A través dun documental, esta organización ecoloxista destaca a experiencia da da cofradía de Lira-Carnota coa posta en marcha da Reserva Pesqueira de 'Os Miñarzos', que conta coa colaboración da propia WWF-Adena.
As reservas pesqueiras protexen hábitas importantes para a reprodución de especies de interese pesqueiro, favorecen a recuperación da zona reservada e dos caladoiros exteriores. No caso da de Lira, tamén se realiza un amplo estudio biolóxico, desenvolvido polo Grupo de Pesquerías da Universidade da Coruña, para analizar a evolución das capturas unha vez establecida a reserva.
Beneficios
A posta en marcha desta reserva pode ser un exemplo a seguir polos case 50.000 pescadores e mariscadores galegos e tamén servirá para reactivar económicamente unha comarca co impulso da hostelería e do turismo. Desde a organización ecoloxista insisten en que é a mellor forma de rematar coa pesca ilegal que tanto se practica en Galicia.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Barco pesqueiro/ flickr. compostelavirtual
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting