Atos Origin, a consultora na que é directiva a sobriña do ex-ministro Romay Beccaría, aumentou considerablemente os contratos que logra da Xunta dende que goberna o PPdeG.
4 millóns nun ano de PP e 1,2 millóns en catro anos de bipartito
Así, esta multinacional gañou polo menos oito adxudicacións en menos dun ano, por valor de case 4 millóns de euros. A Xunta do PP deulle tres desas oito adxudicacións sen publicidade, unha vía que só se pode usar en teoría por motivos de urxencia.
Nos catro anos anteriores de bipartito, Atos Origin lograra cinco contratos por 1,2 millóns, todos eles mediante concurso público.
Contratos sen publicidade
O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) adxudicoulle a xestión documental por 225.000 euros en novembro ; e o rexistro de factura electrónica por 61.000 euros. Este último contrato logrouno grazas a procedemento negociado sen publicidade, que permite a administración contratar unicamente pedindo ofertas a unhas poucas empresas.
Deste xeito, sen apenas competencia, Atos Origin tamén logrou dous dos seus catro contratos coa secretaría de Modernización. Trátase das oficinas de seguimento do Plan TIC de Xustiza por 60.000 euros e do Plan TIC de Medidas Urxentes por 56.000 euros.
Leva a máxima puntuación posíbel en todo, menos na oferta económica
Os outros dous contratos de Modernización conseguiunos sumando a máxima puntuación en todos os baremos salvo o máis obxectivo, a oferta económica. Foron 378.000 polo Plan Estratéxico Global e 99.000 pola redacción do Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza.
En total, a consultora recibiu de Modernización adxudicacións por máis de 600.000 euros pola redacción de todos os plans de novas tecnoloxías do novo Goberno.
Ademais, a Consellería de Medio Ambiente adxudicoulle o sistema de información do transporte metropolitano por 113.000 euros. O maior contrato foi do Sergas: 2,1 millóns polo sistema de aprovisionamento. Por último, a Consellería de Facenda, pagaralle 514.000 euros pola informática do servizo de persoal.
Carmen Martín de Pozuelo Romay é directiva desta empresa na central de Madrid. Martín de Pozuelo é sobriña de Romay Beccaría, ex-líder do PP coruñés e un dos mentores políticos de Alberto Nuñez Feixóo.
De feito, Feijóo fichouna para a súa cúpula cando dirixía Correos e tamén cando entrou como conselleiro de Política Territorial. En 2005, a CIG incluíu o seu nome nun listado de familiares do PP que terían sido enchufados na Xunta, daquela baixo poder conservador.
Atos busca técnicos para a administración electrónica en Santiago
A secretaría xeral de Modernización reaccionou á primeira nova de Galicia Confidencial sobre Atos Consulting destacando que esta empresa só levou o 7% dos seus contratos.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Estos do PP no se cortan en mangonear na Xunta como se fose o seu cortixo. O Hernández dalle tódalas contratas a Puentrs na que traballou a entrar na Deputación de Louzán, o Guerra concedese a si mismo créditos do IGAPE, o Juarez a través do Seaga ten empregada a toda a comunidade de Viciños e que decir do responsable do novo IGAEM que subvencións a súa produtora, etc, etc...O Dito: O meu é meu o dos demáis a repertir.
Maaaaioooneeesaaa eu removo como se fora maionesaaaa...¿viches como removo o asunto? Fala xa Carlos! ou é que non tes nada que dicir? Galiña!, galiña!, galiña!...
No tema das tecnoloxías da información o BNG non ten nada que denunciar. Máis ben ao revés, mellor que non movades o asunto ou podedes saír escaldados. Se a adxudicación é mediante concurso, u-la trampa?
A galega Ana Pastor, ex-ministra de Sanidade co PP, nun acto canda Carme Martín de Pozuelo Romay. Foto: Sanifax
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting