O PSdeG criticou este mércores a privatización da oficina de software libre Mancomun.org, noticia que adiantou Galicia Confidencial este luns.
O secretario de Novas Tecnoloxías do PSdeG, Antonio Sánchez Espantoso, censurou o “afán privatizador da Xunta” así como o “desprezo” amosado aos traballadores ao dicir que Mancomun.org “simplemente é un portal de Internet”.
Sánchez Espantoso defendeu que Mancomun.org “é moito máis que unha páxina web” xa que é “un proxecto composto por voluntarios, axentes sociais e técnicos ademais de unha aposta polo fomento, promoción e execución do doftware libre”. Unha aposta que foi emprendida polo anterior Goberno da Xunta, mediante a contratación de traballadores por concurso público, “dos que a maior parte xa foron despedidos coa chegada do PP ao Goberno galego”.
O político cuestionou ademais que unha empresa privada xestione grupos de voluntarios e que mediante a privatización do servizo se manteña o obxectivo de fomentar o software libre en Galicia.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting