División ante o novo PXOUM da coruña

A Coruña discute estes días o Plan xeral de Ordenación Urbana e Municipal (PXOUM). O concello destaca as bondades da futura normativa, mentres que distintos colectivos se amosan moi críticos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/02/2010

  • versión para imprimir

Así, un recente colectivo de cidadáns, colectivos cidadáns e culturais denominado 'Dereito á cidade' denuncia as incongruencias da nova normativa e sinalan que se centra no impulso das grandes áreas comerciais e no porto exterior, desatendendo necesidades sociais, rurais e medioambientais así como toda a área metropolitana. Así apuntan que:

"O PXOM fala de “reestablecer a relación co medio natural” algo que vai en clara confrontación coas directrices marcadas en relación á creación de novos recheos,6 megainfraestructuras, ou novos polígonos industriais e residenciais.Hoxe podemos afirmar que as zonas verdes nomeadas pola concellería de Urbanismo están ausentes do plano, ou dependen en gran medida de concellos limítrofes, algúns dos cales xa manifestaron a súa indisponibilidade ante o abuso do municipio capitalino.7Tamén podemos afirmar que o que se supón un dos seus eixos centrais (a extensión de vivendas de protección) é fume co que tratar de lexitimar e dar un marco institucional formalizado a polígonos urbanizables (e Convenios de última hora e duvidoso plantexamento) onde a extensión da especulación e a xentrificación con actores privados serán o principal elemento urbanizador dunha cidade xa tremendamente densificada. Finalmente, unhas infraestructuras que na realidade violentan a cidade peonil (fraccionandoa con autopistas como a terceira rolda que aillam físicamente barrios, rúas, veciñanzas) para dotar principalmente de comunicación a empresas privadas (radicadas esencialmente en grandes centros comerciais e polígonos industriais de futura construcción) e apoiar un modelo delirante de transporte onde, de seguirmos co sistema de mobilidade en uso non solucionaremos os problemas de saturación automovilística da urbe. Deberíase solucionar as carencias dunha área metropolitana sen alternativas reais de transporte público, e con hexemonía absoluta e dependencia total do vehículo particular10 co custo de tempo, económico, e ambiental que isto require".

Tamén o blog  Katanga Koruña, critica que non haxa un verdadeiro debate no seo do consistorio para tentar melloralo e critica as propostas presentadas polo PP:

"E o curioso deste debete é que non se discuten fórmulas para que o Plan inicialmente presentado por este goberno municipal sexa o mellor posible, xa que estará en vigor polo menos doce ou quince anos, atendendo á duración dos anteriores: 1985 e 1998. Non non non non.....o que está en discusión é cómo facelo o peor posible. Cómo garantir que todas e cada unha das aberrantes construcións permitidas ao abeiro da escasa e limitada lexislación franquista ou do supermegafashionista Plan de 1998, chamado "Construye como Puedas", poidan perpetuarse no tempo...e no espazo....máis aló do que un urbanismo de calidade mínima aconsella.

Quen pode ser tan inconsciente como para defender que non se limiten dunha vez as alturas en barrios como a Agra ou Monte Alto? Pois os mesmos mesmiños que consideran, que a costa galega aínda admite máis urbanismo. Supoño que se referiran ao urbanismo "Sanjenjil", que tan bos resultados está dando no noso territorio galego. Os nosos gobernantes e sen embargo amiguetes do Partido Popular de Galicia".

Pola contra, o concello destaca as bondades do plan que segundo eles é a "chave para duplicar o benestar e o progreso da cidade na vindeira década". Podes ver as dez razóns esgrimidas pola alcaldía para mellorar a cidade neste video:

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Katangueiro

Repaso urbanístico ao modelo desenvolvido na Coruña desde os anos corenta ata hoxe. Se ánimo de predicar nin apostolar. http://katanga-koruna.blogspot.com/... Está a defensa do privado enfrontada por definición ao público? Qué urbanismo produce máis réditos a medio e longo prazo, o especulativo ou o sostible? Por qué a dereita centroeuropea defende un urbanismo regrado e ao servizo do común e aquí os nativos conservadores non? Debemos aceitar que as moles infectas que nos sombrean permanezan no seu sitio per saecula saeculorum?


1

Escaldado

Esta Coruña sociata fai un plano xeral cada vez que os de sempre necesitan terreos para pisos de luxo. Por que será que sempre son os tres mosqueteiros os que saen beneficiados?