"O que está claro é que o PSOE non ten vontade de resolver isto e así non se pode facer nada", apuntan fontes do Executivo galego que acusan directamente a José Blanco de torpedear a fusión das caixas. "E logo está Pachi Vázquez que é unha comparsa e fai o que lle di pepiño e o alcalde de Vigo", ironizan sobre a actuación que o máximo líder do PSdeG está tendo neste asunto.
Por iso, consideran que Vázquez "non é un interlocutor válido" e queren falar directamente con Blanco, ainda que critican que o ministro de Fomento está evitando en todo momento un contacto con membros da Xunta. Por iso, hoxe Feijóo foi claro e acusou tanto a Pachi Vázquez como a Blanco de ir en contra dos intereses dos galegos. "Lamento que algún responsable do Goberno de España non teña tempo para negociar con Galicia, en días laborables, e si teña tempo as fins de semana, a través dos mítines, para intentar diminuír as capacidades financeiras que ten a nosa comunidade”, dixo de Blanco. Máis duro foi con Vázquez, "como galego lamento profundamente que dirixentes políticos de Galicia acudan a Madrid para boicotear a Galicia, para ver cómo prexudican mellor a Galicia”.
A culpa non é de Feijóo
Logo do Consello da Xunta, Feijóo insistiu en que seguirá traballando con "todas as armas legais" para que se aprobe a Lei de Caixas. Sen embargo, no seu entorno comezan a tirar a toalla e aseguran que hai unha intención clara do Goberno de Zapatero e, principalmente, de José Blanco de que fracase a fusión. Por iso, comezan a preparar o terreno e apuntan que as culpas e as responsabilidades hai que buscalas en Madrid. O propio presidente galego asegura que, se fracasa a fusión, el non é o responsable.
O PP de Madrid, en contra
Tampouco xoga a favor de Feijóo a posición do PP de Madrid que é partidario das fusións interrexionais e se amosa reticente coas integracións de caixas dunha mesma comunidade. De feito, o presidente galego botou hoxe balóns fora e asegurou que a súa postura é a mesma que mantén o PP de Madrid. Unha opinión que tamén tentou trasladar Dolores de Cospedal. Con todo, desde Génova xa alertaron á Xunta que hai que "unificar" mensaxes e "non insistir" na idea de crear "unha gran caixa galega". "Son mensaxes que en Madrid levan a confusión xa que din que levan un tufillo nacionalista e antiliberal".
Moitas son as complicacións que se lle están acumulando ao presidente galego xusto cando cumpre un ano da súa victoria electoral. Polo momento, as dúas grandes bazas políticas deste primeiro ano de goberno están resultando un verdadeiro problema; a fusión das caixas galegas e o novo decreto do galego no ensino.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Os que queren prolongar a xubilación ata os 67 anos son: os bankeiros, os políticos, os altos cargos das administracións, moitos funcionarios, os burokratas e todos os Korruptos.
Feijoo e un falso, cada día o demostra un pouco máis. Esperemos que en isto tamén. O seu plan e fusionar para logo regalar todo o paquete a Caja Madrid, por iso non hai contradicción co PP nacional. Afortunadamente, en isto estase revelando como incapaz.
Feijoo estampouse na idea de que a fusión das caixas era un paseo militar. Pensou o Goberno eran uns pardillos como coitado de Guillerme Vázquez e caeu na súa propia trampa por chuloe incapaz. Tendo tema paralizado en Madrid e Génova decindolle que deixe facer o ridículo so lle queda pifiar na xubilación forzosa de Gayoso. E vai pifiar porque caixanova ten collido polos mismisimos a un destacado alcalde pepero para máis señas de Lalín.
hehe frijol "nacionlista e antiliberal" din-lle no madriles, esmagar nosa lingua non e suficiente agora ten que dar noso aforro. O presidentiño negociara co pepiño(agora Don José), como vende-lo e voltara a ser "um español ejemplar", como buen "gallego" que é P.D. Há que ser "sinverguenza" e caradura para que os ppeppero pesebreiros de madrid tachen a alguén, quem for, de nacionalista e antiliberal, manda troula os gurteleros , "como se las gastan"
Moi ben, xa está conseguido o obxectivo. Non haberá fusión, nunca Feijoo quixo tal cousa (nin o PSOE). Agora xa ten o que quería, quedaremos sen caixas e el poderá dicir que non foi cousa súa, que foi culpa de ZP.
Rolda de prensa de Feijóo/ Xunta.es
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting