Os meus traballos como investigador están agora centrados en analizar os factores que determinan as decisións políticas. Os modelos explicativos mais recorridos baséanse na racionalidade, no marco institucional e na distribución do poder na sociedade. O concepto de racionalidade que se manexa nas ciencias sociais non é o que habitualmente estamos afeitos a utilizar. Ten que ver coa actuación estratéxica dos individuos cando buscan satisfacer os seus intereses persoais. O elemento institucional formal por excelencia é o marco legal, que determina, ou debería determinar, o comportamento dos individuos fronte á sociedade. Sobre a distribución do poder, e do económico en particular, que lles vou a dicir que vostedes non saiban.
Nun recente traballo exploratorio centrado no estudo dunha axenda política galega concreta, chegaba a conclusión de que si ben eses factores son determinantes na súa formación, a racionalidade e o marco institucional están claramente correlacionados a través da concentración de poder. Me explico, nos países con déficit democrático, por exemplo, os decisores políticos están especialmente dispostos a adaptar o marco institucional formal para favorecer a quen realmente detenta o poder, que, en “xusta” compensación “facilita” a satisfacción dos seus intereses persoais.
Isto que a primeira vista pode parecerlles obvio, ten una repercusión lóxico matemática bastante transcendente, e para poder poñelo en valor como teoría de alcance mais ou menos xeral, hai que probalo a partir de evidencias empíricas. Ese e o traballo no que agora estou enfrascado.
Por sorte o Concello de A Coruña acaba de proporcionarme unha verdadeira xoia. O suposto de análise queda como sigue. Considerando que a edificabilidade da “city” está practicamente esgotada, deixando sempre a salvo algúns edificios “singulares” e mentres se realizan ímprobos esforzos por legalizar o edificio Fenosa, a solución mais doada que aporta a “enxeñería urbanística” para perpetuar o sistema avalado pola “elite promotora” pasa por modificar nunha dirección determinada o marco institucional, representado neste caso polo Plan Xeral de Ordenación. Declarando fóra de ordenación, en todo ou en parte, os edificios da masa social máis “plural”, ¡abracadabra!, o milagre dos pans e dos peixes estaría conseguido. Dado que esa parte afectada non contabiliza a efectos de edificabilidade consumida, da chistera, por xeración espontánea sae suficiente combustible para rearmar a máquina especulativa que hai só uns días todos demonizábamos.
Mantereinos informados dos resultados da verificación.
Manuel G. Antón
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
As túas reflexións antóllanse demasiado teóricas, afastadas da realidade. ¿Non poderías ser máis claro?. Por non dicir que máis incisivo.
Si home, van falar agora os do PP, ou vasme dicir ti que onde o goberna o pp son perfectos. Só hai que ver o que están facendo na xunta para decartarse de que o que queren é o beneficio económico e importalle un carallo a conservación da natureza ou dos espazos verdes.
o perpetrado polo psoe e bng non ten pes nin cabeza. Os edificios construidos baixo o seu (des)goberno pasan a ser ilegais! Teñen data de caducidade como os iogures, pero iso si: como bos mercachifles non toman do que venden
Naceu en Ferrol en 1957, aínda que a súa vida sempre estivo ligada ao Concello de Fene. É Arquitecto Técnico, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, e Diplomado en Estudos Avanzados en Administración e Dirección Pública. Neste intre prepara a súa tese doutoral na área de investigación de Economía Aplicada.
Funcionario de Administración Local e Experto en Formación Ocupacional, compaxina estas actividades co exercicio como profesional liberal.
Froito dos seus traballos de investigación, publicou A Formación da Axenda da Política Galega de Acuicultura Mariña (Edicións Embora, 2009) e A Ceca de Xuvia: una visión dende a Economía (Edicións Embora, 2009). En relación coas súas actividades no Concello de Narón, publicou varios artigos sobre a xestión de residuos sólidos urbanos na revista Equipamientos y Servicios Municipales.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting