Tal e como xa contamos neste xornal, ao xefe do Executivo galego non lle gusta o nomeamento de Ferrín. E así o deixou claro na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. A preguntas deste medio, Feijóo evitou polemizar co escritor ou coa RAG, e suliñou que respeta a decisión dos seus membros porque foi "democrática". "Se esas son as normas eu respeto as normas", dixo.
"Tócaralle a el, como dixo, non politizar a Real Academia e falar pouco e defender máis a riqueza do galego e a supervivencia do galego", aclarou ao ser preguntado polas vinculacións políticas de Ferrín. Así, dixo respetar o seu pasado como escritor, "do que participo", pero do seu pasdo politico, el é o responsable", aclarou. "Non sei se o pasado político das persoas que están nas institucións marcan a súa actividade. Espero que non", insistiu.
Gobernar Galicia
O presidente galego apostou pola prudencia e pediu tempo para ver se o tempo "da ou quita razóns", sobre a ideonidade da elección de Ferrín. En todo caso insistiu en que a relación da xunta coa Academia non vai a variar. "Será de respeto e comprensión sobre as súas propostas e despois o goberno terá que gobernar porque o goberno ten unha competencia indelegable que é gobernar", engadiu.
Cumio europeo en Santiago
Por outra banda, Feijóo calificou de "decepcionante e equivocada" a decisión do Goberno central de non celebrar o cumio de cultura da UE en Santiago e argumentou que Compostela é, nestes momentos, grazas ao Xacobeo, a capital cultural de Europa. "Desde o punto de vista cultural, da cultura europea, hai moi poucas cidades que se poidan comparar con Santiago, desde logo, en España, ninguha", salientou. Por iso, anunciou que falará coa vicepresidenta do Goberno central para amosarlle o seu malestar por esta decisión e pediulle a outras formacións, especialmente ao PSdeG, que reflexionen "cando din que o Camiño necesita máis apoio".
O presidente galego non critiou, sen embargo, a presencia da Familia Real en Jaca, e non na capital de Galicia, para inaugurar o Ano Santo. Así, resaltou que o importante é que tamén veñan a Compostela e dixo que invitará aos monarcas españois e a súa familia a visitar Santiago. Sobre o acto da antiga capital do Reino de Aragón, sinalou que el tamén irá e destacou a importancia do "inicio e do final" do Camiño.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Foi falar Xudas dos chivatos carallo¡¡¡¡ Digho eu tamén que se vostede saca a língua a pacer e dí o que lle peta cando ten un cargo que representa a todos os galegos. Pois Ferrin terá dereito a facer o mesmo ou¡¡. Respete a quen non pensa coma vostede Feijoo. E así me gusta 50%/50% volvendo ó rego.. sí, sí , que sí, que xa sabemos que era o que dicía desde o principio. Por iso con Fraga no 2005 e vostede de vicepresidente tiñamos ese sistema, ....
Claro que vai a defender o galego! Namentres vostede está a defenestralo. Dame asco lelo, oilo, velo.... todo!
Señor Feijóo. Eu quérolle ben pero isto de gobernar non é para vostede. Modérese porque os que votaron ao PP non votaron a Fuerza Nueva. E vostede ten votos do PP non dun Franco resucitado. Coas súas declaracións fai tempo que sobrepasou vostede a liña da estrema dereita e a liña do políticamente correcto. É vostede un radical no preciso senso do termo.
Aplíquese o conto señor Feijoo, fale pouco, moi pouquiño, faga moito, ou polo menos algo.. que por agora desde que chegou ó goberno non fixo máis que falar. E defenda o galego e déixese de atacalo.
Xa o temos de novo, maltratando ao país no canto de tratar de solventar os graves problemas polos que atravesamos desde que este tipo, acomplexado e limitado sentou na cadeira do Presidente.
Facendo amigos o Sr Feijoo como xa é habitual, o consello a Ferrín que o aplique en si mesmo que é o que nese asunto ten o "gallumbo" menos limpo
A este tío que lle dan de comer. Vai de mal en peor. Como siga así vai a botar a toda Galicia na súa contra
Feijóo na rolda de prensa do Consello/ Xunta
Xosé Luis Méndez Ferrín/ flickr. puentebello
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting