Outra labazada na cara a Feijóo

Onte produciuse o encontro de Méndez Ferrín, afamado escritor galego e novo presidente da Real Academia Galega con José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense e capitán xeral do exército da insurxencia galeguista do PP.

Por Eladio Osorio | Castro Caldelas | 09/02/2010

  • versión para imprimir

Baltar, que un dos mellores calificativos que o definen é o de ser "listo como un allo", aínda non deixou entrar a Ferrín pola porta, e sabendo das penurias económicas que padece a RAG e da nula axuda que recibe da Xunta, ofreceulle axulio a través da Deputación de Ourense.

Este feito podería parecer unha nimiedade ós ollos de moitos, pero é un golpe máis na liña de flotación do PP galego. É sabido de todos/as que as arcas da Deputación están case baleiras, e para poder ofrecer esta axuda, Baltar vai ter que quitar desas subvencións a dedo que lles da ós seus afíns e que tanto rédito político lles saca. Pero o presidente da Deputación de Ourense fai un "esforzo" con tal de darlle unha labazada máis a Núñez Feijóo e os seus socios "bilingueiros".

Non quitedes os ollos da provincia de Ourense nestes meses, porque cousas como estas van a suceder moitas.

Eladio Osorio




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

anonimus

Imos psdg... polos 17 escanos,vos podedes!


2

Tino

Como vos fastidia aos pepeiros que se fale das vosas cacicadiñas, eh?, pois a roelo, meu


1

Fermín

Deixa de falar de Baltar, Baltarín e do PP, e fálanos algo da sucursal galega do PSOE. Pareces un disco raiado.


Eladio Osorio

Asesor do Grupo Socialista da Deputación de Ourense. Concelleiro en Castro Caldelas do 91 ó 99 e de 07 ata hoxe. secretario Comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó 09. Secretario xeral do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e Secretario de Acción Electoral do PSdeG-PSOE de Ourense. O seu blog