Corrían os principios dos 90 cando Centristas de Galicia (o partido hexemónico por aquel entonces en Ourense) era quen de acadar o 32% dos votos nas municipais, mentres o PP non pasaba do 29%, e foi por aquelas cando ambos partidos se fusionaron.
Dende aqueles días segue aberta unha profunda fenda na dereita ourensán que lonxe de pecharse aínda afondou máis nestes días.
Nesta provincia no PP sempre houbo a dicotomía urbán-rural, boina-birrete, galeguistas-castelanistas, centristas de galicia-alianza popular. E esas etiquetas aínda perduran. A pesares de pasar case 20 anos e de ter chegado xente nova o PP, este partido segue a ser un grupo político dominado por xente de moita idade, e os que entran novos veñen aleccionados por un ou por outro sector rezumando odio contra os seus “compañeiros” de partido.
O caso é que tanto Rajoy como Feijóo molláronse neste proceso debido o seu posicionamento, quen aínda que non foi explícito, era de todos coñecido. E o problema que ten ó decantarse por unha ou outra opción e que podes gañar ou perder, e eles perderon estrepitosamente.
Esta é sen dúbida ningunha a primeira gran derrota de Feijóo, e venlle das mans dos seus "socios" políticos en Ourense, esa franquicia que o PP ten na provincia das Burgas, os da boina ou ex-Centristas de Galicia.
Baltar e a súa xente déronlle unha lección a todos os ex-alianza popular e a todos os novos acólitos desta dereita discípula desa nova dereita dos Rajoy, Aguirre, Camps e outras herbas, desa nova dereita sectaria e prepotente.
Que ninguén me malinterprete pensando que agora me acabo de converter nun baltarista. Pero hoxe por hoxe considero que o persoeiro político máis perigoso para o ben do noso País é o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e por extensión na provincia ourensán Rogelio Martínez e Jiménez Morán.
Pero esta guerra non rematou aquí coñecendo como actúa o presidente do PP de Galicia. Non lle será nada doado a Baltar Pumar, por non dicir case imposible, colocar ós seus nas candidaturas das vindeiras eleccións municipais, porque quen ten a última palabra neste proceso é o partido en Santiago de Compostela. Aquí si que poden volver a saltar chispas, como xa ten pasado outras veces. Aquí pode dar comezo outra guerra máis dentro da dereita galega. Eso se para aquelas seguen unidos.
Baltar Pumar sabe que el ten a 45 alcaldes por 15 de Feijóo, a 22 portavoces municipais por 10 de Feijóo, a 12 deputados provinciais por 2 de Feijóo, a 3 deputados autonómicos por 4 de Feijóo, a 1 senador por 2 de Feijóo e a 1 deputada nacional por outro de Feijóo.
Con estes números na man vai ter que se velar moito o PP do birrete para soprarlle o baltarismo en Ourense, porque saben que están baixo a eterna ameaza de dar un golpe en calquera momento. E ese golpe costa a Xunta de Galicia. Así que olliño co que se fai.
Durante uns anos a algúns enchíaselle a boca falando mal e demonizando os gobernos bipartitos como o anterior do PSdeG e o BNG na Xunta de Galicia, pero é que en Ourense levamos baixo un goberno bipartito durante toda a democracia o goberno do PP de Alianza Popular e o PP de Centristas de Galicia.
Creo que a partir de agora imos ver a un Núñez Feijóo que incluso lle terá que acabar facendo reverencias a Baltar pai e fillo.
E como o cortés non quita o valente quero darlle os meus parabéns a José Manuel Baltar e desexarlle que acerte nas súas decisións polo ben na nosa provincia.
Eladio Osorio
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Evidentemente, lo peor que podría pasarle al PPdG es enfrentarse, en estos momentos, a una división. No creo yo que sea el caso. En tiempos pasados, y en otras provincias, ha habido problemas, como en todos los partidos, y generalmente han conseguido resolverse. Principalmente, porque a todos los sectores enfrentados les interesa. Es la lógica de la vida interna de los partidos políticos. Por otra parte, me parece de lo más natural que desde los altavoces mediáticos de la oposición se trate de magnificar estos enfrentamientos, y aún de alentarlos. Lo que es malo para mi enemigo, es bueno para mí, dirá Pachi Vázquez, detentador temporal del liderazgo del PSdG (mientras no desembarca José Blanco).
Para Feijóo: Ninguna política se ha de fundar en la decisión de exterminar al adversario; no sólo -y ya es mucho- porque moralmente es una abominación, sino porque, además, es materialmente irrealizable; y la sangre injustamente vertida por el odio, con propósito de exterminio, renace y retoña y fructifica en frutos de maldición; maldición no sobre los que la derramaron, desgraciadamente, sino sobre el propio país que la ha absorbido para colmo de la desventura. Manuel Azaña, 18 julio de 1937
Sr. osorio, non sei que lle ten que agradecer os Baltares tras décadas gobernando na provincia e deixando a esta na cola de indicadores economicos e do atraso de galicia. Se vostede pensa que é bo máis caciquismo e redes clientelares, se me votas meto o teu fillo na diputacion...lamentábel! imos bos. Sen animo de defender a Feijoo, pense que fai uns meses en varias enquisas se houbera eleccions gañaria con mais diferencia. Tan mal o esta facendo? Fai falla modernizar a provicnia como sexa, prefiro a un autoritario que nos saque do atraso que un cacique medieval que pon o seu fillo ai da maneira mais ruin.Reflexione un pouquiño.
O que está cada vez máis claro é que Feijóo perdeu o rumbo. Fai tempo que pasou á estrema dereita e iso é moi perigoso para a democracia en Galicia.
Non se pode pedir á xente que fale galego e logo andar a correxirlle os escritos. Iso crea desánimo. Polo demáis, artigo moi acertado. O que puido ser Centristas de Galcia...
A ver se aprendemos un pouquiño de galego. É (do verbo ser) E (conxunción) O (artigo) Ó (mellor AO)
Asesor do Grupo Socialista da Deputación de Ourense. Concelleiro en Castro Caldelas do 91 ó 99 e de 07 ata hoxe. secretario Comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó 09. Secretario xeral do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e Secretario de Acción Electoral do PSdeG-PSOE de Ourense. O seu blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting