Pero o que non debemos esquecer é que, a outro nivel, tamén en Galicia, vimos soportando un tipo de terrorismo que ben poderiamos denominalo como enxebre.
Se non fora polo grave do asunto, así poderíamos chamarlle coloquialmente ao que, de vez en cando, e xa van demasiadas, nos asalta con algunhas das súas repudiadas accións, como a que tivo lugar fai uns días na vivenda do profesor Blanco Valdés, preto de Santiago.
Aínda que chamarlles terroristas podería parecer excesivo, non lle cabe outra denominación xa que empregan o terror, forman grupo, teñen unha estrutura, ideoloxía e uns obxectivos.
Cando se apresa a un destes terroristas enxebres, o primeiro que sae a relucir é a súa inmadurez emocional, o seu ego infantil e inseguro, o que leva a pensar cómo pode ser capaz de cometer actos tan bárbaros.
Posiblemente esa inseguridade, ese infantilismo psíquico, esa tendencia a soñar, dentro da súa campá, nunha Galicia Ceibe, é o que fai pensar que sexa marioneta dun líder. Un líder que permanece na sombra e que lanza aos seus adeptos ao crime e ao sabotaxe. Sinto unha enorme curiosidade por coñecer ao líder destes individuos.
Pero se de algo necesita este tipo de terrorismo para acadar o éxito, é a necesidade de proxectarse ao público con efectos multiplicadores. Alguén dixo que o terrorista fai coreografía da violencia; que o terrorismo é teatro. Un teatro que case sempre acaba en traxedia.
Isto levou a moita xente a pensar que se os lazos entre os terroristas e a audiencia se cortaran, é dicir, si os actos que protagonizan non foran obxecto de información, os efectos do terrorismo reduciríanse, sobre todo na alarma que crean na sociedade. Dende logo que non se pode prohibir nin suprimila información, pero ao meu entender deberiamos ir a unha concisa e mínima difusión, procurando non facerlle o xogo, filtrando subliminalmente as súas xustificacións ou utilizando a lenguaxe ennobrecedora dos seus actos, con que redactan os seus comunicados.
Ao mellor, neste intres, tamén eu lle estou dando a eles máis resonancia da que teñen. Pido desculpas.
José Freire
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
é unha cuestión de semantica. Se un independentista pon unha bomba ás tres da mañá nunha inmobiliaria de aldea, non se pode chamar terrorismo, porque as tres da maña non hai xente que aterrorizar. haberá que chamarlle "danos e estragos".
Carliños, rico.... aínda segues pensando que aquilo da teoría conspiratoria ETA-11M? Quen che di a ti que non se fai o mesmo a pequena escala? O dito... LUZ e logo discutimos.
Pero vamos a ver. Es que los niñatos estos que se dedican a poner bombitas son ahora unos ángeles, o qué?. Un poco de sensatez. Obviamente, la policía trabaja para dar con ellos. Y, tranquilos, que lo hará y con pruebas en la mano. Otra cosa son los que de una forma sibilina los intenta defender.
As cousas claras: imaxino que como policía non debería fiarse dos disques-disques e remitirse ás probas. Qué quero dicir con isto? Antes de falar de terroristas enxebres e demais... deberian avanzar nas correspondentes investigacións, dar cos responsables e facer públicos -con limpeza e claridade- a auténtica información que se teña sobre o caso. Antes diso -máxime sendo policia- sería dende logo demasiado aventurado botar a lingua a pacer, tanto nun sentido coma no contrario. Primeiro de nada: prudencia. Creo que non é mal consello.
quizais sexas ti o que ten tempo libre para dicir tonterías. que pasa, que ao mellor eres amigiño dos "terroristas enxebres" que parece que son pouca cousa porque poñen petardiños pero o día que maten a unha persoa entón xa non van ser estupideces
Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting