Tal e como nos informan os nosos colaboradores do Xornal Certo e segundo informa o blog 'En modo esponja', desde este foro popular recomendase que se vote afirmativamente a duas enquisas que o xornal compostelán fai sobre o goberno de Feijóo. Por unha parte sobre a valoración do seu executivo logo dun ano de goberno e sobre as medidas postas en marcha pola Consellería de Educación para previr os efectos do temporal.
O remitente desta mensaxe grupal insta aos militantes populares a "darle un empujoncito a esta dos encuestas" porque "según me he podido enterar el PSOE está poniendo a andar toda su maquinaria y tiene órdenes de votar en contra". A pesar do envío deste aviso, Feijóo e o seu goberno seguen por detrás nestas dúas enquisas.
Este tipo de accións son moi comúns entre os militantes das grandes formacións políticas nas redes sociais que se están a converter nos últimos tempos nun importante sistema de mobilización do electorado. Así aconteceu, ademais, durante a pasada campaña electoral para o congreso do PP de Ourense, onde o novo presidente, Xosé Manuel Baltar, chegou a sumar máis de 800 siareiros nun foro creado en facebook para apoiar a súa candidatura.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
non será a primeira vez que me chega unha convocatoria ó mail, para facer o mesmo en enquisas do psoe, e todo porque o outro día por xogar, "firmei" nun grupo de apoio a Zp no facebook. aquí dame a min, que no das enquisas online, todo o mundo sabe latin.
A tele do PP xa non é a TVG, nin Popular TV, é a do Correo. Mirade que alborozo, como se lle tocara un canciño piloto, á redactora que aproveitou para ir a Roma de paseo: http://www.youtube.com/watch?v=Xuq4...
Mensaxe remitida desde "Amigos foro do Partido Popular" en Facebook/ anaaldea.es
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting