Maneira e maneiras

Galicia, pese a crise, acabou o ano 2009 cun déficit do un por cento sobre o PIB, por debaixo, por tanto, do obxectivo do 2,2% de media que se fixara para o conxunto das comunidades autónomas.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 22/02/2010

  • versión para imprimir

Ademais, a economía galega rematou o pasado exercicio cunha contracción do tres por cento, seis décimas menos que a media española. Non é para tirar foguetes porque a situación segue a ser complicada, pero si para suliñar que hai maneiras e maneiras de enfrontarse a unha situación adversa. E a actuación contra ela, a aplicación dun plan de austeridade eficaz, á vista está, dá os seus froitos.

O Partido Popular demostra na Xunta, como xa o fixo durante a súa etapa ó fronte do goberno do Estado, que xestiona ben e que sabe facelo ademais ou a pesar da penuria e pese a mala herdanza recibida de socialistas e nacionalistas.

Así, a Xunta axustou os seus gastos e ingresos ó orzamento inicial, gracias a que as deficiencias nas estimacións realizadas polo bipartito foron compensadas con recursos adicionais e unha mellora sustancial na xestión dos fondos europeos, así como o xa mencionado Plan de Austeridade aplicado polo Goberno de Feijoo.

Un plan que permitiu un aforro de 144 millóns de euros, que se adicaron a financiar investimentos productivos e gasto social dirixido en boa parte a xerar emprego a través do Plan de dinamización contra a crise.

Esta situación contrasta claramente coa que presenta o Goberno central. O déficit do conxunto das administracións públicas supón o 11,4% do PIB, preto de 120 mil millóns de euros, dos que case 100 mil millóns de euros son responsabilidade directa do executivo de Zapatero.

Ante esta situación, o Goberno de ZP, tamé plantexou un plan de austeridade (que o PP, por certo, levaba moito tempo reclamándolle) co que pretende reducir o gasto en 50.000 millóns de eiquí ó 2013.

Pero este plan, como toda a súa política económica, non é creíble. As súas previsións macroeconómicas voltan a pecar de excesivo optimismo e contrastan, outra vez, coas previsións da maioría de organismos e institucións económicas.

Non se teñen suficientemente en conta, ademais, a probable subida dos tipos de interese que o BCE estableza este ano, nin o encarecemento da rendabilidade que haxa que ofrecer para colocar a altísima débeda pública. Ambas circunstancias invalidan xa, de por si, os cálculos realizados polo Goberno central.

Por outro banda, tampouco se especifica onde se realizarán os recortes de gasto, ni en qué cuantías, o que converte este plan en pouco máis que unha declaración de intencións que teñen pouco peso, máxime co historial derrochador que presenta o Goberno socialista e do que temos boa mostra na propia Deputación de Lugo.

En definitiva, hai maneiras e maneiras e as que representa Rodríguez Zapatero, e o socialistas en xeral, seguen sen ser as axeitadas. O Partido Popular é un referente en materia económica, un exemplo a seguir, demostrouno no seu momento en España e en tan só dez meses tamén o está a demostrar en Galicia.
 

X.M. Barreiro




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

41 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 41

    HOOLIGANS

    Pero iso sí, sae o Barreirín este, que xa estaba con Fraga (e con CACHARRO, e con Crespo, e con Cuiña, e con Baltar, e con...) e veña que todo o fan mal outros, nos SOMOS UNS FENÓMENOS. VAI TRABALLAR


    40

    Hooligans

    Traballando? en serio? e que fai home? Mire, o das herencias vai por familias, tamén os outros dicían que Fraga deixara aquelo coma un solar. A mín o que me fai gracia son as gañas de defender ao Feijoo por parte dos seus HOOLIGANS, porque si gañóu foi en parte por moitos que votaran ao bipartito e quedaran defraudados. Pero aos do PP non os defraudan nunca, nin Baltares nin Crespos nin ConFusións nin paro (esto arranxoo eu en 60 días, remember?) nin crises nin concesións a amigos nin desmantelamento da sanidade, nin mocións con tránsfugas, nin decretos que non contentan a ninguén (que xa é dificil), nin deputados propios collidos nas uvas (non hai xeito de facelos dimitir, joder, que cariño lle teñen ao postiño). Nada, nun ano de falcatruadas non escoito un mea culpa, unha crítica. Y tú más


    39

    Nicanor

    Calquera que lea os comentarios dalgunhas persoas que teñen como afición a escribir en certos blogs, pensaría que o PP non gañou as eleccións por "MAORÍA ABSOLUTA". Leva o Sr. Feijoo un ano traballando, E dende logo poden tachalos de fachas, de opusianos .... pero os saíntes non se luciron precisamente, os problemas que ten Galicia neste intre son HERDADOS. Vai ser que o Bipartito non o fixo tan ben.


