Convenios por conveniencia

Nova entrega sobre o urbanismo en Cambre.Desta vez sobre o convenio asinado polo promotor José Manuel Rodríguez Lodeiro e o alcalde deste concello, Antonio Varela Saavedra, sobre a edificabilidade duns terreos situados á beira da NVI.

Por Galicia Confidencial | Cambre | 24/02/2010

  • versión para imprimir

Polo blog colaborador emboscadoeneltemple

Teñen as casas da NVI á altura do Graxal unha poderosa presenza. Encantadas para uns, en ruínas para outros , unha tristeza ver como se van descompondo para todos. As casas xemelgas da Nacional VIN parecen compartir a tráxica decadencia de todo o municipio: Situado nun lugar estratexicamente perfecto, derrúbase esquecido por uns xestores máis ocupados noutras cousas que en traballar por todos os seus veciños.

Dicía o alcalde recentemente nunha oportuna entrevista salvadora publicada pola Voz, que se marcha, “por estar esgotado”, En realidade debería dicir que o botan, pola extenuación do seu proxecto como xestor, si é que algunha vez o tivo.

Fala o alcalde de novos tempos e necesidades para os veciños, da urxencia de novos bríos... E dio coma se el fixese suficiente. Tarde se decata, 2010, coa tele en cor desde os 70, un computador en cada fogar, teléfonos móbiles no peto de todos… e o alcalde descobre o empuxe dos novos tempos. Onde estivo escondido durante os últimos decenios?.

Unha xestión anticuada, onde os computadores son un inimigo que pode durmir durante semanas, onde as xestións máis importantes amontóanse en cartafol durante meses, onde funcionarios torpes e serviles pagos a prezo de ministros hábiles, incorpóranse a media mañá, xustificando eses atrasos como un dereito... Que van exercendo día a día.

Isto é Cambre, a máis chafalleira das xestións imaxinables, e nunca as torpezas dun só e aí está o detalle. Moito presumen de que nunca se atoparán irregularidades, de que todo se fixo de acordo coa lei... Ou a súa ausencia... E aí sorrín. O desastre cambrés non é a obra dun só, é o animado e articulada broma de varios e o silencio cómplice doutros moitos. Que fixo a oposición todos estes anos?.

Como xa dixen, de Cambre asusta o que se sabe, pero aterra o que poida quedar por coñecer e aínda no caso que descartemos falar de corrupción, seguiriamos escandalizados pola colosal magnitude dunha xestión absurda e desastrosa. As casas da Nacional VIN, mudas na súa lenta decadencia, sábeno, vírono e case o sofren.

Sobre xestións sorprendentes

Corría o ano 1996 e un promotor coñecido pola zona e presunto amigo do rexedor, propuxo un convenio urbanístico para a área onde se atopan as casas. Todo o demais, é confusión, desastre e escándalo.

Debemos lembrar que ante a ausencia de Plan Xeral, a interpretación das Normas Subsidiarias e os convenios vólvese subxectiva e caprichosa, É ese o motivo da insistencia da administración cambresa por aniquilar a aparición dunha PXOM que regularía as accións dos promotores?. Non debe de ser unha cuestión de incompatibilidade xeográfica, Cambre linda con Oleiros, (como ben sabe o alcalde), Cantos Plans Xerais revisados leva Oleiros?, uns cuantos, e en Cambre, no ano 2010 ningún.

É máis, á última empresa á que se encargou teatralmente a súa redacción renunciou ruidosamente a tal encargo ante a falta de cooperación do concello, dando por resolto o acordo e esixindo que se lle pagase o debido. Algo que Varela Saavedra aprobou nun pleno, non sen antes tentar cobrarlle ao erario público, as súas débedas persoais e as do exconcelleiro de urbanismo Andrés Arcay coa mesma compañía. Custa crelo?. Repítoo, é algo coñecido do que quedou constancia na acta da sesión plenaria: Cando Cambre liquidou os máis de 50 mil euros que se lle debían á empresa que non puido desenvolver a PXOM, o alcalde tentou coar tamén a liquidación a esa empresa dun encargo persoal (aquí) e non sería a última vez. Pero regresemos a 1996. O Convenio que puido ser e non foi.

