Polo noso blog colaborador emboscadoeneltemple
Advirte a denunciante da polémica ausencia de contratos desde fai anos con empresas presuntamente afíns, que levan importantes servizos municipais, (augas, xardíns, iluminación...) e fainos dubidar doutras operacións, (Ex: seguros, pagando un sobreprezo de 30 mil euros ao mediador de sempre, por presión directa do alcalde).
Aos centos de miles de euros ventilados anualmente a dedo en servizos sen contrato, (ver informes de reparo da interventora na Conta Xeral), sumaríanse ademais outras sospeitas, millonarias sospeitas... A tentación do Plan E.
Millóns de euros para investir no municipio, inicialmente destinados a xerar emprego e finalmente articulados para maior gloria política de catro.
Vexamos o lado positivo: cando o 2010 colapse tal e como empezan a sospeitar os analistas, teremos marabillosas beirarrúas polas que pasear a nosa miseria... Nin traballo, nin diñeiro, nin subsidios... Pero beirarrúas. Non importa que se contratasen ás empresas de sempre, e que o escaso emprego xerado levara máis alegrías a Viana do Bolo que a Brives, importan as beirarrúas, os farois e a repartición estratéxica por barrios do asunto, non pola súa urxencia e si pola súa rendibilidade.
Viiva o FEIL
Inicialmente o contable ía ser un tipo que dicía ser concelleiro de facenda e ir para presidente do goberno (sic), ata que lle descubriron que andaba ventilándole o diñeiro dos veciños en cousas pouco éticas, (como aquela festiva viaxe a Londres que o xustificou para gran alborozo xeral, nun presunto labor de estudo dunha feira xemelga á cambresa: a de Campden Town).
Foise o caimán, (obrigado a dimitir) e se cagaron en Barranquilla. Terrible foi a súa ausencia, sobre todo para os plenos, orfos do seu verbo fluído, pero o Plan E seguiu o seu camiño. Estudemos a súa composición:
Os misterios do Plan
Millóns de euros para investimento e o 70% en mans dunhas grea de empresas para volver atoparnos coa denuncia por corrupción presentada na fiscalía: Sinala a denunciante, funcionaria da área económica financeira, que existen sospeitas sobre a verdadeira motivación destas concesións negociadas por concurso directo e sen publicidade.
Algúns dos datos máis rechamantes:
(Fonte páxina web do Concello de Cambre e informes oficiais do Concello)
Construcións J.Carro 485.596 Euros
O proceso negociado sen publicidade, ten un límite de 200 mil euros por operación, co que estamos mínimo ante o resultante de tres contratacións “negociadas e sen publicidade”, cos até fai moi pouco socios e compañeiros de beneficios do alcalde. Socios, non me equivoco, porque Construcións J. Carro É unha empresa fundada en 1987 e participada polo alcalde desde 1992, (ver informe AQUÍ) como socio e vocal até o 2006, ano no que, e pola denuncia dun partido político (e a presión do seu propio), desapareceu oficialmente do seu accionariado, dando poucas explicacións.
Pouco ético ou Ilegal?. Centos de miles de euros do Plan E, nun procedemento negociado sen publicidade, a unha empresa que entre 1992 e 2006 contou con Antonio Varela Saavedra como membro activo do seu consello e como un dos seus principais administradores, (AQUÍ), e non é máis que unha das moitas empresas das que o rexedor forma ou formou parte.
De feito e segundo os datos que un partido político cambrés (PINCA) mostra na súa web, a lista completa de empresas participadas por Varela Saavedra, ou por concelleiros moi próximos ao rexedor sería a seguinte: AQUÍ.
Fagamos unha consulta máis concreta, e si preguntamos polas veces que Varela Saavedra se rexistrou como socio dalgunha empresa no rexistro mercantil?, este sería o resultado: AQUÍ.
Construcións J. Carro aparece invariablemente en todas as quinielas, pero vexamos mais cousas:
Espiña Obras Hidráulicas 1.290.916 euros
Espectacular fortuna negociadora a dunha compañía, que fraccionando obras conseguiu remontar o 200 mil euros e multiplicalos por seis. Alguén se atreve a preguntar por que?.
Instelec 323.500 euros
Falando de empresas afortunadas, Non é Instelec a empresa sinalada na denuncia ante a fiscalía como a adxudicataria a dedo e sen ningún tipo de procedemento na súa contratación da iluminación municipal?, Hai cantos anos?. Non son as operacións extra no concello desta empresa (á marxe do xa sinalado), as que provocan máis informes de reparo da prudente interventora municipal?.
Picaresca?, Falta de vergoña?, Corrupción?, Casualidade?.
Cando o escándalo da denuncia do 2006, Varela Saavedra tivo que explicar as súas actividades empresariais, unicamente recoñeceu a súa participación nunha empresa “Laguna Hogar”, e situou as suas actuacións en Sada, onde e segundo as súas palabras, “Non recibira trato de favor”.
Excusatio non petita, accusatio manifesta
Esfórzase o alcalde en contarnos que todo isto non son máis que un cúmulo de casualidades, de divertidas coincidencias e que todas elas teñen unha prudente explicación. Espiña Obras hidráulicas executará obras do FEIL por máis de 1 millón de euros. Debemos confiar na palabra do alcalde, e esperar que tan elevada concesión negociada, directa e sen publicidade, non esconda outra casualidade ou divertida coincidencia?.
Celebremos a boa saúde económica de Construcións J. Carro S.A. que en tempos de crises e recesión, mantén unhas contas saneadas e un bo puñado de contratos pendentes, cunhas vendas anuais por encima dos 2 millóns de euros. (Ver AQUÍ)
É o de J Carro un caso illado?, É un caso como o de “Laguna Hogar”, onde o seu socio era José Luís Muñiz, concelleiro de urbanismo por entón?.
É lexítimo que un rexedor se pasase 20 anos participando de diferentes sociedades con intereses na área metropolitana?, Non son o seus 70 mil euros de soldo ao ano como rexedor cambrés, suficiente incentivo económico para agradecer as sua preocupación por todos os veciños?.
O peor é esta pesada sensación. Con Varela Saavedra, formiga laboriosa, escandaliza o que se coñece, pero aterra o que poida quedar por coñecer... a única pregunta é... saberémolo algunha vez?.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
e dalle! que xa hai unha denuncia na fiscalía!!!! ou moi mal informada anda a prensa ou levamos un mes falando da denuncia do carallo. qué mais queres?, onde mais hai que escribir? e o que?????, amighinhos eu flipo. aghora resultará que esta denuncia non vale, pois nada, se ti dis que non vale, non vale. neghar, comer e caghar, todo e comensar. e vaite mirar esa teima por "ter o que hai que ter", que a min como arghumento, fodeme vivo.
Claro, tendes razón, trátase do que a algún lle parece porque, como non vai ser así? E seguro que acertades. O que se vota en falta e alguén que se presente onde ten que presentarse, escriba a denuncia e aporte as probas. Dando o nome e a cara, evidenteente. Ao final con tanto bla-bla-bla o único que vai saír como un campeón é quen todos sabemos. Que pena! E porque se fartaron del no partido, que senón nos tocaban outros trinta anos.
alghuna xente onde pon AQUÍ, pasan de todo, e claro, logho non hai arghumentos. así levamos 30 anos en Cambridge, pasando de todo. uns mais e outros menos
¿Argumentos? parece que para algunos el mejor argumento es decir que no hay argumentos, se olvidan de que los demás sabemos leer.
Lo de GARRAFÓN y Tonecho, es de vergüenza, los que los conocemos sabemos de sobra que son íntimos amigos, que toda la familia del JEFE y el citado "constructor" se comen todos los años un gran cocido en Abadín, pues en Cambre los vemos todos los vecinos, por ello se marchan a la provincia de Lugo a papear, les regala un molete de pan, pues debe ser mejor que el pan que tenemos en Cambre. De cacerías ban por todo lo alto, ¿ pero Tonecho y Garrafón de que van por la vida? Garrafón no recuerdas cuando le C.orizaste las ruedas a un coche accidentado en el puente de Cela, y ahora va de gran señor. Personajillos.
Xa vexo a firmeza e rotundidade dos argumentos. Pero non é a min nin a ti a quen lle ten que chegar, é a un xuiz. O único que digo é que sei diferenciar entre a denuncia e a condena. Excepto que parece que hai quen quere simplificar pasos. A "tetiña" supoño que a teremos todas, cada unha a súa, ou dúas. Insisto, que bos argumentos!
unha denuncia en fiscalía, documentos por todos os medios de comunicación, o alcalde saíndo a decir adios na Coz asi en plan velliño entrañabel. e logho que mais queres? unha confesión firmada? mediño tedes alghuns por perder a tetiña
Carallo pero no te llega con que haya ya una denuncia ante la Fiscalía. Otra cuestión es que el fiscal actúe pero las pruebas ya las tiene en su poder. Ya me extraña que no se haya puesto a investigar ya.
Levamos meses de "ruído" e denuncias non consumadas. Xa comeza a aburrir o conto. Ademais dunha funcionaria "motivada" e de largar e largar en diferentes fóros, nada de nada. Estaría ben que alguén con probas e con, bueno, con iso que hai que ter, se presente nun xulgado para aclaralo todo. Sería de agradecer. Porque entre as denuncias propagadas pero non consumadas hai moito de charla de taberna e de ignorancia. Se hai probas é unha irresponsailidade - e non sei se un delicto- que non se presenten.
Pois si que está a cousa animada, unha boa imaxe de Cambe e os seus vicios. Pero xa dixo Tonecho que marcha, normal que ande cansado.
Construccións en Cambre/sepes.es
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting