As propostas da Xunta no Día da Linga Materna

Este domingo celebrouse o Día Internaciona da Lingua Materna e a Secretaría Xeral de Política Lingüística realizou unha campaña para que a lingua materna "se celebre o ano enteiro" e apunta que en contextos nos que existen varias linguas en contacto, "é frecuente" que se adquiran diferentes idiomas "como linguas primeiras".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/02/2010

  • versión para imprimir

O Día Internacional da Lingua Materna é unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano por mandato da Conferencia Xeral da Unesco en 1999. O obxectivo é promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural e impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Para conmemorar este evento, a Xunta puxo en marcha a campaña 'Transmisores da lingua e dos afectos' a través da que propón:
1. Educar no respecto a todas as linguas
2. Transmitir o valor da diversidade
3. Cultivar as linguas con menos falantes
4. Fomentar a aprendizaxe de linguas
5. Perder o medo a equivocarte
6. Déixalles aos fillos unha herdanza valiosa
7. Acoller as outras linguas que te rodean
8. Non lle pechar a ninguén as portas da túa lingua
9. Practicar o ecoturismo lingüístico
10. Falar tamén para os que están preto.

Potenciar a lingua materna

A Secretaría Xeral de Política Lingüística destaca a importancia do uso dunha lingua materna polos axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. "Nas sociedades avanzadas, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais", apunta.

Sobre a importancia futura que ten unha lingua materna para unha comunicade de falantes apunta que "a lingua inicial ten unha grande importancia para as persoas por múltiples cuestións, entre outras, na adquisición como lingua primeira danse naturalmente os supostos da aprendizaxe precoz e da motivación comunicativa, favorecedoras do logro da aprendizaxe".

"Diferentes linguas como linguas primeiras"

Este dapartamento tamén saliente que a lingua primeira "adquírese, por definición, durante as primeiras etapas do desenvolvemento do neno". E engade; "en contextos onde existen linguas en contacto, é frecuente a adquisición de diferentes linguas como lingua primeira".

A campaña foi divulgada exclusivamente a través de Internet  co envío deste documento aos centros de ensino.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

Ramón

Pois se eles non o están, alá eles, eu si: Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego. http://www.coordinadoraendl.org/org...


2

anonimo

e para cando o Dia da Lingua Propia do país?


1

Xanciño

Agora resulta que en Galicia temos dúas linguas "primeiras"... iso é o que interpreto eu do que di o señor Lorenzo. E, polo tanto, o día mundical da lingua materna é para defender o galego e o castellano por igual, non si, lorenziño?


Día Internacional da Lingua Materna/ xunta.es