GC

Enquisas

Non nego o carácter científico das enquisas e dou por suposto que cando se publican responden a eses criterios. Pero aínda así doulles só unha pequena parte de razón na miña vida política diaria. Dígolles sempre aos meus compañeir@s unha frase moi socorrida pero que por experiencia non deixa de ter o seu aquel: “ a mellor enquisa é coñecer os resultados das urnas o día da festa democrática das eleccións”.

Por José L. Orozco | Lugo | 08/02/2010

  • versión para imprimir

E porque a miña posición de escepticismo?. Non é a primeira vez que a explico. Son dos que penso que as enquisas poden medir un estado de opinión nun momento determinado, motivado por moitas circunstancias, pero que a realidade política e tan cambiante e hai tantas “circunstancias”, que o que hoxe nos parece negro, mañá é branco e pasado gris.

E esas circunstancias forman parte da vida do ser humano que é quen responde as enquisas e quen o final vota o día “D”. E o ser humano vai formando a súa opinión de moitas maneiras e na medida que a democracia avanza e a formación política mellora, a liberdade aumenta en progresión xeométrica. E esa liberdade non é mensurable, nin tan sequera estatisticamente. E por iso as enquisas “fallan” e o pobo cando vota en democracia nunca se equivoca.

Por iso sempre hai que traballar. E máis cando se acepta voluntaria e libremente o traballo que hai que desenvolver, cousa que en Política sucede sempre porque a ninguén obrigan a estar aquí. Ver as enquisas, si; ver as tendencias que marcan, si; pero facerlles un seguidismo ao pé da letra, paréceme insensato. Por moi grande que sexa a mostra; por moi grande que sexa a correlación, sempre queda a persoa que sabe tomar as decisións e que as pode cambiar nun momento por moitas e raras razóns.

Queda máis dun ano para as eleccións municipais; queda moito traballo que desenvolver, pero queda sobre todo o máis importante: facer un proxecto da cidade coa xente para que cada un deles se note protagonista do futuro. Por iso hai que agradecer moito o apoio dos que están aí e confían no proxecto que saben sólido e de futuro. Por iso contamos con eles porque así síntense integrados. Que sondeo mide iso?.

Comentarios

8 comentarios
8

Pericán

Coño, non sabía que era un adxectivo, en tal caso será un demagogo, porque demagóxico pode ser un discurso. Non sabemos nin falar, canto menos pensar, outro da ESO.

7

xan

Orozco, eres un demagóxico.

6

Alan

Sila, non sei de onde sacas iso. Penso que Orozco non se gaña os votos como ti dis. Esta facendo moito por Lugo e polo seus cidadáns, penso que a súa forma de ser amable ca xente, non esta rifada coa política que leve a cabo. Penso que se estivo e seguirá estando porque os cidadáns ven o que fai por eles e pola cidade de Lugo.

5

anonimus

Fai ben López Orozco de non fiarse das enquisas... que llo pregunten ao antigo inquilino da Xunta,o psdg o cambia de caras ou vai levar outro fracaso monumental comparable o 1M

4

sila

Se acaba el chollo, Sr. Orozco. La gente ya quiere algo más que abrazos por la calle para entregar el voto. Tampoco puede quejarse, ya que la política de la nada le ha servido para mantenerse en el poder 12 años. Ni Vd. mismo se lo hubiera creído en 1.998, si se lo cuentan.

3

Cernadas

Diga que sí Sr Alcalde. Vostede siga facendo proxectos como durante dez anos. A ver si Xaime Castiñeiras os fai realidades.

2

Como se os ve el plumero

OES BEA, sodes uns fenómenos na sede do PP, estades no allo todo o día. Dignos compañeiros de partido de Cacharro

1

Bea

Como la realidad de las urnas esté en sintonía con la encuesta ( 15 concejales Psoe, 6 PP) y resultado electoral de hace tres años, también publicada en ese medio , le veo SR. Orozco jubilosamente jubilado. Es lo malo de tanta palabrería; ya nadie le cree.

Comenta

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe



José Clemente López Orozco

naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog