Cando os socialistas e os nacionalistas poñiamos o grito no ceo porque na institución provincial só entraban a traballar cargos, familiares e axentes electorais do Partido Popular, moita xente miraba cara outro lado.
É sabido por todas e todos que dende que se fusionou Centristas de Galicia (os da boina) e Alianza Popular (os do birrete) en Ourense sempre existiron dous Partidos Populares, pero uns tapábanlle os escándalos ós outros, porque así a todos lles ía ben. Pero non só os do birrete amparaban as prácticas caciquís de Baltar e os seus acólitos. Tamén algúns medios de comunicación lle poñían sordina a todas estas denuncias.
Entre uns e outros foron permitindo que pouco a pouco a provincia de Ourense lonxe de converxer co resto de España fora afondando máis nesa fenda que existe entre a nosa provincia e o resto do Estado.
Non foron poucas as veces nas que nos sentiamos impotentes porque a nosa mensaxe de que outro modelo de provincia era posible, non chegaba á cidadanía. Había moita xente interesada en que só se escoitase esa frase tan manida de que “todos son iguais”, e como “todos son iguais” para que imos cambiar... que sigan os mesmos.
Pero agora de súpeto hai unha parte do Partido Popular e algúns medios de comunicación dos que antes estaban calados que lle poñen altofalantes as nosas denuncias e aveces incluso nos acusan de que facemos pouca oposición. É certo ese dito de que... as voltas que dá a vida.
Pois o certo é que o PSdeG de Ourense ven denunciando ano tras ano que unha Deputación que ten unha débeda que alcanza o 110% do seu orzamento, é dicir máis de 90 millóns de euros non é sostible. Tamén denuncia que unha Deputación na que a inmensa maioría (e debería dicir inmensísima) dos seus traballadores leva na carteira o carné do PP non é un reflexo na sociedade ourensán. Así mesmo non é normal que nunha Deputación como a de Ourense se realicen 1600 contratos temporais en catro anos, nin tampouco é normal que a veces o número de traballadores ande ó redor dos 1100 (por certo, sempre en período pre-electoral).
Pero o máis curioso de todos estes casos é que mentres esto acontecía na Deputación de Ourense había un vicepresidente (dos do birrete) que era o que presidía toda sas mesas de contratación e que é agora un dos que denuncia todas estas cousas “raras”.
Pero é que no PP de Ourense acontecen moitas cousas “raras” como que acudan de compromisarios o seu congreso candidatos do BNG na últimas eleccións municipais no Concello de A Bola. Pero tamén é moi “raro” que vaian como compromisarios catro concelleiros (o alcalde de A Pobra de Trives e o ex-alcalde e tres concelleiros de Calvos de Randín) que segundo os comunicados oficias do PP estaban expulsados do partido por ser declarados tránsfugas pola Comisión de Seguimento do Pacto Antitrasfuguismo. Pero o que aínda é máis “raro” é que tanto Rajoy como Feijóo que enviaron observadores ó congreso ourensán permitiran que estas persoas votasen no proceso de elección do Presidente do PP de Ourense.
Nós seguiremos denunciando aínda que a algúns lles interese poñer a veces sordina e outras veces altofalante as nosas denuncias.
Pero hai unha cousa que está clara, hai outra forma de facer política, e nós apostamos por ela. Unha política na que todo o mundo teña as mesmas oportunidades, e nas que as mozas e os mozos non teñan que buscar traballo fora da nosa provincia porque non teñen no peto o carné do Partido Popular. Só falta que a sociedade aposte por este cambio e todas estas prácticas caciquís pasarán a formar parte da historia. Unha historia rancia que todos queremos esquecer.
Eladio Osorio
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Polo que eu sei, este nin traballa de auxiliar admo., nin está contratado pola Deputación, así que para o que berra tanto, dicirlle que hai que berrar mellor. Por certo, ó mellor el si que xustifica as contratacións a dedo na Deputación. Como dicían antes, un denuncia, e en vez de atacar ó que comete o delicto, aquí todos a matar ó denunciante. Así nos vai en Ourense
Mira rapaz, aprendiz de cacique, o que che din os demais comentarios e ponte a traballar (e a escribir en galego ben). Non "poñas o grito no ceo" ponte a berrar ben alto dende O Castro que alguén te escoitará en Abeleda. E ti estás contratado de Auxiliar Administrativo na Deputación e pagámosche todos do noso peto, o resto que dis xa queda invalidado por ti mesmo, ti es exemplo da política de Baltar. Grita, grita! que os demais sabemos berrar na nossa Terra!
Pois estupendo, a seguir votadolle o Pp. Q todo siga igual, se non funciona, q mais da? O tema, e seguir así, q pode ser peor... Canto acomplexado en Ournse... Critican o mensaxeiro, e amparan ó q denuncia... E q dades pena!
Fermín , que foi antes o ovo ou a galiña?? Hai que empregar un pouco máis a cachola. Non se che ocorreu pensar que a información do País saiu do PSOE (que está claro que saiu) e que este xornal constriu a noticia a partir desta información?
E mira ti, en Carballiño, Entrimo so traballan afiliados do psoe.E en tragsa os socialistas todos empregados por Pachi e a ministra Espinosa, ASÍ QUE CALADIÑO, e senón pidelle consellos a teu pai, antes de falar.
Esta é unha nota de prensa que o PSOE de Ourense enviou a El País, e que agora ven este "fenómeno" a editala como se fora cousa súa. Dinos cal é a túa profesión, de non ser a de político chupatintas. Agora moito criticas ao Baltar, non facías o mesmo fai unhos anos. Hai outra forma de facer política; a que facedes vós en Castro Caldelas en que se diferencia da do Baltar na Deputación?
Asesor do Grupo Socialista da Deputación de Ourense. Concelleiro en Castro Caldelas do 91 ó 99 e de 07 ata hoxe. secretario Comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó 09. Secretario xeral do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e Secretario de Acción Electoral do PSdeG-PSOE de Ourense. O seu blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting