Noia, marxinada como "porto xacobeo"

A vila de Noia, coñecida como o 'porto de Santiago', foi marxinada do programa 'portos xacobeos', un programa que pretende dar a coñecer os portos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Noia | 04/03/2010

  • versión para imprimir

Polo noso xornal colaborador Certo

As consellerías do Mar e de Cultura e Turismo acaban de presentar o programa de actividades denominado Portos Xacobeos, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010. "Temos que ir da man nun momento no que todos formamos parte dun proxecto común que nos envolve e no que debemos estar implicados todos os galegos: o Xacobeo”, suliñaron os conselleiros do ramo.

O obxectivo deste programa é o de achegar os portos do Camiño aos cidadáns. A través de máis de 60 actividades, preténdese fundamentalmente dar a coñecer os nosos portos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago, programando unha serie de actos nos que se pode participar ou aos que se pode asistir como espectador. Ao mesmo tempo poténcianse as instalacións portuarias dándolle un uso que integra a actividade económica, o uso social e cultural dos portos de xeito harmónico. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Queda excluído o de Noia. Aínda que o outro día Portos de Galicia fixo unha defensa do porto de Noia por se desaparecía coa eliminación da escollera, semella que se esqueceu do pasado deste porto histórico en relación coas peregrinaciónse e non aparece o porto de Compostela (mesmo hai unha publicación de Xosé Agrelo na editorial noiesa Toxosoutos que se titula así) como porto xacobeo neste Ano Santo.

A vinculación de Noia e o seu porto co Camiño de Santiago vén de moi lonxe. Cómpre lembrar que a actual Noia (no sitio onde está) foi fundada en 1168 e que o descubrimento do tombo do Apóstol Santiago en Compostela fíxoo un tal Paio en 813, polo que a vila noiesa colleu xusto os primeiros séculos de fama do Camiño Xacobeo.


Sartego do bispo Teodomiro I en Santiago
 
Hai restos arqueolóxicos que dan testemuño. Aínda que non podemos ver xa o antigo hospital de peregrinos, que un alcalde tirou na súa ignorancia por se lle caía enriba a alguén, si se pode contemplar a lauda do Peregrino, da que teñen cumprida información aquí. Que Noia se incluíse neste programa de Portos Xacobeos sería fantástico para que máis xente -e algún político- redescubrise o conxunto de laudas gremiais máis importante de Europa, en Santa María a Nova.

Noia foi sitio de paso -e segue a ser- de peregrinos polo Camiño Francés no seu roteiro ata Finisterre. Os camiñantes ían hacia a parroquia de San Orente de Entines, na Serra de Outes e logo desviávanse pola liña da costa e aproveitaban os restos que aínda quedan da calzada romana Per Loca Marítima por esta zona. Curiosamente, en Outes hai un lugar chamado Labacolla (lembren que o aeroporto de Santiago leva este nome por ser o lugar onde tradicionalmente os peregrinos se lavaban os testículos antes de chegar a Santiago).

Tamén hai historiadores que relacionan o porto de Noia co desembarco nel de guerreiros hacia as Cruzadas en Terra Santa. Álvaro de las Casas chega a asegurar nos seus escritos que a Noia chegaban por mar peregrinos de toda Europa "en romería jacobea". Disque sobre 1147 unha armada saída de Darmouth con soldados de Alemania, Inglaterra, Aquitania e Flandes que ían á cruzada predicada por San Bernardo, correu risco de naufraxio por un temporal e tivo que irse a refuxiar a Noia, onde se xuntaros e repararon nada menos que 200 barcos.

Programa

Portos de Galicia levará a cabo este programa nas instalacións portuarias distinguidas como portos Xacobeos. Trátase de portos que pola súa situación dentro dos diversos Camiños de Santiago están relacionados por ser punto de referencia para os peregrinos. Cada porto será identificado cun monolito e con cartelería específica co lema dos portos xacobeos: “Hai camiño polo mar”. Ademais, toda a información, programación e actos figurarán na páxina web www.portosxacobeos.com.

En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Conferencias, exposicións e concertos

Dentro desta oferta cultural inclúense quince conferencias de prestixiosos coñecedores e estudosos dos diferentes Camiños, os que falarán desde unha perspectiva histórica sobre as rutas xacobeas. Nomes como os de Celestino Lores, presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués, ou José de la Riera, presidente da Federación Galega Amigos dos Camiños, entre outros, amosarán as súas experiencias e coñecementos.

Haberá exposicións que serán itinerantes e estarán dedicadas en cada porto á vinculación específica da instalación co Camiño correspondente. Outras tantas exposicións estarán unha semana en cada lugar nunha vistosa e orixinal forma de presentación abordo do Hidria II, un barco de vapor reconstruído en museo “itinerante”.

No apartado musical, o programa tamén inclúe 15 concertos de música de cámara relacionada co Camiño. Incorporan música antiga, barroca, clasicista e século XX, con grupos de diversas especialidades que amosarían a heteroxeneidade da cultura galega. O feito de utilizar diversas especialidades camerísticas, amosa un repertorio no que se conxugan distintos rexistros culturais que inclúen músicas propias e tradicionais xa ben sexa en arranxo feito para a ocasión como propiamente obra orixinal.

As explanadas portuarias serán o lugar elixido para a realización dos 14 concertos de pop e rock. Concertos que terán unha duración de tres horas con dúas bandas. Un tributo musical á música dos anos 60 e 70 e tamén pop/rock de plena actualidade, será tamén a oferta musical para todos os públicos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
6

Xesús Gómez

O lío agora está coa escollera. Parece que as municipais están cerca e agora, para que non se apunten tantos os socialistas, os do PP local e Portos, veña a liala. A ría reborda merda, pero o caso é que ao rival político non lle deixen anotarse nada. A violencia non é boa para nada, pero a algún había que abanearlle o coche como cando foi do Prestige. Doutro xeito, están todos os días a mexar por nós, e por enriba cos nosos cartos, estes jetas.


5

paco martinez (soria)

home, paco, igual no tema de encher o bandullo non se poden facer moitas distincións entre todos os partidos, ou queres dicir que aos do BNG non lle vai o tema?


4

Paco Martínez

Non me estrana que non queiran facer nada nese porto... terían que controlar as mareas para que non se vise o lixo! Pero vós vistes a escollera que teñen alí, e como está todo cheo de lama e basura cando baixa a marea? Eso si, agora polo menos chégase rápido desde Santiago, e a ver se rematan o resto da autovía cativenta esa que só deixan ir a 100. O que deberan montar no lugar de tanto xacobeo, é unha festa do berberecho ao dereito, que eso en Noia si que presta... E tanto a peperos como a sociatas, o de encher o bandullo vailles ben


3

Antonio González Rey

Esto ya es lo de menos, ya estamos acostumbrándonos (el año pasado sacaron la subvención al ciclo de cine y casi nos dejan sin él, y ahora dicen que ni siquiera vamos a tener feria del libro). Lo importante ahora es la limpieza de la ría, que también quieren dejarnos sin ella y se están tirando los trastos las diferentes administraciones. A lo mejor no escogieron Noya como puerto para que no se vea en marea baja que está llena de basura. Piensa mal y... serás político o periodista


2

Arturo Losada

Mimá, peregrinos en Ribeira! Debían vir por barco dende o Jran Sol... Na miña vida, e mira que teño anos, vin un peregrino pasar por Ribeira. Ir a camiñar a Santiago os daquí, pois como en todos lados, pero reas de peregrinos: esta xente bebe!


1

Pedro

¿E alguén sabe qué empresa ou empresas montan este tinglado? ¿Houbo concurso ou algo?


Porto de Noia/ blog.fitipalid.com