Galeguismo, españolismo e europeismo

Estes son os tres ismos que se usan en política en relación á identidade galega, española ou europea, hai algúns políticos en Galicia que nos autodefinimos como europeistas e somos lexión os que nos autodefinimos como galeguistas, a laxitude no uso e abuso do termo galeguismo é case infinita, se lles preguntasemos a Corina Porro, Abel Caballero, Núñez Feijóo, Javier Losada e a Carlos Negreira se son galeguistas non dubidarían en responder afirmativamente, Manuel Baltar diria que é máis orensanista pero que tamén é galeguista, tamén hai unha porcentaxe de galegos, segundo o CIS, o 28% que se consideran nacionalistas galegos, sen embargo ninguén se define como españolista ou como nacionalista español, nen o CIS, nen a maioria dos creadores de opinión consideran que exista unha ideoloxia política identitaria españolista ou nacionalista española, e eu preguntome, como é posible que non haxa un respaldo político a un estado-nación como España? Quen sostén a viabilidade dese estado-nación se ninguén cre nel, se non hai nacionalistas españois como nos queren facer crer?.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 18/02/2010

  • versión para imprimir

Estamos perante outra roda de muiño máis para comungar, como se tivesemos que comungar con poucas xa,  moitos creadores de opinión e de significado tratan de evitar, interesadamente, o uso deses termos, mesmo se permiten o luxo, de definir aos partidos de ámbito español con termos como constitucionalistas ou termos por oposición como “non nacionalistas”, os propios PP e PSOE non sinten a necesidade de reinvindicar a existencia da nación española posto que é unha realidade xurídica e historicamente consolidada e cun estado ao seu servizo polo que non é necesaria ningún tipo de reinvidicación neste sentido, xogando con trampas consiguen unha vantaxe na batalla simbólica e conceptual, eles son abertos e moi cosmopolitas mentres os outros somos pechados, non somos capaces de ollar alén de Pedrafita ou do Padornelo ou iso é o que pretenden que acreditemos.

Dicia ao comezo que era europeista, no escenario, afortunadamente globalizado, que nos toca vivir, a xeopolítica esixe a creación e consolidación de unidades estatais cada vez máis grandes, o auxe de Asia e do noso país irmán Brasil, colocanos aos europeos perante a perspectiva dunha perda de peso internacional que se vai ir acentuando en poucos anos e nos que mesmo estados como Alemaña, o Reino Unido ou Franza van pintar cada vez menos, nese novo contexto estados como o español ou un hipotético estado galego van perdendo adecuación e utilidade como marcos xurídico-políticos para o mellor desenvolvemento das nosas vidas en liberdade e prosperidade.

Na miña opinión Europa ten que tender cara a constitución dun Estado Federal no que Galicia podería ser un deses territorios federados, sendo Galicia o meu referente territorial de acción política, eu estaria moi cómodo nesa situación, sen embargo estou convencido de que esa perspectiva poria os cabelos de punta aos nacionalistas de estado franceses, británicos ou españois, incapaces de renunciar a que a sua nación sexa independente e que teña un estado propio. Son estes nacionalistas aos que arrepiarían as cesións de soberanía necesarias para seguir construindo o imprescindible proxecto europeo común, Obama acaba de dar plantón á UE, dicindo que non asistirá á cimeira UE-EUA, dase conta de que cada vez lle aporta menos unha Unión Europea na que cada quen vai por libre e cos problemas internos que ten nos Estados Unidos e unha Asia que si demanda cada vez máis atención, unha foto en Madrid para axudar a Zapatero a distraer a atención da sua incapacidade manifesta para encarar a crise, xa non vale o seu tempo, a acelerada perda de peso internacional dos actuais estados soberanos europeos, mesmo dos máis fortes, vai colocar aos supostamente inexistentes nacionalistas españois diante do seu propio espello, os galeguistas-europeistas estamos mellor preparados para o futuro ademáis de sermos capaces de mirar non só alén do Padornelo e de Pedrafita senón tamén alén Miño, alén dos Pirineos e alén do Atlántico.

Carlos Vázquez Padín




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 12

    Joam

    Joam, velai uma demonstracao que o projecto de Converxencia tem sentido e futuro: a derradeira critica aporta algo de envexa e algo de carraxe, pero nada mais. Segue escrevendo e com o bom trabalho Carlos. con apertura e xenerosidade de miras, non como outros ancorados no pasado nostalxico.para ser galeguista, por principio, hai que ser "bo e xeneroso".por riba de todo.


    11

    Lois

    Moi sorprendente opinion, sobre todo porque vai nunha linha que obvia o mais elemental sentido comun da politica: un partido totalmente inexistente e sen representacion politica algunha no pais, proclama a decadente fin apocaliptica da UE como actor politico a nivel mundial. bravo,Sr Padin,se lee isto, olhe as cifras economicas e comerciais do primeiro bloco mundial en riqueza e estado do benestar do mundo, que segue a ser e sera por moito tempo a UE. Non nos venda o seu fume de liberalismo como europeismo liberal e "moderno"...fronte os "carrozas" do bloque... na Galiza xa houbo e hai xente europeista e coas ideas moi claras antes de vostede: por exemplo lembre que Camilo Nogueira foi eurodeputado do BNG -defendendo de xeito impecable o pais-, o partido que vostede pon a feder en cada unha das suas varias colaboracions. tanto personalismo pola sua banda pinta raro para un proxecto politico novo que desexe ser minimamente atractivo para o conxunto da sociedade...


    10

    Fiz

    100% dacordo, así de claro.


    9

    Meu Rei

    Concordo con vostede na importancia de mirar ao futuro con ollos abertos. Parabéns amigos de Converxencia.


    8

    anonimo

    ¿o noso país irmán Brasil? ¿onde está a irmandade? Creo que temos muito máis que ver con calquera outro país sudamericano que con Brasil, claro que os outros non falan portugués, que é o que vos interesa aos nacionalistas de verdade ¿non si?


    7

    SCF

    Por outra banda non podemos esquecer tampouco que estamos nun contexto europeo onde existe unha confederación de facto entre Estados e repito, Estados, non rexións, pobos ou nacionalidades.... Ver máis E en terceiro lugar, gusto porque sempre fun independentista.


    6

    SCF

    Eu penso que isso é algo inxusto desde o momento en que o independentismo en abstracto non é radical per se, para mostra o Plaid Cymru ou o SNP, posto que é simplemente outra concepción do relacionamento entre dúas, digamos realidades, que fan parte dun estado. En todo caso, radicais poderían ser as formas, o discurso ou o proxecto concreto de cada realidade concreta. A concepción da Galiza europea que propón o Carlos eu digo que viría reformular o independentismo porque, na praxe, non sería outra cousa que federalismo europeo. Cómpre lembrar que estamos nun contexto estatal onde está a haber verdadeiros problemas para aceptar una definición de Cataluña como nación (ma non troppo) polo que esta concepción da Galiza na Europa suporía simplemente a superación dun federalismo español, quer propuña Castelao quer sen Portugal, que xa semella confirmarse como pouco mais ca unha quimera.


    5

    SCF

    Se Converxencia optase pola visión que o Carlos defende no artigo convertiríase nun partido independentista... e eu, persoalmente, gusto da idea. Por qué? Pois por, antes de mais, rachar co independentismo socialista de Nós-UP, FPG e mais xentiña, resistencialista e que non visa saír da marxinalidade na que está instalado. En segundo lugar, porque estaría a reformular a idea do que o independentismo significa a dia de hoxe, non só na Galiza, mais na España tamén. Penso que todo o mundo concorda en que declararse hoxe independentista en España é correr o risco de ser alcumado "radical", e dígoo con coñecemento de causa.


    4

    anonimo

    En un mundo crecientemente interconectado el concepto de estado-nacion tiene fecha de caducidad. En este marco es necesario inventar realidades politicas mas amplias. Empreder el camino de la federalizacion de la Union Europea puede ser la opcion correcta. Como gallegos tenemos que tomar ya una posicion al respecto. La opcion galleguista al desafio Padin la esboza perfectamente en este articulo. La oposicion al proceso de convergencia politica probablemente provendra de aquellos que hoy defienden el status quo. Aquellos aun anclados en el viejo concepto del estado-nacion, incapaces de aceptar novedosas realidades. Aquellos a los cuales la legitimidad que les concede el estatus quo permite esconder su verdadera condicion. Sin embargo, el devenir de la historia pondra a cada cual en su lugar, revelando los ideales reaccionarios de los reacios al cambio. Los politicos españoles deberian tomar nota, olvidar los viejos cliches y abrir sus ojos a las nuevas realidades.


    3

    politologo

    Ben como teorico, agora como politico ainda ofreces o mesmo que os demais, sendo un comercial, de calquer empresa, teu partido. Non e nada sorprendente o que dis cando profesores da nosa facultade obvian o cleavege centro-periferia desvirtuandoo como nacionalismo non nacionalismo. En canto xa a famosa frase de predrafita, penso que o estigma do colonizado fica moito mais gravado nas persoas nacionalistas españolas que non son quen de ver mais ala da Puerta del Sol, cando no Seculo XXI iso non deixa de ser unha paletada. Esta Eurpa, os ben queridos EUa para alguns, Africa, Asia e Sudamerica e neste mundo globalizado todo esta intercomunicado, e a nosa visi+on e interpretacion è unha mais-valia


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Carlos Vázquez Padín

    Fundador e Secretario Xeral de Converxencia XXI. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade dirixe o seu propio negocio.