Sen control os residuos do aeroporto de Vigo

A patronal do sector denuncia ante a Guardia Civil á adxudicataria da obra pública e alerta de competencia desleal.

Por Galicia Confidencial | Peinador | 11/02/2010

  • versión para imprimir

A patronal do sector denuncia ante a Guardia Civil á adxudicataria da obra pública e alerta da competencia desleal.

A Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (APROEMA) denunciou ante o SEPRONA a “xestión irregular de residuos provenientes das obras do aeroporto de Vigo”.

Os asociados de APROEMA realizaron un seguimento das obras de construción e demolición. Na denuncia ante o SEPRONA manifestouse que os residuos “están sendo xestionados por empresas que non posúen a debida autorización, e ademais posteriormente trasládanse a unha leira situada no Polígono Industrial as Gandaras no Porriño, onde se atopa unha Planta Móbil da cal non existe rexistro no Sistema de información de Residuos de Galicia (SIRGA)”

Os denunciantes publican fotos e mapa de localización da leira.

“A situación que vén producindo, ademais de constituír un claro incumprimento legal, convértese nun caso grave de competencia desleal, xa que as empresas que trasladan e xestionan os residuos sen as autorizacións e fianzas ambientais que hoxe se esixe ás actividades relacionadas coa xestión de residuos, ao non soportar estes custos e esixencias ambientais, establecen prezos inviables no ámbito da xestión legal, absorbendo, no momento actual, un importante volume de negocio ao que non podería, legalmente, optar”, láianse dende APROEMA.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Solar sen permiso onde se tratan os refugallos de Peinador, segundo APROEMA

Mapa do solar sen permiso onde se tratan os refugallos de Peinador, segundo APROEMA