O promotor José Manuel Rodríguez Lodeiro e o alcalde de Cambre Antonio Varela Saavedra, asinan un convenio sobre a edificabilidade duns terreos situados á beira da NVI. (DOCUMENTO)

Todos os homes... Outra vez

O primeiro que chama a atención é que cambiasen da superficie real:
Segundo a medición sería de 17.359,88 m2, que no convenio pasan a ser 21.267 m2.
3.907,12 m2 extras de edificabilidade a maiores do que correspondía, Quen?, Por que?.
Pero esa superficie edificable, (e os seus metros extra), sofren inopinadamente unha nova modificación, (en roman paladín: lembremos que non só se edifica ao ancho, tamén ao alto). Pasará os terreos e a súa edificabilidade de 0,5m2/m2 a 1m2/m2 (isto chámase aproveitar ao máximo o espazo) e en alturas de B+3 (baixo + 3 alturas) a B+6 (baixo máis viva a Pepa).

Aínda hai máis: Segundo as Normas Subsidiarias, (as únicas ás que podemos acollernos en ausencia do tan odiado Plan Xeral), a superficie real edificable da zona era de 8.679,94 m2 fronte aos xa mencionados 21.267 m2 que se fixeron constar (12.587,06 m2 extra para edificar, si tomásemos o coeficiente de 0,5 m2). Pero claro, en ausencia de Plan, sexamos sinceros: todo é interpretable.

Polo que un convenio pode ser pisado, negociado, adaptado... Mesmo aprobado en pleno o seu fóra necesario, e coa oposición cambresa distraída durante anos, non parece algo demasiado difícil.

As consecuencias do convenio

Todos os complexos cambios antes relatados teñen unha tradución moi simple que comprenderemos facilmente: 139 vivendas a maiores, que en beneficios “extra” para a promotora entre chan e ganancia de promoción, amontoarían 700 millóns de pesetas do ano 96, un sobre outro. 700 millóns extra, á marxe do beneficio que xa arroxaría o convenio, si se respectaran as Normas Subsidiarias. 700 millóns que xenerosamente a administración de Varela Saavedra decidiu procurarlle ao promotor, Sen pedir nada a cambio?.

O convenio xustificábase coa achega de 70 millóns de pesetas, por parte da promotora, para a rehabilitación das Casas da NVI, que pasarían a ser un glorioso edificio municipal. 70 teatrais millóns por tan importante negocio extra. 630 millóns de pesetas libres (insisto: a maiores dos beneficios que xa ofrecía a promoción antes  de ser amablemente retocada) por investir presuntamente 70 millóns de pesetas. Non me atrevo nin a preguntar, pero ou estamos ante uns pésimos negociadores ou ante uns moi torpes, inocentes e trapalleiros xestores. Poida que ante outra cousa, pero non serei eu... Eu non.

Que foi do Convenio?

Empezaba xa o desmonte da zona, (como se pode comprobar ao pasar polo lugar) e unha tráxica noticia freou en seco a promoción. O nome do promotor saltaba ás páxinas da prensa nunha escabrosa noticia: fora asasinado en confusas circunstancias. Un feito que nada ten que ver co convenio, pero que pon un escandaloso punto final a tan caótico enredo.

Teñen as casas da NVI á altura do Graxal unha poderosa presenza. Impasibles, mudas e dignas, sofren a deterioración dos seus días solitarios baixo a choiva, lembrando aqueles tempos nos que alguén prometeu que serían a máis elegante biblioteca municipal da zona e todo, por un puñado de metros e uns cuantos centos de millóns de nada...

P.S. Para cando unha investigación sobre o patrimonio dalgúns personaxes?, é absurdo, non sei por que se me ocorreu preguntar algo así.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

3 comentarios
3

José Antonio

Señora Fiscal, usted se entera de todas estas "COSITAS", yo no entiendo que está pasando en mi pueblo, que hay denuncias y no pasa NADA, a que espera para INTERVENIR. Si la persona que aquí escribe tiene toda esta información, usted tendrá mucha más, a que espera para llamar a declarar a alguna persona imputada. Gracias EMBOSCADO.


2

Lis

Eu non son de cambre, pero quedo abraiado cada vez que vexo algo por aquí, o peor e que penso que non e un feito aillado, e que isto aconteceu en moitos sitios... Non sei a que esperan para investigar xa.


1

Xandokas

Pelotazo Municipal!!!!!! Debería intervir xa a Fiscalía... a investigar!!!!!


Concello de Cambre/ flickr