Cooperación público-privada

Dicía un amigo meu que estamos pasando un tempo no que todo se espera da Administración ou mellor das Administracións.

Por José L. Orozco | Lugo | 22/02/2010

  • versión para imprimir

Falaba de que na súa aldea, nunha Parroquia dun Concello da Provincia de Lugo, se producira unha pequena focha nun estupendo traballo de cementación que fixera o Concello. Unha mañá, esperou a un veciño e comentoulle que tiñan que reparar aquela pequena focha. Recibiu como resposta “non te preocupes, que iso ten que facelo o Concello”. Pasaron meses e logo anos, concretamente tres, - a focha pasou a fochanca – e vendo que o Concello non amañaba o deterioro, aquel que todo o esperaba da Administración pediulle o seu amigo que lle axudara para facer entre os dous a reparación. Fixérona no pasado Nadal.

É verdade que as Administracións teñen obrigas e que teñen que cumprilas. Non vou ser eu quen neste momento faga unha detallada recensión das que lle corresponden o Concello dun xeito inescusable nin tan sequera vou dicir cal dos dous amigos tiña a razón. Si defendo o principio xeral de que o esperamos todo ou case todo das Administracións.

Hai cousas nas que seguro que todos estamos de acordo. Son os chamados piares básicos das sociedades do benestar. As Administracións teñen que procurar, e dentro de parámetros de mellora constante da calidade, a Educación, a Sanidade, as Pensións e as necesidades da Dependencia. Baixando de nivel administrativo ten que garantir benestar social, recollida de lixo, limpeza, auga, saneamento, ornato, posibilidade de deporte, educación complementaria, boas rúas e pistas, alumeado público, transporte público, cultura, etc. etc.. Sen facer tampouco unha detallada recensión estaremos de acordo que por aí e por máis cousas que deixo para os lectores van os tiros.

Acabo de chegar de viaxe da capital dun país que din que é nestes momentos, a pesar da incerteza económica, o país punteiro no desenvolvemento. Pois ben, un día antes da chegada recibiu unha tormenta de neve como non se recordaba en cen anos. Paralizouse a cidade porque era imposible andar ou circular por ela. Pero os días seguintes, coincidindo con unha fin de semana longa, os veciños, con pico e pala, limpaban as beirarrúas ou os aparcadoiros en superficie nos que estaban os seus autos; a administración recollía con grandes camións e palas a neve das rúas e de aqueles camiños, por exemplo nos xardíns, que serían transitados por veciños. Bó exemplo de cooperación pública-privada!.

José L. Orozco




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Alex

Paréceme que é ven certo o que dí, señor Orozco. É verdade que os cidadáns pagamos os nosos impostos e son as administracións as que deben saber xestionalas para mellorar a calidade de vida dos veciños e aquelas necesidades que xurden o día a día. pero os cidadáns non debemos olvidar que podemos poñer o noso grao de area para soventar as necesidades. Se non nos custa nada podemos pensar en que as nosas accións poden ser un investimento de futuro. É non fai falla que sexa recollendo neve ou arranxando os socabóns, senón que simples xestos como tirar a basura nas papeleiras e contenedores, coidar o mobiliario público,participar en iniciativas sociais,... Todos somos cidadáns do mundo e podemos colaborar para que todo sexa mellor, polo que non podemos quedar parados agardando a que outros o fagan todo por nos.


1

Obrigas e Dereitos

Como ven dí Señor Alcalde, a tormenta foi como non se recordaba en 100 anos; polo tanto esta colaboración pública-privada poderíase calificar de excepcional. Pola contra as malditas fochas e fochancas abrense todolos anos, ou mesmo varias veces ó ano, polo que a parte privada da colaboración esperamos non ter que perder o tempo continuamente facendo o traballo dunha administración pública á que lle pagamos impostos para que cumpran coas súas tarefas. Cando haxa unha nevarada como non se recorde fai cen anos, tranquilo que os cidadáns habemos de saber palear a neve.


José Clemente López Orozco

naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas. Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el. No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos. Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz. Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política. Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise. Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses. Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida. Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición. Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete. "Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog