Tal e como xa contamos, Un importante sector do PP de Ourense, pero tamén de Pontevedra e Lugo, non está conforme co decreto do galego no ensino presentado pola Xunta. Por iso, decidiron pasar das palabras aos feitos e amosar, públicamente, o seu descontento con esta norma.
O primeiro en facelo foi Rafael Cuiña a quen respostou o propio Feijóo asegurando que o Consello de Dirección do partido apoiaba plenamente e sen fisuras esta medida. Sen embargo, este luns uniuse ao fillo do ex conselleiro Cuiña o alcalde de Vilariño de Conso quen apoiou unha moción do BNG que rexeita o novo decreto. Aseguran fontes populares que non están sós e que hai moito malestar pola decisión de minimizar a aprendizaxe do galego. "50-50, nin máis nin menos", iso é o que pide a maioría deste sector; que se equipare a aprendizaxe das dúas linguas e que o galego non saia perxudicado.
Equilibrio
Por iso, a dirección do PPdeG e a propia Xunta xa comezaron a tranquilizar a este sector e xa lles prometeron que na revisión do novo decreto o galego e o castelán terán o mesmo peso e a súa aprendizaxe será ao 50%. Sen embargo, queda no aire a decisión de que sexan os pais os que elixan a lingua dos seus fillos en Primaria, un suposto que tampouco comparten moitos dos dirixentes galeguistas.
"O propio Anxo Lorenzo está disconforme con esta medida que el criticou antes e que non lle gusta aplicar agora", sinala un destacado militante consultado. Con todo, no PPdeG aseguran que esta é unha promesa electoral que teñen que cumplir. Ademais, cargan contra Baltar ao que acusan de estar detrás deste "suposto descontento" para "pasarlle factura" á dirección e alimentarse dun tópico que sempre dá resultados dentro do PPdeG; o do galeguismo.
Enquisa
Ademais, os dirixentes populares contan cunha enquisa interna que lles outorga unha baixada de dous puntos se aplican esta medida, pero é contrarestada cunha subida de catro puntos. Polo tanto, na Nécora pensan que é máis o que se gaña que o que se perde, especialmente, nun sector da poboación que os apoiou nas pasadas autonómicas e que agora coquetea con Galicia Bilingüe e o partido de Rosa Díez.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A rebelión dos galeguistas do PP vaia mais aló de cargos e militantes significados do partido hai unha gran "maioría silenciosa" que tamén está a rexeitar de cotío os despropósitos e desvaríos destes "borradores do galego". Mais a pesar do clamor popular e da maioría organismos e institucións do país, o SR Feijoo sigue cinguíndose aos dictatados de Génova 13 que son os que lle están a marcar a axenda lingüística, do mesmo xeito que lla marcaron para comezar o conflicto antes das eleccións
Vídeo que circula pola rede no que os profesores lle rebaten o decreto ao Secretario Xeral de Política Lingüística: http://vimeo.com/9173324
Só o 51% dos pais participou na enquisa da consellaría. Logo desa "metade" houbo moitos que votaron varias veces pois podían facelo 1 vez por cada fillo escolarizado. A máis diso os pais de nenos que ían deixar o pasado ano colexios e institutos puideron votar, os que non tiñan matriculado o seu fillo ou fillos para se escolarizar por 1ª vez no presente curso, non puideron facelo. O escrutinio dos votos non contou con garantías de limpeza e transparencia de ningunha consulta que se puidera dicir "democrática". Por outra parte porcentaxes moi salientabeis deses "votantes" optaron por unha educación principalmente en galego e unha maioría deles por unha educación con presencia das 2 linguas. O da consulta ao pais, a máis dunha trapallada, é o cravo ardendo ao que se agarran Gloria Lago e compañía e vai ficando afortunadamente en anecdota. Anecdota cara, pois custou muito diñeiro público e ao final non vai servir para nada
Feito nº7: Galicia Bilingue precisa xa convocar unha folga xeral no ensino pola "libertaz de elección". E convocar unha manifestación masiva que encha o Obradoiro pola "libertaz lingüística". O contrario é confirmar definitivamente o seu pase á marxinalidade das asociacións utópicas e insignificantes.
Feito nº6: E Ana Pastor?, e Carlos Negreira?, e Fernando Rueda?. Como poden acudir o 8 de Febreiro pola "libertaz de elección" e agora asumir o decreto impositor de Feijoo?.
Feito nº5: Corina Porro deberá dimitir dos seus cargos no PP pois non hai "libertaz de elección", algo imprescindible para ela para seguir no PP
Meu estimado señor Hastiado. Feitos: Feito nº1: O decreto do bipartito establecía un ensino en galego e castelán do 50%. E máis do 50% do galego se os pais así o estimaban. Feito nº2: O decreto "del plurilinguismo" ou como vostede lle queira chamar ó borrador de Feijoo establecerá unha blindaxe de ensino en galego e castelán do 50%. Feito nº3: A opinión dos pais para Feijoo será importante, máis non vinculante, pois a porcentaxe galego/castelán será sempre a mesma no ensino. Feito nº4: Que fará agora GB?. Obviamente non hai "libertaz de elección". Tocará pois logo manifestarse contra a política de imposición de Feijoo. Pois obviamente Feijoo impón o galego mais o castelán a todo aquel que non desexe algunha destas línguas.
El señor Martínez Reboiras, por supuesto, es libre de tener la ideología que estime oportuna pero, teniendo en cuenta los resultados de la encuesta a los padres, nos parece que sus opiniones respecto a la presencia de las lenguas en la enseñanza no coinciden con las de la mayoría de los padres que tienen a sus hijos escolarizados en estos centros. Por lo tanto, dadas las consecuencias que sus tesis podrían tener en la enseñaza de nuestros hijos, pues además de haber sido consultado por el Conselleiro esta semana como representante de los colegios católicos, es miembro del Consello escolar de Galicia, os facilitamos las siguientes direcciones para que podáis transmitir vuestra opinion en el caso de FERE Galicia e informar en el caso de FERE nacional, si así lo considerais oportuno. Un abrazo. Gloria Lago.
Martínez Reboiras ya había aparecido con anterioridad en algunos medios, y en sus declaraciones mostraba afinidad con las tesis nacionalistas. Además es firmante a título individual de manifiestos de la Mesa pola Normalización, (los listados están publicados en internet) aunque, como sabéis, esta entidad reclama una enseñanza EN gallego para todos los niños de Galicia. Además, FERE Galicia, siendo él Secretario, firmó junto con la Mesa, la CIG, y la llamada Coordinadora de Equipas de Normalización, el folleto de triste recuerdo con el que se intentaba influir en las familias cuando recibieron la encuesta de la Consellería de educación en junio pasado.
Cartel da manifestación de Queremos Galego/ flickr. txorima
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting