Unha nova CRTVG

O pasado martes defendín no parlamento unha moción para reformar a Compañía de Radio Televisión de Galicia e dotar a Galicia cunha nova lexislación para os medios públicos de comunicación.

Por Lage Tuñas | Serra de Outes | 02/03/2010

  • versión para imprimir

A miña proposta (PSdeG) saiu adiante co apoio dos grupos parlamentarios do PP e do BNG despois dun intenso debate e a correspondente negociación para alcanzar o seguinte acordo:

“O Parlamento de Galicia acorda:

1.- A creación dunha Ponencia durante o actual período de sesións no seo da Comisión 1ª (Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior), e previos trámites parlamentarios pertinentes, para o estudo da situación actual dos medios públicos de comunicación de Galicia e a elaboración dunha Proposición de Lei para a modificación do marco legal polo que se rexe na actualidade a CRTVG e as súas sociedades.


2.- Incorporar, na dita Proposición de Lei e como parte dos puntos da reforma do marco legal polo que se rexe na actualidade a CRTVG e as súas sociedades, a elección dun novo director/directora xeral da Compañía por maioría de 2/3 da Cámara lexislativa galega, por un período máximo de cinco anos, non renovable en máis de dous mandatos”.

O Partido Popular propoñía inicialmente unha emenda que supoñía unha mera declaración de intencións que retrasaba ao final da lexislatura a reforma dos medios públicos de comunicación pero finalmente aceptou a proposta que lles fixen dende a tribuna do parlamento consistente en que a creación da ponencia parlamentaria se fixera durante o actual período de sesións, o que fai que na práctica, antes de que remate o mes de xuño, teñan que comezar os traballos da ponencia parlamentaria.

Na miña intervención na sesión plenaria fixen un chamamento para “construír conxuntamente un gran acordo por riba dos intereses partidarios” e deste modo “finalizar co modelo de medios públicos dependentes do goberno de turno e finiquitar a televisión do partido” a través duns órganos directivos “que gocen de independencia e non sexan reféns do partido que ocupa o poder na Xunta de Galicia”.

Entendo que é unha boa contribución á calidade do sistema democrático a “renuncia dos partidos políticos a ter o mando a distancia” da televisión ou radio públicas e avanzar cara un modelo de medios plural e profesional “modificando a cultura política actual no que se refire á relación entre o poder e os medios”.

A reforma da CRTVG terá que levar consigo a mellora das condicións laborais e a estabilidade dos profesionais da CRTVG,  e de igual xeito fixen mención á necesidade de creación do Consello Audiovisual de Galicia xunto a aprobación dunha nova Lei do Audiovisual de Galicia durante o ano 2010.

Manifesteime partidario de introducir limitacións á publicidade porqu penso que temos que ser capaces de construír uns medios públicos con calidade e onde se preserve a misión de servizo público.

Estamos diante dun paso importante na mellora da calidade democráctica do noso sistema institucional, pero só é un primeiro paso que terá que vir acompañado de máis decisións que contribuian a fortalecer a participación cidadá nos asuntos públicos.

Lage Tuñas




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

soziata

e ti que? serías o seu presidente, ou reservaste para máis altas responsabilidades?


3

mouro

Moito ten que cambiar.Melloras en qué? Estou farto da diferencia que existe entre funcionarios e traballadores das produtoras o canles privadas.Os funcionarios teñen dereitos e catorce pagas e os outros¿que teñen? Unha Tvg podese permitir emitir sen publicidade.Que pasara entón co sector privado¿a quen lle importa? E onde están o sector privado.Onde están esas canles de tdt que van xenerar tanto traballo. Que sexan publicas o que ofreceron as empresas para gañalas licencias¿haber que cumpren de todo aquelo? Se lles pode retiralas licencias , si mentiron?????


2

Trifásico

Milloras? curullu. Por certo, tiveron dende o 2005 e NON FIXERON NADA, N-A-D-A, NOTHING, RES... N A D A. Que o do PP é unha cacicada? dacordo, pero insisto, NADA


1

Contratado

Sr.Lage Tuñas, que quere dicir exactamente cando di "A reforma da CRTVG terá que levar consigo a mellora das condicións laborais e a estabilidade dos profesionais da CRTVG"?


Jose Manuel Lage Tuñas

Licenciado en Ciencias Políticas e Administración Pública pola Universidade de Santiago de Compostela. Diplomatura de Estudios Superiores da Defensa Nacional. Facultade de Dereito da USC-CESEDEN. “Experto en Dereito Constitucional Europeo” Cátedra Jean Monet da Facultade de Dereito da USC.
Presidente do Consello da Xuventude de Galicia entre o ano 2002 e o ano 2004.
Portavoz Nacional e Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia entre o ano 1996 e o ano 2002.
Deputado no Parlamento de Galicia dende maio do ano 2004
Na actualidade é viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e coordenador da Área Institucional, Administracción Pública e Comunicación.