da liberdade que nace do coñecemento.
En segundo lugar, garantir que sexa posible unha escolla real para poder desenvolver a vida en galego en Galicia, algo que hoxe non é posible en variados ámbitos, como o da xustiza, cuxo responsable socialista a nivel central non sabemos que medidas pensa tomar para garantilo ademáis de ir a algunha manifestación, e o mundo da empresa, entre moitos outros, é algo que tampouco preocupa nin ao Partido Popular nin ao Partido Socialista a non ser que o teñan tan oculto que non o queiran mencionar nunca.
Permitaseme para rematar, e excepcionalmente, a inmodestia de dicir que os que nos parecemos a Luther King somos os que traballamos e loitamos, sempre pacifica e democraticamente, a favor da língua dos nosos antergos, da dignidade dunha lingua que ata antes de onte, en termos históricos, estaba prohibida e desprezada polos poderes públicos e da equiparación total do estatuto xurídico das duas línguas actuais de Galicia, dos dereitos e liberdades individuais das persoas que libremente escollen falar galego, e de garantir a liberdade de que todas as persoas saiban falar galego, que é algo que só o ensino non universitario pode garantir, para que despois poidan optar libremente por falalo ou non falalo.
Carlos Vázquez Padín
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
"stangis, vou ter que encomillar todo o que escribo, por que vexo que non pasas unha, pero recuerda que "Como siempre: "Fala de merda o maia cagado", me replicas faltas de ortografía, mira com has escrito dios, aunque sea agnóstico o ateo, "dios" es con mayúscula. Enterao que eres un enterao. Con listos como ti, nunca sairemos da crise.
Muy bien Sete, con señorío, como dios manda. Por lo menos ya mejoraste algo y las faltas no son tan garrafales. Ánimo, que perseverando lo harás cada vez mejor, y tu hijo se sentirá orgulloso de papá cuando vaya al EXTRANGERO. Dios guarde a vd. muchos años.
Papuxas: o mellor que podes facer é cagar de monte, que seguro que será o único que fagas ben... e seguro que é onde cagas sempre. Strangis: o mellor que poder facer ti tamén é cargar co teu amigo nacionalista de papuxas. Está claro que non son do PP, se nón contrario ás imposicións veñan de quen veñan. Ou e que que o BNG non fixo durante o bipartito imposicións.... ahora vai ser que todos somos santos..... Unha aperta ... e como dís : "a los pies de su señora"
Nada SETE, a seguir bien y saludos a la familia. Recuerda que para llevarle la contraria a uno del Pepé no hay que ser necesariamente nacionalista ni siquiera del PSOE, algunos incluso marcan/mos distancias. Fino siempre, repasa tu primera intervención y luego haz propósito de enmienda y dolor de los pecados. Afectuosamente suyo, a los pies de su señora
Nada SETE, a seguir bien y saludos a la familia. Recuerda que para llevarle la contraria a uno del Pepé no hay que ser necesariamente nacionalista ni siquiera del PSOE, algunos incluso marcan/mos distancias. Fino siempre, repasa tu primera intervención y luego haz propósito de enmienda y dolor de los pecados. Afectuosamente suyo, a los pies de su señora
Señor SETEBISTEQUELES,pois eu como son do monte,mándote cagar de campo,entiendes listillo.
Corcholis, Strangers in the night,por no decir "Carallo, que finito te has vuelto", así da gusto,(parecías un revoluÇonario, ostia, menos mal que te entrou a cordura, non serás do bipartito?, no? unha aperta tamén para ti, non nos esquenzamos que o importante é o artigo de Carlos e que este espazo é para comentarios e non para disputas particulares. Voltando o tema: Eu estou de acordo con Carlos, a lingua hai que dignificala, non impoñela, e eu quero que os meus fillos non sexan escravos las imposiçóns lingúisticas dun partido.
Setebistequeles, que te cogieron en las berzas, machiño.Las patadas al diccionario son las tuyas, guapetón. Ánimo y a seguir escribiendo, que siempre se aprende. Sin otro particular, aprovecho la ocasión para saludarle muy atentamente.
veamos, Carlos, al fin sale en los comentarios, un paleto parroquiano, de los que creen que por escribir "Strangers in the night", ya pueden salir por el mundo. Ti rapaz eres tan listo que te perdes por o camiño (isto en galego seguro que o entendes): no hablaré más de ti, para que no te sientas alabado, pareces un clónico de estos que alaban a "naÇon de breogán" solo te falta meterle alguna patada al diccionario al estilo del de barbas con la cabeza de lado, lo conoces? un ese que é un prescindiBEL, un impresentaBEL, etc. Anda ya, paletiños, dejar de reivindicar a lingua. Falado omo dos de a gana. O BNG pore sorte non podo impoñer a lingua, que e o que faltaba, tanto anos reclamando a libertade, danlle 4 años de poder e mitra aque se dedican ..... a fager funcionarios ós amigos e a obrigar a estudar en galego...é incrediBLE, como diriades vos...
O da referencia ao BNG hai que llo perdoar, ten que ir procurando espazo para Converxencia XXI e de aí a referencia. Tamén citou ao PSOE metendo un dedo no ollo ao ministro de xustiza. Un partido como CXXI tenta facerse un oco tirando tallada aos tres partidos. Indo ao cerne do artigo a defensa do galego é evidente, e alégrome que así sexa. Defende tamén unha sociedade preparada onde a competencia lingüística no inglés sexa boa. E o castelán non precisa defensa porque xa é unha lingua de coñecemento e uso común en Galiza (acaso non ?). Non só non renega do trilingüísmo senón que o defende, non como Feijoo para quen se trata só de empregalo como coartada para darlle unha puñalada ao galego. Respecto de GB (Galicia Bífida) deixa ben as claras cal é o seu obxectivo: non é a liberdade de escolla lingüística, senón o vivir en Galiza sen coñecer o galego.
Fundador e Secretario Xeral de Converxencia XXI. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade dirixe o seu propio negocio.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting