Si que teño manifestado que a Lei ía con moita presa. Se había vontade de modificar a existente, o Goberno Galego tivo tempo dabondo para presentar un texto alternativo para que fose estudiado e debatido nos tempos que marca o Regulamento do Parlamento dun xeito ordinario. O tempo axuda a sosegar os ánimos, que os expertos pensen sobra as cousas importantes, que os grupos Parlamentarios poidan chegar a acordos sen estar motivados polas présas e que, en definitiva, as leis poidan permanecer non sempre, pero si un tempo prudencial. Non se fixo así e por iso, como alguén dixo no mesmo Parlamento Galego no seu día, “pasou o que pasou”.
E que pasou?. Que o Tribunal Constitucional admitiu a trámite un recurso presentado polo Goberno de España no que se formula a posible ilegalidade de dez artigos (refírome á legalidade que marca a Lei Orgánica sobre as Caixas).
E nesas andamos. Con bo criterio comezou unha negociación entre o Goberno de España e o Goberno de Galicia (sucedeu tamén e houbo acordo coa comunidade de Madrid) co fin de garantir a constitucionalidade da Lei Galega. Paréceme o correcto despois de que “pasara o que pasou”. Hai que sentarse e dialogar, cambiar o que haxa que cambiar, froito sen dúbida da présa, e presentar no Parlamento Galego os cambios para que sexan refrendados polo maior número de grupos políticos e Deputados/as. Así de sinxela é a cousa.
Que hai que negociar?. Confío naqueles que están sentados na mesa correspondente. Uns para ver que teñen que reformar artigos que foron admitidos a trámite pola súa posible anticonstitucionalidade e outros para saber que nunha negociación política hai expresións, verbas, comas e puntos que poden substituír auténticos tratados de Dereito Civil e Administrativo.
O que non vale e botarlle a culpa o Goberno de Madrid ou dicir un día“...que se copie a Lei de Andalucía” e outro dicir xusto o contrario. Os cidadáns podemos non saber de Leis pero non somos parvos.
Hai moitos que queremos acordos e non imposicións, por moitos votos que se teñan. Hai moitos que queremos unha boa Lei que posibilite, sen imposicións, unha fusión das Caixas de Aforros Galegas, - xa nos dixo unha auditoría que era posible e economicamente sostible -, e que tamén elas poidan participar dos beneficios que a tal fin pon o Banco de España. Outras cousas son froito de nubes de verán, que como se sabe son pasaxeiras.
José L. Orozco
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Huy, Sr Orozco, non sei como lle vai sentar a sua opinión a Sr Abel Caballero. Eso da fusión das caixas galegas parece ser que non está moi ben visto no seu partido. Teña coidadiño, que por ese camiño non vai facer moitos méritos para recuncar como alcalde de Lugo.
Por suposto, sr. Orozco, por suposto, Pero canda faga algún comentario, contrasteo coa hemeroteca, Porque cando di "En tanta canta manifestación pública que fixen sobre a mesma, nunca falei nin do articulado nin da oportunidade da Lei", comete un erro. O 13 de xaneiro si falou do articulado (4º parrafo do enlace) Progreso do 13.01.10 Progreso do 13.01.10
naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas.
Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el.
No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos.
Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz.
Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política.
Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise.
Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses.
Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida.
Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición.
Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete.
"Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting