Desta vez é o Igape quen acaba de contratar a mesma empresa que gañou o concurso da páxina web do Xacobeo por 200.000 euros.Plexus S.L tamén foi denunciada pola CIG, esta semana, por un contrato irregular de 60 persoas que traballan na Consellería de Traballo.
A pesar de que a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, insistiu en que esta empresa foi contratada no seu día pola Vicepresidencia de Anxo Quintana para informatizar as axudas aos dependentes, o certo é que desde a chegada do novo goberno xa se beneficiou de novos contratos coa Administración galega.
Desta volta, é o Igape quen contrata os servicios de Plexus S.L. por 47.000 euros para a adquisición de 63 novos ordenadores de mesa HP Compaq 8000 Elite USDT. Con todo, nos pregos de condicións, o Igape pedía, inicialmente, 45 ordenadores HP dc7900 (Ultra Slim DeskTop – USDT).
A historia de Plexus
Plexus S.L. está no punto de mira dos grupos da oposición que xa denunciaron que a páxina Web do Xacobeo foi actualizada pouco antes de resolverse o concurso que, finalmente, levou a empresa que se encargara desa actualización. Como apoderado desta empresa figura, Antonio Agasar Cascallar, ex-asesor da CRTVG na era Fraga e persoa próxima ao círculo do ex-conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela, segundo o Rexistro Mercantil.
Ademais, varias das súas firmas están relacionadas con contratos presuntamente irregulares de administracións do PP como denuncia A Nosa Terra. Este empresario tivo cargos de asesor da Xunta do PP no deseño da Cidade da Cultura e na CRTVG. Este consultor tamén é administrador único de Brétema Consulting, compañía contratada asiduamente por administracións controladas polo PP galego, como o Porto da Coruña.
O nome de Plexus S.L. tamén está relacionado con irregularidades denunciadas na Comisión de Investigación no Parlamento sobre a Cidade de Galicia así como no informe do Consello de Contas sobre a promoción da Volvo Ocean Race en 2005. Ademais de Antonio Agrasar Cascallar, asesor da Xunta e da TVG en tempos de Fraga, tamén foi directivo de Plexus Xosé María Sánchez González, ex secretario xeral de Cultura con Pérez Varela.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ahí van os links da etapa bipartito: http://www.contratosdegalicia.es/re... http://www.contratosdegalicia.es/re... (o mesmo día que a anterior) http://www.contratosdegalicia.es/re... Tamén e interesante ver a relación que xa tiveron estas tres empresas en outros momentos do PP: http://www.laopinioncoruna.es/secci... Así que Pelouro, por favor cala a boquiña que estás máis guapo ... O do PP Xacobeo é moi sonado por como se fixo, abrindo o sobre C sin estar ningún licitante (dos 15 que había ... que raro que ninguén se enterase) e constame que xa están "falando" doutra web similar para o futuro, dunha Secretaría Xeral, e non digo nada máis ...
Esta xente que move todo en base a contactos e outras actitudes que non vou a contar. Non falo por falar, na web da Xunta para ver algúns contratos de negociados sen publicidade para as tres empresas relacionadas co señor Agrasar (Agmina Multimedia, Plexus e Brétema Consulting). Que maravilla, tres negociados sen publicidade en dous meses ascendendo a máis de 150.000 euros. Logo queremos empresas competitivas en Galicia ... competitivas en qué me pregunto ¿?
Esto es pecata minuta comparado con la tajada que querían sacar en 2008. Ya empezamos a estar hartos de que la fiscalía no haga su trabajo.
O peor de todo é a PORQUERÍA de web que fixeron para o Xacobeo. CORRUPTOS, CUTRES E MALOS. Así nos vai. Da noxo..
En un principio, habia un programa na tvg, llamado palabra de autor, palabra de autora.Se realizaba en Galicia, concretamente en las instalaciones da tvg en san marcos, e claro, con personal da propia tvg. Agora es el caso, este programa lo realiza La Region de auriense, perdon, de Orense, previo pago de 120000 euros. Las postproducciones en Tvg estan paradas porque no le dan trabajo, asi de sencillo. Viva los amijotes.
Imos a ver. Plexus naceu e foi contratada, cando o PP de Fraga (Tecnocom e Coremain tamén eran boas de carallo), recontratada día si día tamén co bipartito e volta a contratar para todo con Feijoo. A min dixome un paxariño que na sua directiva hai membros importantes dos tres partidos maioritarios en Galicia e que por iso non deixará xamais de chupar da teta pública...investigade xornalistas, investigade.
Hai que botar a estes pepeiros da Xunta, porque arruinan con todo, eu iba a votalos, pero xa non, porque son jallejo, pero non tonto.
No hubo tanto chanchullo en la Xunta, como cuando estaban gobernando el PSOE-BNG. Eso es una realidad el resto son adornos y gilipolleces. Hay gente de algunos partidos, que no están preparados para gobernar, porque es como meter a un tío con hambre a vigilar un supermercado.
Contrato de Plexus co Xacobeo/ perfectoconde
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com