    38

    sergio

    Fáltache Aznar ou Ansar no mantra. Da a sensación de que quedades a gusto cando sacades a muletilla polivalente. Debe ser algo así como unha letanía do exorcismo laicoprogre. Ah!, e tamén faltou Irak. Ou ao millor tocaba no segundo misterio do rosario polo civil que rezades moitos. Bicos.Eu o deixo eiquí.


    37

    Estíbaliz

    Ostiás si debe ser duro, ahí tes aos de GB (con NEgreira, Porro e demáis) e aos OBISPOS, OPUS DEI, FORO ESPAÑOL DE LA FAMILIA, CONCAPA, HAZTE OIR, LEGIONARIOS DE CRISTO, todo moi pepero. O de Cuba? un dictador, coma Franco. Ambos amigos de Fraga, a estrela conservadora de Lugo. Por si acaso, lémbroche que o/a que suscribe non é Hooligan de ningún partido, e polo tanto pode permitirse a liberdade de esixir responsabilidades a TODOS sin cargo de conciencia, non coma algúns... estóu no certo?


    36

    sergio

    Carállulas, doeu. Pero habería que esforzarse un pouquiño mais na argumentación. Parece que algunha acabou as existencias do cantineiro de cuba, cuba,cuba..., bebendo augardente para olvidar. Qué duro debe ser volver a pancarta.


    35

    Estíbaliz

    ...destilando veneno, rabia, rencor. Fascismo en estado puro. Como catarsis ata pode estar ben. Boabdil choraba diante da sua nai pola Granada perdida. Os fachas e o seu Barreirín rumian a perda da Deputación de Lugo laiando na internet.


    34

    sergio

    A sede debe estar pechada xa. Eu acabo de chegar a casa e miro a ver qué tal vai isto. Ben, destilando veneno, rabia, rencor. Progresismo en estado puro. Como catarsis ata pode estar ben. Boabdil choraba diante da sua nai pola Granada perdida. Os progres rumian a perda do biparito laiando na internet. Tempos modernos.


    33

    nepomuceno fernande de cairota

    ANTES CO BIPARTITO GALIZA CREICIA UN 4,7 POR CENTO DO PIB E CREABA EMPREGO, AGORA CO FRIJOLATO GALICIA DECRECE UN 3 POR CENTO DO PIB (UNHA CAIDA DE MENOS 7,7 POR CENTO DO PIB) E O PARO ESTA A MEDRAR O MAXIMO NESTE ANO UN 15 POR CENTO MAIS, NO ANO TRIUNFAL DE FRIJOLES (ESE SUBPRDUCTO INTELECTUAL DA COZ DA CORUÑETA) AS EXPLOTACIONS GADEIRAS PECHADAS SUPERAN O MILLAR, O PREZO DO LEITE E O PEOR CUN LEMBRA, E SON A CENTOS AS PYMES QUE PECHAN AS PORTAS. FRIJOLES, ZAPATIESTO E MARIJUANO SON A RUINA DAS FAMILIAS E EMPRESAS GALEGAS TEMOS DE DECIR QUE NUN SECTOR TAN GALEGO COMO O FORESTAL A CAIDA DOS INGREOS E DO 28 POR CENTO. E QUE A PESAR DAS PROMESAS DO FRIJOLES ESTE ANO CITROEN VAI DESPEDIR A 700 EMPREGADOS E REDUCIR A PRODUCCION UN 20 POR CENTO. CON FRIJOLES EN GALIZA A RUINA E SEGURA... OS GOBERNOS DE FRAGA E BIPARTITO PARECEN UN PARAISO COMPARADOS CO INFERNO DO FRIJOLATO ESTE ANO


    32

    YTUMÁS IV

    con un CRESPO EN EL TALEGO POR CHORIZO, PERO CHORIZO DE LOS GRANDES, al que ahora nadie conoce en el PP (nadie en el PP gallego está salpicado, dijo otro Einstein de los muchos que pululan por su partido, como la chica de NNGG, jeje, 29 años y estudiando derecho) EN EL PP SI QUE HAY GENTE PREPARADA, SECTOR BOINA, QUE ESTUDIARON EN EL NOCTURNO SIN LUZ...BANANEROS COMO EL de Xinzo, condenado por choricear, que vuelve a presentarse una vez cumplida condena, y gana... Ourense is different, acaban de verlo el mes pasado. Y que decir del gran Cacharro, virrey de Lugo??? Venga, tecleen desde la sede... HOOLIGANS


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • Xosé Manuel Barreiro

    Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog