Xosé Luis Méndez Ferrín nunca tivo pelos na lingua, nin antes coma literato, profesor e activista político, nin agora coma presidente da RAG. Di o que pensa e asegura que non o vai a deixar de facer logo do seu nomeamento na Academia, sempre co máximo respecto aos seus académicos. Con todo, é un home comedido e non quere entrar a respostarlle ao presidente da Xunta, quen a pasada semana recomendoulle que deixe o seu "pasado político" e que "fale menos e defenda o galego".
E posto que se trata de defender o galego, o presidente da RAG amosase encantado. Nunha conversa con Galicia Confidencial, Ferrín suliña que, nesta cuestión, xa non hai máis que dicir porque todas as institucións "se pronunciaron", logo de que o fixera esta mesma semana o Consello da Cultura Galega cun posicionamento, tamén, crítico. "Non hai máis nada que quitar ou engadir porque o Goberno galego está só ante a sociedade e mesmo tamén ten problemas dentro do seu partido con alcaldes que votan en contra do decreto", asegura.
"Lesivo e reaccionario"
Por iso, salienta que o decreto é "lesivo e reaccionario" e foi un "erro" e unha "imprudencia" promulgalo nestes momentos. "O goberno non ten unha maioría tan esmagadora como para tomar esta decisión porque lle pete". "Pero ten a maioría silenciosa", retrucamoslle. "Esa maioría pode ser a do goberno ou a dos que están preparando unha revolución... A maioría pode ser de quen queira, se está calada. Esa é unha frase feita, norteamericana, e se repite cando non se ten xa máis nada que dicir e non se teñen argumentos. Antes se dicía iso de que 'Dios está comigo'".
Por iso, para Ferrín o que conta é o que di a sociedade que se manifesta e asegura que hai unha "gran reacción popular" que "non son só é nacionalista". Obviamente, puntualiza que os galegos están moi preocupados polas cousas persoais, coma o paro, pero tamén "lles interesan outras cousas", coma é o novo decreto do galego.
Retirar o decreto
E vista a resposta da xente, o presidente da RAG, ten claro o que debe de facer o Executivo de Feijóo; retirar o decreto. E é que ve a proposta de Feijóo de enmendar a norma para que haxa un 50% de galego e de castelán como "declaracións para os xornais". "A miña idea é que debe renunciar a el. Tampouco sería a primeira vez que se fai", asegura. E pon exemplos; a destitución do ministro de Educación de Francia durante o Goberno de Jacques Chirac tras a mobilización da sociedade e dos estudantes por querer impoñer unha nova lei de educación. "Logo Feijóo tería que destituir ao conselleiro?", preguntamos. "Non pode destituir a Xesús Vázquez porque foi Feijóo quen levou esta cuestión e non delegou. El é o responsable directo".
Pero tampouco aclara se Feijóo debe dimitir. En todo caso, asegura que o mellor que pode facer é "renunciar" a este decreto e poñer en vigor o anterior que se baseaba na Lei de Normalización Lingüística, "aprobada por todos os grupos, incluído o PP". E se non o fai xa aventura o que pode pasar. "Vai a ter problemas e nós non buscamos ese problema", advirte.
"Modelo de Madrid"
"Isto non o suscitou ningúen e a maioría estaba dacordo co decreto anterior", indica ao tempo que lembra que houbo un "cambio radical". Un cambio , di, que terá que explicar o PP porque está a aplicar "modelos que se impoñen desde Madrid". "Antes, con Fraga o PP galego tiña certa soberanía". Unha argumentación que utiliza tamén o sector "galeguista" do PPdeG.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Mira que si con la libertad se acaba el negocio. Traducciones, traductores, bla, bla, bla. ¿Qué es el gallego? un idioma para comunicarse no para dividir. libertad y educación, más educación y más viajes,
Xa xei que o vou dicir non ten moito que ver co tema, pero ¿por qué a Academia Galega ten que ser "Real"? ¿Os reis de españa falan galego? ¿Por qué esa concesión?
Que eran moitos do PP antes de chegar ó poder?. Que fixo Fraga antes de chegar ó poder en Galicia?. Con que réxime gobernaban anteriormente o 90% dos alcaldes do PP en Galicia nos 80 e 90?. Desde cando en democracia o "pasado" ten que ver con algo?. Teño un amigo que lle dou unhas hostias nunha manifestación un tal Arenas vestido de azul nos anos 70 cuns amighiños. Que pasado tivo un tal Nelson Mandela, premio Nobel da paz? non era un odioso terrorista acaso?.
Que máis quixerades, vós os cipaios, vós os colaboracionistas, os resentidos e os renegados, os desarraigados, os "patufos" de Celso Emilio Ferreiro, os "imbéciles e escuros" de Pondal, que Ferrín vos fixera caso e deixase o cargo que por méritos lle corresponde noutras mans máis dóciles, máis fáciles de mangonear. Pois non señores. Efectivamente, hai que roelo. E por moitos anos!
Pero vamos a ver. Quien era este señor antes de llegar a la RAG. Un tipo que coqueteaba con la ETA y se jactaba por aí de sus amistades batasunas. A ver si ponemos a cada uno en su sitio. Y ahora viene a predicar y dar lecciones de moralidad, lo que faltaba. Pues no señor José Luis, usted será presidente de la RAG, pero su pasado no se lo quita nadie y menos que venga a dar lecciones de lo que no sabe. Si quiere defender el gallego lo mejor que puede hacer es dejarle el cargo a otro que no diga las chorradas que dice usted y, sobre todo, que no tenga un pasado tan oscuro como el suyo.
Manolo, Manoliño, Manolo: os da túa calaña si que sodes uns radicais. Uns radicais imperialistas e españolistas, incapaces de respectar as opinións alleas e todo canto difira da vosa forma de ver o mundo e do voso pensamento único. Este home, e cantos queiran, é libre de pensar o que lles pareza, que de momento pensar non é delito. É libre de aspirar á independencia do seu país, ao igual que ti es libre de aspirar a que siga sendo dependente e non soberano. Non decatarse disto, e pretender o contrario, iso si que é fanatismo. Fanatismo fascista, e ademais do rancio.
Este rojo masón está preparando un ataque a la unidad de españa en connivencia con los judios y los terroristas islámicos de LAETA Te vigilamos Hierrito !
Que un personaxe da calaña de Feijoo chegase á presidente da Xunta sí que será a tumba definitiva do galego. Feijoo sí é un parásito fanático que por unha presa de votos vendería calquera cousa, incluso o galego.
Rolda de prensa de Ferrin/galiza.indimedia.org
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting