Delincuentes mais novos

Non hai moito, neste mesmo foro, facía unha pequena reflexión sobre o uso da violencia na xente nova.

Por José Freire | Pontevedra | 28/02/2010

  • versión para imprimir

Unhas datas máis tarde, coñeciamos o dato sobre o incremento da delincuencia xuvenil nun 40%. Por iso permítaseme  volver a referirme a un fenómeno que debe comezar a preocupar, aínda que, dende o punto de vista de estatística da delincuencia, non represente un problema de primeira magnitude.

Menores delincuentes houbo sempre. O elemento novo é que cada vez máis empregan a violencia na comisión dos delitos. Fai uns anos a súa ferramenta de traballo era un desaparafusador. Agora incluso chegan a usar unha recortada.

A disgregación da familia; a falla de vixilancia do pai ou da nai; o ambiente corruptor das grandes vilas; a educación deficitaria ou errática que recibiron; as amizades ou ambientes frecuentados; a inseguridade da adolescencia fronte á sociedade; por razóns laborais os pais desatenden aos menores, crecendo carentes de afecto e sen o seu apoio, suplindo a compañía familiar por outras formas de relación (cuadrillas ou bandas xuvenís); a disposición de moito tempo libre, xurdindo o aburrimento e enchendo este tempo con entretementos nos que non hai que facer grandes esforzos, son factores que, entre outros, ben por si solos ou combinados, conducen aos rapaces a delincuencia.

Ante os actuais valores da sociedade e do estilo de relación social baseada no dominio, na forza, na agresividade, na falta de esforzo para conseguilas metas, resulta lóxico que xurdan rebeldes sen causa, xa que, a medida que van crecendo, vanse golpeando contra a vida mesma.

Dende a familia, a escola, as autoridades, a sociedade, débese abordar este asunto con seriedade e responsabilidade. As liñas de actuación deben inspirarse na pedagoxía da tolerancia, a convivencia pacífica e o respecto.

Unha vez traspasada a meridiana que separa as condutas racionais e axustadas á norma do resto, o camiño destes rapaces convertese nunha carreira aloucada que remata cando se atopa co muro que a sociedade colocou para deter estes comportamentos: os corpos e forzas de seguridade. Desgraciadamente, cando isto ocorre, xa temos un delincuente con poucas posibilidades de recuperación.

Ante esta situación a actuación policial debería ser un engrenaxe máis dunha política común de integración destes mozos na sociedade, participando no seguimento das actuacións con menores de idade, sobre todo con aqueles que entrañan unha maior dificultade na actuación policial, xa que a moitos destes menores infractores non se lles pode imputar responsabilidade penal por non superala idade fixada.

Desgraciadamente isto non é así, e a actuación policial cínguese exclusivamente a labor represiva.

José Freire




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



José Freire

Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.