Ocurrencias

Dar confianza nos malos momentos é indispensable para chegar a superar o atranco que nos toca vivir. Pero ante un espectáculo tan esperpéntico como o protagonizado polo Goberno de Zapatero nestes últimos días co anuncio do retraso da idade de xubilación e demais ocurrencias é imposible, por moita fe que o asista a un, ter sequera esperanza en que mañá volte a sair o sol.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 15/02/2010

  • versión para imprimir

O dos 67 anos abriu a caixa dos tronos. Pode que haxa que revisar o sistema de pensións, pero dende logo a poucos convenceu a maneiras empregadas polo Goberno para introducir no debate o alongamento da vida laboral coma unha medida para garantir o futuro das pensións.

A explicación de porqué estamos onde estamos, ou parte dela cando menos, hai que buscala en que dende mediados de 2007 este país perdeu 1,5 millóns de contizantes, polo que neste intre o ratio entre traballadores en activo e pensionistas é de 2,5; en que pecháramos o pasado mes de xaneiro con máis de catro millóns de parados recoñecidos oficialmente; en que o superávit da Seguridade Social se esté a dilapidar en tempo récord; en que o 44 por cento dos xóvenes que queren traballar non atopan onde ou que máis da metade dos que teñen a fortuna de ter emprego teñen un contrato temporal… A lista de razóns sería tan longa que ocuparía todas as páxinas deste xornal.

E si a cousa xa era de por si grotesca, con ese conto de que a idea en cuestión é só unha proposta a valorar e negociar con vistas ó futuro, o clímax do entreacto (porque aínda queda moita obra por didiante) foi o anuncio do alongamento do cómputo para fixar a cuantía das pensións de 15 a 25 anos que tivo unha vixencia de catro horas.

Foi sen dúbida a medida máis efímera adoptada por un Goberno na historia deste país, pode que na historia da Humanidade. Valle Inclán estaría abraiado con este episodio que, hai que recoñecelo, tivo en vilo a todos, pensionistas, traballadores, parados e ata os integrantes da xeración Ni-Ni.
Todo esto podería ser o argumento dunha película con tintes cómicos, pero desgraciadamente a realidade, unha vez máis, supera a ficción. E o triste e que o conto aínda non acaba eiquí.

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

anónimo

ves, xa chegaron os da sede, tarde, pero chegan. Si os datos cantaran de verdade a ecuación sería: PP= chourizos, o que pasa que eses datos non interesan


3

Cernadas

Neste ano non se vai ingresar nin un so euro no fondo de reserva. Cousa que non ocorreu endexamais desde a sua creación alá polo ano 1997. Tamén isto é culpa do PP?? Quen está a poñer en risco o futuro das nosas pensions?? PSOE= paro. PP=emprego. Os datos cantan. E a realidade é teimuda.


2

anónimo

Oes, e Feijoo limitando a idade dos membros dos consellos de administración das caixas, e Fraguiña feito un buxo que aínda ten corda pra rato, manda carafio. E medida efímera tamén o da concesión do Xachanchulleo, perdón Xacobeo, que foi un erro que foi ou non foi que tal que sei eu. Pero tranquilo, que agora veñen os teus dende os ordenadores da sede e os "cacharro boys" dende a diputasao a defenderte. Alma, corazón y vida.


1

Atalaia

Gostaríame saber que milagroa ía facer o PP si gobernase no Estado ¿ Os mesmos que fai Feijoo na Xunta? ¿ Onde están as promesas electorais sobre dependencia, traballo, crise, ...? A única que están levando adiante é a de rebaixar o galego a mínimos para darlle gusto a grupúsculo de extrema dereita. En fin, ven a palla no ollo allleo e non ven a viga no propio.


Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog