Se Caballero tivera exercido como catedrático de Economía, non realizaría a obscena exhibición de simplismo analítico coa que tratou a problemática das Caixas galegas.Para alguén que posúe a máxima titulación académica non debería ser admisíbel confundir a sede social de Caixanova –Vigo- coa dimensión real da súa actividade –Galiza e parte do territorio estatal- e non debería resultar aceitábel considerar o futuro do sistema financeiro galego mediante un afastamento radical das alternativas posíbeis para Caixanova e para Caixagalicia.
Se o rigor que se lle supón ao catedrático D. Abel fica no armario do seu despacho universitario e, ademais, o político Caballero pasa polo vestiario que xa utilizou Leri para coller a camiseta do caudillo que quere liberar a Vigo dos seus “inimigos exteriores”, a manifestación do pasado día 9 resulta perfectamente verosímil.Existían as “condicións obxectivas” das que falaban os vellos marxistas e só faltaba un grupo de políticos ambiciosos con apoios nas “forzas vivas” da cidade para que tivera lugar a demostración de masas...
Pero, de cantas masas? Alí, na Porta do Sol, apareceu o novelista Abel Caballero para verbalizar o relato de ficción que tiña na cabeza.Sí, eran elas, aquelas 300.000 almas coas que soñara a noite anterior...
Os que pretendemos vivir no mundo real temos, dende hai tempo, un grave problema coa contabilidade das manifestacións.Se estiveramos en Madrid coñeceriamos a versión numérica dos organizadores, a elaborada polas policías correspondentes e o cálculo do xornal “El Pais”.Aquí, con varios xornais que presumen de obxectividade e profesionalidade, carecemos de cifras proporcionadas cunha metodoloxía de cálculo previamente identificada e non temos, por tanto, o mesmo nivel de pluralidade informativa.Por qué? Porque non poden acceder ás modernas técnicas de cálculo ou porque non queren eliminar a posibilidade de xogar coa cifra de asistentes a unha manifestación en función dos particulares intereses político-empresariais do editor de turno?Desexan coñecer a verdade dos feitos ou prefiren evitar que a realidade arruíne o titular que tiñan preparado?
Xesús Veiga
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Yo no soy socialista y soy de Vigo y me reitero en mi comentario 1, y me parece lamentable tanto la actitud de Losada, como la de Feijoo como la del Bng y algunos de los que aquí queréis hacer del tema de las cajas una cuestión de "país e galeguidade". Es una verguenza utilizar argumentos tan lamentables como los que hacen estos chicos del PP ayudados por el mamporrero Guillerme-UPG (Beiras y Quintana dicen no a la absorción) y otros individuos que no hacen más que decir tonterías. Al articulista se le ha olvidado decir que los de su partido hacen lo mismo (aún recuerdo a Guillerme en Pontevedra) y cuentan también "raro". Y al final, lo que no dice, es que de lo que se trata es de entrar a mangonear en las cajas, colocando carguillos de recunque y distribuyendo los fondos de la obra social "según los rectos criterios" del partido de turno, especialidad pepera. Y dices que eres socialista? También Paco Vázquez lo decía...yo no me lo creo.
Yo soy socialista, de Coruña, y me parece lamentable tanto la actitud de Caballero como la de algunos de los que aquí comentais que quereis hacer del tema de las cajas una guerra localista con La Coruña. Es una vergüenza escuchar argumentos lamentables de algunos individuos que insisten en decir tonterías. Yo creo que el articulista lo ha dejado bien claro en su artículo y a pesar de que no concido con el ideológicamente tengo que sacarme el sombrero con lo que ha escrito porque da en el clavo.
Pailanciño, argumentos os teus. Ti faltas, pois eu tamén, o raro é que saibas onde acende o ordenador, aínda que no ciber xa o están e entón xa serve. Como non me coñeces de nada, millor que uses eses ARGUMENTOS noutro lado. que caballerito, che comeu os mioliños e ten que ter tontos útiles que lle fagan o traballo suxo GRAN ARGUMENTO. vas de entendidiño e non entendes da misa un cuarto GRAN ARGUMENTO Que sabes ti de bancos, será cando vas a quitar cartos ao caixeiro GRAN ARGUMENTO aposto non sei canto a que ti tamén es un deses que chupa da sopa boba do señor caballero GRAN ARGUMENTO outro funcionario dos que tanto criticas ?????????????????????? GRAN ARGUMENTO, E ISTO XA NON SEI DE ONDE SAE, PERO BUENO, ONDE FALÉI DE FUNCIONARIOS??????? Ala a dar o responso a unha igrexa GRAN ARGUMENTO SI PODE, RESPOSTE VOSTEDE, CON ARGUMENTOS, SI A MANI DE PONTEVEDRA É LOCALISMO OU NON. SI NON SEGUIRÉI MANDANDOO TOMAR POR ONDE EMPEZAN OS CESTOS
menudos argumentos. Se eu estou no certo, que das caixas non sabes nin papa. Mellor que te adiques a esccribir en La Voz, que seguro que aí te contrata ben. Ai, perdón, en La Voz no que son de Coruña, quixen decir no Faro, que é de Vigo... bueno, de Vigo é un decir, porque na Coruña teñen a Opinión, e en Asturias la nueva españa, e é un grupo que non ten nada de galego, pero claro, como ti eso non o sabes, porque non tes nin idea de nada, pois tamén a defender ao Faro PORQUE ES DE VIGO CON DOS COJONES, a que si. Ala vai sacar cartiños de Caixanova que é o teu acto do día.
vaia mani aquela de Coruña, Monseñor Paco Vázquez e os antiSantiago. Farsa, demagoxia e populismo.
pailán (menos mal que xa te defines), a que contaba ben os cartos era a túa proxenitora, dez pesos completo.
Mira que es pailán señor que dis chamarte de Vigo. Que pasa, que caballerito, che comeu os mioliños e ten que ter tontos útiles que lle fagan o traballo suxo. Medita ben o que dis, que vas de entendidiño e non entendes da misa un cuarto. Que sabes ti de bancos, será cando vas a quitar cartos ao caixeiro e aposto non sei canto a que ti tamén es un deses que chupa da sopa boba do señor caballero, ousexa, outro funcionario dos que tanto criticas. Ala a dar o responso a unha igrexa
Mira q sodes acomplexados os coruños! Aquí o tema non é canta xente foi a manifestación, q fomos moitos mais do q esperaban os q apoian o roubo, se non a ILEGALIDADE, da lei q nos quere impoñer Feijoo mais o lobbi turko. A cousa é clara, e como se a tua filla de 14 anos, a obrigas a casar cun vello carcafachacanceroso. Que coruñha e motor de q? Non me fagas rir pailan! Sodes unha chea d funcionarios con aires d grandeza, q non sabedes facer outra cousa q vivir do resto do pais! Q non tedes pra comer, pero q vestides d domingo todolos dias! Se coruña é o q dis, q deixe a caixanova tranquila, seguide coa vosa caixa e non nos impoñades algo q o consello d administracion d caixanova rexeitou, e q a maioría dos clientes rexeitamos. Se este roubo, levase a cabo, tede claro q a maioría dos q ahora traballamos con caixanova, mudaremos os nosos cartos a unha entidade de fora, aínda q sexa marroquí!! A ver como presumides de caixa galega forte logo.
Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting