O pasado 4 de febreiro os profesionais da TV3 foron a folga. Piden un convenio plurianual que recolle, entre outros puntos, un pacto polo mantemento da Produción Interna e a plantilla e a aplicación da lei da conciliación da vida laboral e familiar. O 80% da plantilla secundou a protesta. Tamén en Cataluña, o Grupo Godó, propietario de La Vanguardia, acaba de ceder ante os traballadores deste xornal logo de varias folgas nas que participaron ata o 90% dos traballadores. A empresa decidiu, finalmente, renegociar a baixa un ERE inicial que afectaba a 90 profesionais.
Tamén o 17 de febreiro os traballadores de CRTVE están chamados a unha mobilización para, entre outras cousas, reclamar a plena ocupación de todos os profesionais, que os informadores sexan responsables dos contidos, agora en máns de "estrelas" e colaboradores externos, ou recuperar programas propios e de información de actualidade e culturais en TVE e RNE.
E, en Galicia?
Isto pasa en TVE e na CRTVE, pero, estarían dispostos os traballadores da CRTVG a saír a rúa para reclamar os mesmos dereitos?. E é que despois das protestas e da autoorganización dos profesionais durante o Goberno do bipartito para atopar unha solución aos contratados, as cousas seguen igual. As oposicións para regularizar a máis de 500 traballadores do ente público seguen paralizadas e sen data, mentres que varios profesionais teñen xa recoñecida a vinculación laboral coa Xunta logo de denunciar á compañía por contratación fraudulenta.
Unha situación semellante a que se vive no resto dos medios sen que os xornalistas, agás no caso de La Región, se unan para defender os seus intereses. Máis dun cento de profesionais da comunicación perderon o seu emprego nos últimos meses. A lista de empresas é moi numerosa e abrangue á práctica totalidade dos grupos mediáticos da comunidade. Os últimos na Axencia Galega de Noticias (AGN), pero despidos houbo en Europa Press, Qué!, Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, ADN, Faro de Vigo, Xornal de Galicia, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Vieiros ou A Nosa Terra, entre outros, ademáis dun ERE en La Región que afectou a máis de 30 persoas. E a lista é máis numerosa e segue aberta.
Contratos temporais
Pero ademais de despidos, as empresas de comunicación utilizan unha doble práctica que se está a facer moi común nos últimos tempos. Por unha banda, non renovan aos contratados que, por lei, terían que facer fixos, unha vez cumplido os dous anos como contratados, e, polo outro, recurren aos contratos temporais para suplir os despidos. De feito, moitos medios están prescindindo dos traballadores con máis anos de antigüedade e un soldo máis elevado para ser substituídos por xornalistas novos coa metade ou un tercio do soldo e con contratos temporais. De feito, a propia Administración facilita esta práctica xa que cada novo contrato é subvencionado e as empresas utilizan o sistema para non facer empregos fixos.
A crise do sector da comunicación é xeral e ten a súa orixe na baixada de ingresos publicitarios. Sen enbargo, un recente estudo do Sindicato de Xornalistas (SXG), que inclúe datos da práctica totalidade dos centros de traballo relacionados co sector da comunicación de Galicia, demostra que en sete de cada dez medios non caeron significativamente os ingresos publicitarios. Precisamente, esta é a escusa máis explotada polos empresarios para xustificar os despidos.
Aproveitarse da crise
Por iso o SXG denuncia que as empresas están a aproveitar a crise para reducir ao máximo os cadros de persoal. Fano, ademais, estendendo o abuso de estudantes universitarios, bolseiros FEUGA, falsos autónomos e horarios extenuantes. Prácticas que realizan a pesar das enormes subvencións que reciben das administracións públicas, coa complicidade da facultades e coa pasividade da Inspección de Traballo. Tamén o Colexio de Xornalistas ten chamado a atención sobre estas prácticas abusivas.
Unha práctica que é común aquí e no resto do Estado. Esta mesma semana a Comisión de Seguimento do ERE en Unidade Editorial (O Mundo. Expansión, etc.) afirma que logo de despedir a 164 persoas, o grupo de comunicación incorporou a columnistas de "caché" e ten a case 90 bolseiros facendo ilegalmente o mesmo traballo que os redactores de persoal. O comité denuncia que a Inspección de Traballo recomendou que se denuncie nos xulgados do Social os incumprimentos da empresa ás medidas negociadas. Un inspector ordenou á compañía que entregue ao comité de empresa unha copia dos contratos que efectuou a través de empresas de traballo temporal (ETT), xa que está obrigada a iso.
Sen embargo, a verdadeira fonte de financiamento dos xornais galegos son as subvencións, uns cartos que chegan a supoñer, nalgúns casos, o 50% de ingresos dos medios de comunicación. E é aí onde radica o principal problema porque, desde finais do Goberno bipartito e coa chegada do novo goberno, os cartos públicos reducironse considerablemente. De feito, as chamadas dos directores dos medios á Secretaría Xeral de Meios son continuas para saber cando se pode desbloquear esta situación, mentres que a Xunta prepara unha norma para regular, precisamente, o fluxo do diñeiro público hacia xornais, radios e televisións.
Iniciativa no caixón
Socialistas e nacionalistas xa se adiantaron e tanto Anxo Quintana coma José Manuel Lage presentaron sendas iniciativas no Parlamento para tentar regular as subvencións aos medios. Sen embargo, a Cámara aprobou xa en xaneiro de 2008, e a instancia do SXG, unha iniciativa parlamentaria que reclama, precisamente:
"1º) Que se vinculen as axudas económicas do Goberno Galego destinadas aos medios de comunicación á loita contra a precariedade laboral dos seus profesionais, introducindo na convocatoria de axudas cláusulas que penalicen ás empresas con altos índices de precariedade ou concedendo máis puntuación ás empresas demostren ter creado emprego estable no último exercicio".
Esta proposta contou co apoio dos tres grupos pero nin o Goberno do bipartito, entón, nin agora a Xunta do PPdeG teñen feito nada para regularizar as axudas aos medios e, sobre todo, mellorar as condicións laborais dos xornalistas.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
dende o respecto, Alberto, non podo estar máis dacordo con Alfonso. Non estamos a falar da crise e do paro soamente. o que acontece na profesión, especialmente na Galiza, vén de lonxe. falas de doblar o lombo pero, que traballaría máis horas (10-12 horas diarias, festivos incluídos) por menos cartos (700-800 euros). en galicia os estudos duran 4 anos, fóra ata 5. máis os másters, postgrados e demais que levan no peto tantos e tantos licenciados. para que? xente como alfonso debería pensar que "a nosa precariede é a vosa desinformación". cando sexa tarde, nos queixaremos. todos.
Si, don "doblar o lombo", o que vostede diga. A xente agora estuda catro anos de carreira (póñase ao día, polo menos en Compostela) para capacitarse e intentar ser un xornalista, un comunicador, nos moi diferentes camiños que se poden escoller. Pero se vostede quere prensa do terceiro mundo, xornalistas do franquismo e postfranquismo no que estamos, mellor que non haxa estudos. Total, para escribir para xente coma vostede, que confunde a revolución dixital con outro tipo de economías, ben chega. E para telos ben atadiños, e que escriban ao ditado, tampouco fai falta nada. Só poñer ao mando a catro empresarios papanatas, algún coa santa faciana de aprenderlle xornalismo do século pasado aos mozos de agora.
Titulares e comentarios como os de esta noticia, fanme pensar que os 5 anos de carreira para o único que vos valeron foi para que vos enchera a cabeza de fume. Vamos camiño de 5.000.000 de parados no pais e a pregunta é que pasa para que os xornalistas vaian á rua? pois a resposta e que á prensa pásalle ao mesmo que a tódalas empresas do pais, que van como o carallo e que baixanlle os ingresos por tódolos conceptos e non poden ter tanto personal como cando é época de vacas gordas. Pero sempre podedes coller outro comiño e outro traballo, pero claro preferides morrer de fame co teclado na man, antes que doblar o lombo.
La Region, en concreto, ven de recibir unha subvencion de 120000 euros, pola realizacion do programa televisivo "Palabra de autor, palabra de autora". Este programa faciase na TVG, con profesionais de esa empresa, que agora deambulan polos pasillos. Penso que esta ben clara direccion da inxeccion de cartos. Se fose por salvar postos en La Region, ben invertidos estarian. Pero non; son cartos para salvarlle o cu a uns cantos Outeiriños, e que falen ben do sector oficialista do bipp. Nin mais nin menos. Sigamos asi, progres del mundo, que acabaremos rezanso o Angelus con monseñor Romay e o seu sacristan feijoo.
Pola excesiva dependencia dos medios, igual que outras moitas empresas galegas, do peto público. É moi sinxelo para os 'empresarios' ir a unha comellada e sen esforzo de ningún tipo pactar publicidade ou un programa novo para a sua produtora asociada co conselleiro / director xeral de turno. Tamén é fácil, cando xa non hai tantos tantos cartos, axustarse o cinto despedindo xente. É mais dificil facer un bó producto, ter que preocuparse por vendelo no mundo real e ofrecer estabilidade e calidade de vida ós teus empregados. Fomentando este modelo, que aínda prevalece (véxase, entre outros, Voz), o único que facedes, políticos de turno, é afundirnos mais e mais na crise.
Cont. Denunciar a situación de precariedade é algo fundamental para salvar a cara dos "profesionais" nos Medios Galegos, pero nótase ben que algúns están cómodos coa actual situación de enchufismo-subvencións e así nos vai o conto. Nin temos prensa independente (que é iso?) nin temos forza sindical. Un verdadeiro poema digno dun estudo crítico na Facultade de Xornalismo... se é que segue a existir algo semellante...?
Aquí temos dúas cousas: unha a falta de "profesionalidade" do sector que mantivo secuestrada a información e a investigación periodísitica durante moitos anos, e segue sendo un auténtico escándalo. Como podedes ver na nova etapa de TVE xa son os Blogs e as Redes Sociais (?) as que xeran as novas dos informativos, e como non espabilen van quedarse detrás das pantallas a mirar como a Cidadanía é a que sustitúe aos Medios de Desinformación. Por outra banda a política de subvencións é PERVERSA, e sempre o dixemos, calquera comprende que o poder (coas súas múltiples caras) o único que pretende é apoderarse dos Medios, unha vez conseguido este obxectivo ¿para que lle fan falta os traballadores? En Galicia este proxecto de asalto aos Medios quedou "a medias" (afortunadamente) pois do contrario teríamos 12 cabeceiras publicando editoriais a favor do Estatuto de Autonomía (Catalán).
El problema está claro. Somos unos matados de mucho carallo y no tenemos lo que hay que tener para montar una buena como hacen los catalanes. Pena de profesión
Protestas de xornalistas/ xornalistas.org
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com